Abrir o menú principal

O xastriño valente é o conto de fadas número 20 dos irmáns Grimm[1], escritores e filólogos alemáns célebres polos seus contos para nenos.

O xastriño valente
Offterdinger Das tapfere Schneiderlein (1).jpg
O xastriño valente, ilustración de Carl Offterdinger.
Título orixinalDas tapfere Schneiderlein
Autor/aIrmáns Grimm
OrixeAlemaña
Tema(s)Conto
Xénero(s)Conto de fadas

Índice

Resumo do contoEditar

Un xastre estaba sendo molestado por sete moscas mentres traballaba e decidiu acabar con elas, e o fixo dunha soa vez. Orgulloso da súa proeza, pois non é cousa doada, fiou unha cinta onde puxo Sete dun golpe, e decidiu que o mundo debía saber da súa proeza, e votou a andar. No camiño, atópase cun xigante que, pensando que a frase refírese a homes en vez de moscas, lle mostra respecto. Pero o xigante pono a proba en numerosas ocasións, das que o xastreciño valente sae indemne grazas ó seu enxeño. Despois de desfacerse del, chega a un reino onde a frase Sete dun golpe é interpretada como o lema dun poderoso guerreiro, e impresionados, encárganlle liberar a rexión de dous xigantes, un unicornio e un temíbel xabaril que teñen asustados os seus habitantes. En troques recibirá a metade dun reino e a man dunha princesa. Empregando novamente a súa intelixencia, o xastreciño valente supera os retos que enfronta conseguindo despois a súa recompensa.

Adaptación da DisneyEditar

Mickey Mouse aparece no filme de debuxos animados da Disney Brave Little Tailor baseado neste conto.

NotasEditar

  1. Jacob and Wilheim Grimm, Household Tales,"The Brave Little Tailor"

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar