Jacques Haussmann, nado en Bucarest (Romanía) o 22 de setembro de 1902 e finado en Malibú (California) o 31 de outubro de 1988 foi un actor e produtor británico-estadounidense, coñecido como John Houseman.

Infotaula de personaJohn Houseman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Bucarest, Romanía Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1988 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Malibú, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónClifton College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, Produción de cinema e television production (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprodutor de cinema , actor de cinema , actor de televisión , actor , produtor de televisión , actor de teatro , profesor de música , profesor universitario , director de cinema , guionista , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata - 1988 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola Juilliard
Federal Theatre Project (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJoan Courtney (en) Traducir (1952–1988)
Zita Johann (pt) Traducir (1929–1933), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaHenrietta Bingham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0002144 Allocine: 20156 Allmovie: p94949 TCM: 89438 IBDB: 6829
Musicbrainz: 5f9dee3d-afae-4080-83d5-7dd4f6d6340a Discogs: 432915 WikiTree: Haussmann-64 Find a Grave: 6107405 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Houseman naceu en Bucarest. A súa nai era británica e o seu pai un xudeu nado en Alsacia. Estudou en Inglaterra e traballo no comercio de cereais antes de emigrar aos Estados Unidos en 1925, conseguindo a nacionalidade estadounidense en 1943.[1]

Houseman entrou no mundo do teatro tralo crac do 29. A súa primeira oportunidade importante chegou cando foi contratado polo músico Virgil Thomson para dirixir Four Saints in Three Acts, colaboración de Thomson con Gertrude Stein.[2]

En 1934 buscaba un elenco para a obra que producía baseada no drama de Archibald MacLeish, Panic, sobre un financeiro de Wall Street afectado pola crise de 1929. A pesar de que a personaxe central era un home de máis de cincuenta anos, Houseman obsesionouse cun actor novo chamado Orson Welles que vira en Romeo e Xulieta. Welles aceptou deixar a obra para entrar na produción de Panic. A pesar de que a obra obtivo críticas indiferentes, supuxo o inicio da frutífera colaboración entre Welles e Houseman, que deu lugar á produción de Macbeth, dirixida por Welles con actores de raza negra (1936), o musical The Cradle Will Rock (1937) e as obras para a radio do Mercury Theatre, coma a emisión de The War of the Worlds, adaptada da novela de H. G. Wells (1938).

A ruptura entre ambos os dous chegou coa escritura do guión de Cidadán Kane (1941), que Houseman afirmaba que correspondía a Herman J. Mankiewicz máis ca a Welles.

Trala ruptura, Houseman seguiu dirixindo (The Devil and Daniel Webster, 1939) e producindo obras teatrais e chegou a ser o vicepresidente de David O. Selznick Productions. Durante a segunda guerra mundial converteuse no xefe da división de ultramar da oficina de información.

Entre 1945 e 1962 produciu dezaoito filmes para Paramount, Universal e Metro-Goldwyn-Mayer, incluíndo The Blue Dahlia (1946) e Julius Caesar (1953) (for which he received an Academy Award nomination for "Best Picture"). Porén a súa popularidade para o público chegou coa súa interpretación do profesor Charles Kingsfield no filme The Paper Chase (1973), polo que gañou o Oscar ao mellor actor secundario e que repetiu na serie homónima.

Representacións de Houseman no cinema editar

Houseman foi interpretado por Cary Elwes no filme de Tim Robbins Cradle Will Rock (1999) e por Eddie Marsan no filme de Richard Linklater Me & Orson Welles (2009).

Filmografía editar

Ano Filme Personaxe Notas
1938 Too Much Johnson Duelist
1964 Seven Days in May Vice-Adm. Farley C. Barnswell sen acreditar
1973 The Paper Chase Charles W. Kingsfield Jr.
1975 Os tres días do cóndor Wabash
Rollerball Bartholomew
1976 St.Ives Abner Procane
1976 The Adams Chronicles Justice Gridley
1978 The Cheap Detective Jasper Blubber
1979 Old Boyfriends Doctor Hoffman
1980 The Fog Mr. Machen
Gideon's Trumpet Earl Warren
A Christmas Without Snow Ephraim Adams
My Bodyguard Mr. Dobbs
Wholly Moses! The Archangel
1981 Ghost Story Sears James
1982 Rose for Emily Narrador
Murder by Phone Stanley Markowitz
1982 Winds of War Aaron Jastrow
1985 A.D. Gamaliel
1988 Bright Lights, Big City Mr. Vogel
Scrooged El mesmo
Another Woman Pai de Marion
The Naked Gun: From the Files of Police Squad! Driving Instructor sen acreditar

Notas editar

  1. Filmreference.com (ed.). "John Houseman". Consultado o 29 de marzo de 2010. 
  2. Tommasini, Anthony. (1997) Virgil Thomson – Composer on the Aisle, pp.241–243.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar