Abrir o menú principal

Norman Rae Taurog, nado en Chicago, Illinois o 23 de febreiro de 1899 e finado en Rancho Mirage, California o 7 de abril de 1981, foi un director de cinema estadounidense.

Norman Taurog
Nacemento23 de febreiro de 1899
LugarChicago
Falecemento7 de abril de 1981
LugarRancho Mirage
NacionalidadeEstados Unidos de América
Profesióndirector de cine, actor e guionista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Actor infantil, fixo a súa primeira aparición no cine na curtametraxe Tangled Relations aos trece anos. Tras esta, adicouse especialmente ao teatro.

En 1919 comezou a súa carreira como director de cine, triunfando en 1931 con Skippy, coa que gañou o oscar ao mellor director. O protagonista do filme, tamén candidato ao premio era o seu sobriño, Jackie Cooper.

Nos anos seguintes dirixiu películas de moi diferentes xéneros, incluíndo filmes de propaganda durante a Segunda Guerra Mundial. Durante os sesenta tamén foi o responsable de nove películas de Elvis Presley.

Deixou a dirección en 1968, comezando unha etapa como profesor de cinema en California.

ObraEditar

Taurog dirixiu aproximadamente 180 filmes durante a súa carreira, sendo algúns dos principais os seguintes:

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar