James Maury "Jim" Henson, nado o 24 de setembro de 1936, e finado o 16 de maio de 1990, foi un artista, creador de monicreques, debuxante, guionista e director estadounidense que acadou a fama internacional por ser o creador de the Muppets. Naceu en Greenville, Mississippi e criouse en Leland, Mississippi e Hyattsville, Maryland.[1]

Infotaula de personaJim Henson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Maury Henson Editar o valor em Wikidata
24 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Greenville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de maio de 1990 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSíndrome de choque tóxico
fallo orgánico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCiência Cristã (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Maryland - graduado en ciencias (–1980)
Northwestern High School (en) Traducir (1954–) Editar o valor em Wikidata
Altura190 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosBlue-gray (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLight brown hair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de televisión , guionista , animador , produtor de televisión , realizador , actor , actor de dobraxe , monicrequeiro , director de cinema , produtor de cinema , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 1990 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado20.000.000 $ Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJane Henson (1959–1990), morte
FillosJohn Henson (pt) Traducir, Heather Henson (en) Traducir, Lisa Henson (en) Traducir, Brian Henson (pt) Traducir, Cheryl Henson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001345 Allocine: 1394 Rottentomatoes: celebrity/jim_henson Allmovie: p94083 0 TV.com: people/jim-henson IBDB: 102248
Musicbrainz: 53d60b8a-133b-42da-bd67-e1f55ce73863 Songkick: 446710 Discogs: 130486 Allmusic: mn0000340948 WikiTree: Henson-1044 Find a Grave: 2210 Editar o valor em Wikidata

Henson comezou a desenvolver monicreques mentres ía ó instituto. Creou Sam and Friends mentres era estudante de primeiro ano na Universidade de Maryland, un espectáculo cómico de cinco minutos que apareceu na televisión. Graduouse na Universidade de Maryland en economía, despois do cal produciu anuncios de café e desenvolveu algúns filmes experimentais. Fundou Muppets, Inc. en 1958, que se converteu en the Jim Henson Company.

Henson fíxose famoso na década de 1960 cando se uniu ó programa educativo infantil Sesame Street para desenvolver personaxes para a serie. Apareceu no programa de comedia Saturday Night Live. Produciu The Muppet Show en 1976, despois de rexeitar plans para un espectáculo de Broadway. Acadou fama polas súas creacións, especialmente Kermit the Frog, Rowlf the Dog e Epi e Blas, coas cales traballou en Sesame Street durante 20 anos. Durante os derradeiros anos da súa vida, tamén fundou Jim Henson Foundation e Jim Henson's Creature Shop. Gañou dúas veces un Emmy, polo seu traballo en The Storyteller e The Jim Henson Hour.

Henson morreu por síndrome do choque tóxico o 16 de maio de 1990 con 53 anos, 20 horas despois de experimentar unha emerxencia médica.[2][3] Foi incluído postumamente no Paseo da Fama de Hollywood en 1991, e foi escollido como unha das Disney Legends en 2011.

Notas editar

  1. Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Online., ed. (2012). "Jim Henson". Encyclopædia Britannica Inc. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  2. Altman, Lawrence (29 de maio de 1990). The New York Times, ed. "The Doctor's World; Henson Death Shows Danger of Pneumonia". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 19 de xuño de 2007. 
  3. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4ª ed.). McGraw Hill. pp. 276–286. ISBN 0-8385-8529-9. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar