26ª edición dos Óscar

A 26.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 25 de marzo de 1954 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles e no NBC Century Theatre de Nova York (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Donald O’Connor nos Ánxeles e Fredric March en Nova York.

A segunda emisión por televisión da cerimonia tivo unha audiencia estimada de 43 millóns. Shirley Booth, que estaba actuando en Filadelfia, presentou o Óscar ao mellor actor nun corte emitido en directo, e recibiu o nome do gañador mediante unha chamada privada de Donald O'Connor. Gary Cooper gravou a súa presentación do Óscar á mellor actriz nun plató en México, e foi O'Connor quen anunciou a gañadora.

O oito premios de De aquí á eternidade igualaron o récord vixente de Foise co vento. Walt Disney gañou catro Óscars, o récord de premios gañados por unha persoa nun mesmo ano.

O discurso de William Holden foi simplemente "Thank You" ("Grazas"), un dos máis curtos da historia dos premios; a emisión televisiva tiña un tempo moi estrito que forzou a rapidez de Holden. O frustrado Holden pagou persoalmente anuncios en publicacións de Hollywood para agradecer a todos os que quería. Tamén indicou que sentía que Burt Lancaster ou Montgomery Clift deberan gañar o Óscar ao mellor actor en vez del.

Premios

editar
 
Fred Zinnemann, mellor director
 
William Holden, mellor actor
 
Audrey Hepburn, mellor actriz
 
Frank Sinatra, mellor actor secundario
 
Donna Reed, mellor actriz secundaria
 
Charles Brackett, mellor guión orixinal
 
Dalton Trumbo, mellor argumento
 
Walt Disney, mellor curtametraxe animada, curtametraxe documental, curtametraxe de acción en vivo (dous rolos) e longametraxe documental
 
Cedric Gibbons, mellor dirección artística en branco e negro
 
Charles LeMaire, mellor vestiario en cor

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión
Mellor argumento Mellor curtametraxe de animación
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción, un rolo Mellor curtametraxe de ficción, dous rolos
Mellor banda sonora, comedia ou drama Mellor banda sonora, musical
Mellor canción Mellor son
Mellor dirección de arte, branco e negro Mellor dirección de arte, cor
Mellor fotografía, branco e negro Mellor fotografía, cor
Mellor vestiario, branco e negro Mellor vestiario, cor
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Oscar honorífico

editar
  • Pete Smith, "polas súas enxeñosas e mordaces observacións sobre a escena americana na súa serie Pete Smith Specialties"
  • Twentieth Century-Fox Film Corporation, "en recoñecemento pola súa imaxinación, mestría escénica e visión ao introducir o revolucionario proceso coñecido como CinemaScope"
  • Joseph I. Breen, "pola súa xestión concienzuda, aberta e digna do Código de Produción Cinematográfica"
  • Bell and Howell Company, "polos seus logros pioneiros e básicos no avance da industria cinematográfica"

Irving G. Thalberg Memorial Award

editar
  1. "The 26th Academy Awards (1954) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o May 31, 2015. 
Predecesor:
25ª edición dos Óscar
Premios Óscar
26ª edición dos Óscar
Sucesor:
27ª edición dos Óscar