Basil Rathbone

actor británico (1892-1967)

Philip St. John Basil Rathbone, nado en Xohanesburgo o 13 de xuño de 1892 e finado en Nova York o 21 de xullo de 1967, foi un actor británico que se fixo famoso polas súas interpretacións de Sherlock Holmes e de elegantes viláns en filmes de espadachíns como The Mark of Zorro (1940) e As aventuras de Robin Hood (1938).

Infotaula de personaBasil Rathbone

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Philip St. John Basil Rathbone Editar o valor em Wikidata
13 de xuño de 1892 Editar o valor em Wikidata
Xohanesburgo (Imperio Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 1967 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFerncliff Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido (1927–)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Editar o valor em Wikidata
EducaciónRepton School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura186 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de xénero , actor de televisión , actor de cinema , actor de teatro , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1921 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoComedia shakespeariana, filme de acción e Cinema de terror Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Rango militarcapitán Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOuida Bergère (1926–1967)
ParentesFrank Benson (pt) Traducir (curmán) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001651 Allocine: 5667 Rottentomatoes: celebrity/basil_rathbone_4 Allmovie: p58888 TCM: 158196 IBDB: 4443
Musicbrainz: 391b0011-17b5-446c-b24c-028914cfade3 Songkick: 397814 Discogs: 431752 WikiTree: Rathbone-296 Find a Grave: 855 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Basil Rathbone naceu en Suráfrica[1] de pais ingleses, Edgar Philip Rathbone e Anna Barbara. Tivo unha irmá e un irmán, Beatrice e John. A familia marchou a Inglaterra cando Basil tiña tres anos de idade, por mor da acusación dos bóers contra o seu pai de espiar a favor dos británicos nos inicios da Segunda Guerra Bóer.

Rathbone educouse na Repton School. En 1916 alistouse para servir durante a primeira guerra mundial no London Scottish Regiment[2] como soldado e máis tarde como tenente no Liverpool Scottish. No London Scottish, serviu xunto aos actores Claude Rains, Herbert Marshall e Ronald Colman. En setembro de 1918 recibiu a Military Cros. John, o irmán máis novo de Rathbone morreu en acto de servizo o 4 de xuño de 1918.[3]

Carreira editar

Actuou por primeira vez no teatro no Theatre Royal de Ipswich, o 22 de abril de 1911, co papel de Hortensio na obra Taming of the Shrew, coa compañía teatral de Sir Frank Benson e baixo a dirección de Henry Herbert. En outubro de 1912 viaxou aos Estados Unidos coa mesma compañía, actuando como Paris en Romeo e Xulieta, Fenton en As alegres casadas, Ao voso gusto etc. De volta a Inglaterra apareceu en Londres no Teatro Savoy o 9 de xullo de 1914, no papel de Finch en The Sin of David. En decembro dese ano apareceu no teatro Shaftesbury interpretando o Delfín en Henrique V de Shakespeare. Durante 1915 viaxou con Benson e apareceu con el no teatro Court de Londres en decembro, no papel de Lisandro en Soño dunha noite de San Xoán.

Durante o festival de verán de 1919 traballou en Stratford-upon-Avon coa New Shakespeare Company interpretando a Romeo, Cassius, Ferdinando en A tempestade, Florizel en Conto de inverno; en outubro estaba no Queen's Theatre de Londres facendo o papel de Aide-de-Camp en Napoleon, e en febreiro de 1920 traballou no Teatro Savoy no papel principal de Peter Ibbetson cun grande éxito.

Durante os anos vinte, Rathbone interpretou con regularidade obras de William Shakespeare así como outros papeis do teatro inglés. Comezou a viaxar e apareceu no Cort Theatre de Nova York en outubro de 1923, e viaxou polos Estados Unidos en 1925 debutando en San Francisco en maio e no Lyceum Theatre de Nova York en outubro. Volveu aos Estados Unidos novamente en 1927, 1930 e 1931, cando apareceu en escena xunto a Ethel Barrymore. Continuou a súa carreira teatral en Inglaterra, volvendo a América en 1934, onde traballou xunto a Katharine Cornell en varias obras.

Iniciou a súa carreira cinematográfica en 1925 en The Masked Bride, apareceu nuns poucos títulos do cinema mudo e foi o detective Philo Vance no filme de 1929 The Bishop Murder Case. Rathbone fíxose famoso interpretando elegantes viláns en dramas costumistas e filmes de espadachíns dos anos trinta, incluíndo David Copperfield (1935), Anna Karenina (1935), The Last Days of Pompeii (1935), Capitán Blood (1935), Historia de dúas cidades (1935), As aventuras de Robin Hood (1938) Tower of London (1939), e The Mark of Zorro (1940). En Son of Frankenstein, terceiro filme da serie de Frankenstein de Universal Studios e última protagonizada por Boris Karloff, Rathbone interpretaba o fillo do Dr. Frankenstein, o Dr. Wolf Frankenstein.

Foi admirado polo seu dominio da espada nos seus fillos (recoñecía que a esgrima era un dos seus pasatempos favoritos), particularmente no duelo da praia en Capitán Blood e como Sir Guy de Gisbourne na longa escena de loita de As aventuras de Robin Hood. Outras notables loitas a espadas aparecen en Tower of London, The Mark of Zorro e The Court Jester (1956). A pesar da súa destreza na vida real, Rathbone só gañou unha pelexa a espadas no cine, en Romeo and Juliet (1936). Rathbone recibiu candidaturas aos Óscar como actor secundario polos seus papeis como Teobaldo en Romeo and Juliet (1936), e como o rei Lois XI en If I Were King (1938).

