Mickey Rooney

actor estadounidense

Mickey Rooney, nado Joseph Yule, Jr. en Nova York o 23 de setembro de 1920 e finado no barrio de Studio City dos Ánxeles o 6 de abril de 2014, foi un actor estadounidense.

Mickey Rooney
Nome completoNinian Joseph Yule, Jr.
Nacemento23 de setembro de 1920 e 1920
LugarBrooklyn
Falecemento6 de abril de 2014 e 2014
LugarStudio City
Causadoenza
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enFairfax High School, Hollywood High School, Hollywood Professional School e Morningside High School
PaiJoe Yule
NaiNellie W. Carter
Cónxuxe(s)Ava Gardner, B. J. Baker, Martha Vickers, Elaine Devry, Carolyn Mitchell, Marge Lane, Carolyn Hockett e Jan Rooney
FillosMichael Rooney, Tim Rooney, Mickey Rooney Jr., Kyle Rooney, Kimmy Rooney, Kerry Rooney, Jimmy Rooney, Jonelle Rooney e Teddy Rooney
Profesióncantante, novelista, Actor de dobraxe, escritor, humorista, militar, director de cinema, locutor de radio, produtor de televisión, produtor de cinema, actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor, actor de dobraxe e guionista
Na rede
http://mickeyrooney.com
IMDB: nm0001682 Allocine: 2392 Rottentomatoes: celebrity/mickey_rooney Allmovie: p108826 TCM: 164893 TV.com: people/mickey-rooney IBDB: 58310
Spotify: 3xL6MN3ARaJ5WI1Ltt4Tkz Musicbrainz: d4087c75-0bed-4882-8c16-50d9fcdc19e1 Songkick: 408251 Discogs: 444103 Allmusic: mn0000472779 WikiTree: Yule-124 Find a Grave: 127560008 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Rooney en 2013.

Traxectoria editar

Fillo dos actores de vodevil Joe Yule e Nellie W. Carter, comezou a súa carreira en 1922 con 17 meses como parte do espectáculo de seus pais ata que se separaron en 1924, quedando Mickey con súa nai que marchou a vivir a Hollywood. A partir de 1927 realizou o papel de Mickey McGuire, baseado na banda deseñada de Fontaine Fox, nunha longa serie de curtas que remataron en 1936.

Ao ano seguinte seleccionouse a Rooney para realizar o papel de Andy Hardy en A Family Affair e fixo o seu primeiro protagonista nunha longametraxe, en Thoroughbreds Don't Cry xunto a Judy Garland. En Boys Town con Spencer Tracy interpretou o seu primeiro papel dramático. Outros filmes de grande éxito foron Babes in Arms (1939), Strike Up the Band (1940) e Babes on Broadway (1941).

Durante a segunda guerra mundial serviu no exército entretendo as tropas en Europa e América e como personalidade da radio da American Forces Network. Despois da guerra volveu á súa carreira como actor pero con menos éxito. The Mickey Rooney Show (1954-1955) foi a primeira serie que realizou para a televisión. Na década de 1960 actuou sobre todo no teatro, aínda que seguiu a actuar en filmes, como en Breakfast at Tiffany's (1961) e na televisón, coa súa propia serie Mickey (1964-1965). Desde entón seguiu a alternar o seu traballo en cine, televisión e teatro.

Véxase tamén editar