11ª edición dos Óscar
A 11.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 23 de febreiro de 1939 no Biltmore Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos).[1] Nesta edición non houbo mestre de cerimonias.
Nesta cerimonia prohibiuse a cobertura pola radio. O reporteiro George Fischer de Mutual Radio Network, KHJ, dos Ánxeles, que estivera a informar dos premios dende 1930, encerrouse nunha cabina e puido retransmitir doce minutos antes de que os gardas de seguridade rompesen a porta. A emisión parcial pola radio volveu permitirse de novo na cerimonia de 1942.[2]
Por primeira vez foi candidato ao Óscar ao mellor filme unha obra en lingua estranxeira, La Grande Illusion, de Jean Renoir.
Premios
editarOs gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.
Oscar Honorífico
editar- J. Arthur Ball, "polas súas importantes contribucións ao avance da cor na fotografía cinematográfica".
- Walt Disney "por crear Snow White and the Seven Dwarfs, recoñecida como unha significativa innovación na pantalla que encantou a millóns e foi pioneira dun grande e novo campo de entretemento no cinema de animación".
- Gordon Jennings, Jan Domela, Dev Jennings, Irmin Roberts, Art Smith, Farciot Edouart, Loyal Griggs, Loren Ryder, Harry D. Mills, Louis H. Mesenkop e Walter Oberst "polos importantes logros na creación de efectos fotográficos e de son de Spawn of the North".
- Oliver Marsh e Allen Davey "pola fotografía en cor de Sweethearts".
- Harry M. Warner "en recoñecemento do servizo patriótico na produción de curtametraxes históricas que presentan episodios significativos das primeiras loitas do pobo americano pola liberdade".
Irving G. Thalberg Memorial Award
editarOscar xuvenil
editar- Deanna Durbin e Mickey Rooney, "polas súas significativas contribucións ao levar á pantalla o espírito e a personificación da mocidade, e como intérpretes xuvenís que esteblecen un estándar alto de habilidade".
Predecesor: 10ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 11ª edición dos Óscar |
Sucesor: 12ª edición dos Óscar |
- ↑ "The 11th Academy Awards (1939) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-10.
- ↑ Dunning, John (1998). On the Air: The Encyclopedia of Old-Time Radio (Revised ed.). Nova York: Oxford University Press. pp. 4–5. ISBN 978-0-19-507678-3. Consultado o 2019-09-10.