Abrir o menú principal

Brave Little Tailor

Curtametraxe de 1938 dirixida por Bill Roberts

Brave Little Tailor é unha curtametraxe animada de 1938 producida por Walt Disney Productions e distribuída por RKO Radio Pictures. A animación é unha adaptación do conto de fadas O xastriño valente con Mickey Mouse como protagonista. Foi dirixida por Bill Roberts e conta con música orixinal de Albert Hay Malotte.[1] As voces dos personaxes son as de Walt Disney como Mickey, Marcellite Garner como Minnie, e Eddie Holden como o xigante.

Brave Little Tailor
Ficha técnica
Título orixinalBrave Little Tailor
DirectorBill Roberts
ProdutorWalt Disney
IntérpretesWalt Disney
Marcellite Garner
Eddie Holden
MúsicaAlbert Hay Malotte
EstudioWalt Disney Productions
DistribuidoraRKO Radio Pictures
EstreaFlag of the United States.svg 23 de setembro de 1938
Duración9 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Filme anteriorMickey's Parrot (1938)
Filme seguinteSociety Dog Show (1939)

Brave Little Tailor foi nomeado ó Oscar á mellor curtametraxe animada na 11ª edición dos premios en 1939, pero perdeu fronte a outra produción de Disney, Ferdinand the Bull. En 1994, foi escollida como unha das mellores animacións de debuxos de tódolos tempos por membros do eido da animación. A lista foi recollida no libro The 50 Greatest Cartoons.

NotasEditar

  1. "Brave Little Tailor". www.bcdb.com, 12 de abril de 2012

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar