Claude Rains
William Claude Rains, nado en Londres o 10 de novembro de 1889 e finado en Laconia (Nova Hampshire) o 30 de maio de 1967 foi un actor inglés nacionalizado estadounidense en 1939.
(1942) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1889 Clapham (Reino Unido) |
Morte | 30 de maio de 1967 (77 anos) Laconia, Estados Unidos de América (en) |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art |
Altura | 169 cm |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino Unido |
Ocupación | actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor de xénero, actor |
Período de actividade | 1920 - 1966 |
Empregador | Royal Academy of Dramatic Art |
Xénero artístico | Cinema de terror e cinema dramático |
Alumnos | John Gielgud |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Rosemary Clark Schrode (1960–1964), morte do cónxuxe Agi Jambor (1959–1960), divorcio Frances Propper (1935–1956), divorcio Beatrix Thomson (1924–1935), divorcio Marie Hemingway (1920–1920), divorcio Isabel Jeans (1913–1915), divorcio |
Pai | Fred Rains |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarNaceu en Londres, fillo do actor Frederick William Rains, debutando no teatro aos once anos, na obra Nell of Old Drury. Participou na primeira guerra mundial, onde se viu envolto nun ataque de gas, que o deixou case cego dun ollo para o resto da súa vida.
Logo de triunfar en Londres marchou a Broadway a finais da década de 1920. Chegou ao cinema relativamente tarde, conseguindo o seu primeiro éxito co protagonista de O home invisible, de James Whale. En 1945 converteuse no primeiro actor en recibir un salario dun millón de dólares polo seu papel de Xulio César no filme británico Caesar and Cleopatra, baseado nunha obra de George Bernard Shaw e que finalmente foi un fracaso.
Seguiu sendo un actor popular polos seus papeis secundarios nas décadas de 1950 e 1960. Os seus últimos anos pasounos en Nova Hampshire, onde finou en 1967.
Filmografía
editarAno | Filme |
---|---|
1920 | Build Thy House |
1933 | O home invisible |
1934 | The Clairvoyant |
1934 | Crime Without Passion |
1934 | The Man Who Reclaimed His Head |
1935 | The Last Outpost |
1935 | The Mystery of Edwin Drood |
1936 | Hearts Divided |
1936 | Anthony Adverse |
1937 | Stolen Holiday |
1937 | The Prince and the Pauper |
1937 | They Won't Forget |
1938 | White Banners |
1938 | Gold is Where You Find It |
1938 | As aventuras de Robin Hood |
1938 | Four Daughters |
1939 | Fixéronme un criminal |
1939 | Juarez |
1939 | Sons of Liberty |
1939 | Daughters Courageous |
1939 | Mr. Smith Goes to Washington |
1939 | Four Wives |
1940 | Saturday's Children |
1940 | The Sea Hawk |
1940 | Lady with Red Hair |
1941 | Four Mothers |
1941 | Here Comes Mr. Jordan |
1941 | The Wolf Man |
1942 | Kings Row |
1942 | Moontide |
1942 | Now, Voyager |
1942 | Casablanca |
1943 | Forever and a Day |
1943 | Phantom of the Opera |
1944 | Passage to Marseille |
1944 | Mr. Skeffington |
1945 | Strange Holiday |
1945 | This Love of Ours |
1945 | Caesar and Cleopatra |
1946 | Notorious |
1946 | Angel on My Shoulder |
1946 | Deception |
1947 | The Unsuspected |
1949 | The Passionate Friends |
1949 | Rope of Sand |
1949 | Song of Surrender |
1950 | The White Tower |
1950 | Where Danger Lives |
1951 | Sealed Cargo |
1953 | The Man Who Watched the Trains Go By |
1956 | Lisbon |
1957 | The Pied Piper of Hamelin |
1959 | This Earth Is Mine |
1960 | The Lost World |
1961 | Battle of the Worlds |
1962 | Lawrence de Arabia |
1963 | Twilight of Honor |
1965 | The Greatest Story Ever Told |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claude Rains |
Bibliografía
editar- Harmetz, Aljean (1992). Hyperion, ed. Round Up the Usual Suspects: The Making of "Casablanca. Nova York..
- Skal, David J.; Rains, Jessica (2008). University Press of Kentucky, ed. Claude Rains: An Actor's Voice.
- Rothwell-Smith, Paul (2011). Silent Films! the Performers. ISBN 9781907540325.
Ligazóns externas
editar- Claude Rains na IMDb (en inglés).
- Lista de actuacións