Gregg Toland
Gregg Wesley Toland, nado en Charleston, Illinois, o 29 de maio de 1904 e finado nos Ánxeles o 28 de setembro de 1948, foi un director de fotografía estadounidense, coñecido polo seu uso innovador da iluminación e técnicas como a profundidade de campo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1904 Charleston, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 28 de setembro de 1948 (44 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Causa da morte | trombose coronariana (pt) |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de fotografía, director de cinema |
Período de actividade | 1926 - 1948 |
Premios | |
| |
|
En 2003 International Cinematographers Guild votou a Toland como un dos dez directores de fotografía máis influentes da historia xunto con James Wong Howe, Gordon Willis, Sven Nykvist, Vittorio Storaro e Vilmos Zsigmond.[1][2]
Traxectoria
editarToland naceu en Charleston, Illinois, fillo de Jennie, unha ama de chaves, e Frank Toland. A súa nai mudouse a California varios anos despois de que os seus pais se divorciasen en 1910.
Toland demostrou por primeira vez o seu estilo de clarescuro con luz lateral na curtametraxe The Life and Death of 9413: a Hollywood Extra (1928), en que unha das dúas bombillas de 400 W que tiñan dispoñibles se queimou, deixando só unha bombilla para iluminar.
Durante a década de 1930, Toland converteuse no camarógrafo máis novo de Hollywood, mais axiña tamén pasou a ser un dos máis solicitados. Durante un período de sete anos (1936–1942), foi candidato en cinco ocasións ao Óscar á mellor fotografía, gañándoo por Wuthering Heights. Traballou con moitos dos grandes directores da época, incluídos John Ford, Howard Hawks, Erich von Stroheim, King Vidor, Orson Welles e William Wyler.
Dous dos seus traballados máis destacados foron The Long Voyage Home e Cidadán Kane. En ambos os filmes, os directores John Ford e Orson Welles acreditaron a Toland en pantalla ao mesmo tempo e no mesmo tamaño que a súa acreditación como directores, un tributo pouco habitual.
Cando Franklin Delano Roosevelt creou a Office of the Coordinator of Information (predecesora da Office of Strategic Services e da Central Intelligence Agency) antes da entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, Toland foi recrutado para traballar na unidade cinematográfica da axencia.[3] Toland foi nomeado tenente no departamento de cámara da mariña, para o que realizou o seu único traballo como director, December 7th: The Movie (1943); este documental sobre o ataque a Pearl Harbor codirixido por John Ford é tan realista que foi tomado por imaxes reais do ataque. A versión de 20 minutos do filme (orixinalmente, de 82 minutos) gañou o Óscar á mellor curtametraxe documental.[4]
Toland faleceu mentres durmía o 28 de setembro de 1948, por mor dunha trombose coronaria aos 44 anos. Está enterrado no Hollywood Forever Cemetery de Hollywood, California.[5][6]
Filmografía
editarPremios e candidaturas
editarAno | Categoría | Filme | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|
1935 | Mellor fotografía | Les Misérables | Nomeado | [7] |
1937 | Mellor fotografía | Dead End | Nomeado | |
1939 | Mellor fotografía en branco e negro | Wuthering Heights | Gañador | |
Intermezzo: A Love Story | Nomeado | |||
1940 | The Long Voyage Home | Nomeado | ||
1941 | Cidadán Kane | Nomeado | ||
1943 | Mellor curtametraxe documental | December 7th: The Movie | Gañador | [4] |
Notas
editar- ↑ "Top 10 Most Influential Cinematographers Voted on by Camera Guild" (Nota de prensa). Os Ánxeles: Yahoo Finance. PRNewswire. 16 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2003. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
- ↑ "ICG Announces Top 10 Influential Cinematographers". Creative Planet Network (en inglés). 2014-06-09. Arquivado dende o orixinal o 2017-09-07. Consultado o 2017-12-21.
- ↑ P. 111 in Persico, Joseph E. 2001. Roosevelt's Secret War: FDR and World War II Espionage. Nova York: Random House. 536 pp.
- ↑ 4,0 4,1 "New York Times: December 7th". Movies & TV Dept. The New York Times. Baseline & All Movie Guide. 2011. Arquivado dende o orixinal o 2011-05-20. Consultado o 2008-05-26.
- ↑ "Gregg Toland" (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2020.
- ↑ "Gregg Toland (1904 - 1948) - Find A Grave Memorial". www.findagrave.com. Consultado o 2016-02-27.
- ↑ "Gregg Toland - Awards". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Internet Encyclopedia of Cinematographers Arquivado 04 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- The Motion Picture Cameraman article written by Toland