A pesar dos seus éxitos cinematográficos, Rathbone insistiu en que desexaba ser lembrado pola súa carreira teatral e estimaba como o seu papel favorito o de Romeo.

Os anos de Sherlock Holmes editar

Rathbone é amplamente lembrado pola súa interpretación como Sherlock Holmes en catorce filmes rodados entre 1939 e 1946, todas xunto a Nigel Bruce como Doutor Watson. Os dous primeiros títulos, The Hound of the Baskervilles e The Adventures of Sherlock Holmes (ambos de 1939) estaban situados na mesma época das historias orixinais. Ambos foron realizados por 20th Century Fox. Os episodios posteriores, feitos nos Universal Studios, comezando con Sherlock Holmes and the Voice of Terror (1942), foron situados en época contemporánea, e algúns deles tiveron intrigas relacionadas coa segunda guerra mundial. Rathbone e Bruce tamén interpretaron os seus papeis nunha serie radiofónica, The New Adventures of Sherlock Holmes (1939-1946). As múltiples secuelas tiveron o efecto de encadrar a Rathbone, que foi incapaz de quitarse definitivamente a influencia da personaxe.

A pesar da baixa calidade dalgúns dos últimos filmes de Holmes, Rathbone capturou a esencia da personaxe de sir Arthur Conan Doyle tan convincentemente, que foi o definitivo Sherlock Holmes da súa época e, para algúns, continúa a selo. Verdadeiramente, Rathbone tiña un rechamante parecido coa concepción da personaxe que Sidney Paget plasmou nas súas ilustracións para as historias de Holmes publicadas en The Strand Magazine.

Últimos anos editar

Na década de 1950, Rathbone sobresaíu en dúas parodias dos seus primeiros viláns espadachines, Casanova's Big Night (1954), xunto a Bob Hope e The Court Jester (1956), con Danny Kaye. Apareceu frecuentemente en programas de televisión e tivo un importante papel no drama político de John Ford The Last Hurrah (1958).

Rathbone tamén actuou en Broadway, en diversas obras de teatro. En 1948, gañou un premio Tony ao mellor actor polo seu papel como o inflexible Dr. Austin Sloper na obra The Heiress, na cal tamén traballaba Wendy Hiller como a súa filla tímida e solteira. O papel do Dr. Sloper foi posteriormente representado por Ralph Richardson na versión cinematográfica de 1949. Tamén foi eloxiado pola súa actuación en J.B., de Archibald Macleish, unha actualización da figura bíblica de Xob.

Durante as décadas de 1950 e 1960, continuou a aparecer en varios programas de televisión. Desafortunadamente, para pagar débedas, tivo que traballar en filmes de baixa calidade, tales como The Black Sleep (1956), Queen of Blood (1966), Ghost in the Invisible Bikini (1966), Hillbillies in a Haunted House (1967, xunto a Lon Chaney Jr.) e a súa última aparición no cinema, un filme mexicano de terror titulado Autopsia de un fantasma (1968). Mentres tanto, o seu retrato de Sherlock Holmes convertíase nunha icona para as novas xeracións grazas á frecuente repetición dos seus antigos filmes na televisión.

Tamén foi coñecido polas súas lecturas das narracións e poemas de Edgar Allan Poe, que se recolleron xunto a lecturas realizadas por Vincent Price. Price e Rathbone apareceron, xunto con Boris Karloff, en Tower of London (1939) e The Comedy of Terrors (1964). Rathbone e Price tamén coincidiron no último segmento do filme de Roger Corman de 1962 Tales of Terror.

Basil Rathbone ten tres estrelas no Paseo da Fama de Hollywood. Unha está dedicada á súa carreira cinematográfica, en 6549 Hollywood Boulevard; outra pola súa dedicación á radio en 6300 Hollywood Boulevard; e unha última polo seu traballo televisivo en 6915 Hollywood Boulevard.

Basil Rathbone faleceu repentinamente por un ataque cardíaco en Nova York en 1967, aos 75 anos de idade. O seu corpo foi enterrado nunha cripta no Shrine of Memories Mausoleum do Cemiterio Ferncliff en Hartsdale, Nova York.[4]

Vida persoal editar

Rathbone casou en 1914 coa actriz Ethel Marion Foreman, da que se divorciou en 1926. Durante o seu primeiro matrimonio mantivo unha breve relación coa actriz Eva Le Gallienne. Casou por segunda vez en 1927 coa escritora Ouida Bergère.

Tivo un fillo coa súa primeira esposa, Rodion Rathbone (1915-1996), que mantivo unha breve carreira en Hollywood co nome de John Rodion. Basil e a súa segunda esposa adoptaron unha filla, Cynthia Rathbone (1939-1969). Do mesmo xeito que Charlie Chaplin e a diferenza dalgúns dos actores británicos contemporáneos en Hollywood e Broadway, Rathbone nunca renunciou á súa cidadanía británica.

Notas editar

  1. "South Africa, Church of the Province of South Africa, Parish Registers, 1801-2004," database with images, FamilySearch (https://familysearch.org/ark:/61903/1:1:QVSH-SB15 : 16 de agosto de 2019), Philip St John Basil Rathbone, 26 Mar 1894; citing Baptism, Transvaal, South Africa, p. , William Cullen Library, Wits University, Johannesburg.
  2. London Scottish Regiment
  3. "Famous 1914-18," Richard Van Emden, 2010, p. 132
  4. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 38744-38745). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar