Crac do 29

O crac do 29 ou Xoves Negro (en inglés, Black Thursday[1]) refírese ao día 24 de outubro de 1929, cando ocorreu o crac da Bolsa de Valores de Nova York. O crac desencadeou a máis devastadora crise económica da historia dos Estatdos Unidos, considerándose a duración e a importancia dos seus efectos.[2] Marcou o inicio dos doce anos da Gran Depresión, que afectou todos os países occidentais industrializados.

Unha multitude á porta da Bolsa de Nova York.

AntecedentesEditar

Os "Tolos Anos 20"Editar

Trala primeira guerra mundial, os países de Europa estaban en ruínas, mentres que os Estados Unidos vivían unha gran prosperidade, a causa da produción e a exportación en gran volume durante a guerra.[3] Co aumento da produción, os Estados Unidos, durante a década de 1920, tiñan crecemento e prosperidade suficientes para dominar outros mercados, como o de América Latina. Ese período ficou coñecido como "Tolos Anos 20". O consumo aumentara, a industria creaba todo o tempo bens de consumo, as festas e os clubs estaban cheos e o cinema tornábase nunha gran diversión. Con esta prosperidade, as accións eran valorizadas.[4]

 
Índice Dow Jones durante a crise

Crise de 1929Editar

En setembro de 1929, o índice Dow Jones, que avalía o mercado de accións nas bolsas de valores, rexistrou o seu pico máximo e o mercado comezaba a sentir que unha caída no valor nominal das accións podería aproximarse. Con iso, e debido á desconfianza do mercado, o volume dos negocios caera substancialmente, ata a situación ficar insustentábel. Iniciouse entón a crise de 1929, que, en suma, se traduciu nunha crise de credibilidade. Os accionistas puñan as súas accións en venda, en volumes enormes, e como había poucos compradores, os prezos das accións caían. Deuse inicio a unha espiral descendente:

Por falta de recursos, as empresas cesaban os seus traballadores, que ficaban sen emprego e deixaban de consumir. Sen vender, as empresas ficaban sen recursos. Por falta de recursos...

Os bancos e as fábricas afundíronse e os efectos da crise espalláronse polo mundo.[5]

A crise tivo lugar a causa da creba da bolsa e tamén por outros dous motivos:[4]

  • Superprodución agrícola: formárase un excedente de produción agrícola nos Estados Unidos, porque non atopaba ningún comprador, nin dentro nin fóra do país.
  • Diminución do consumo: As industrias crecían, mais o poder adquisitivo da poboación non. Ou sexa, aumentaban as ofertas e diminuían os compradores, facendo que varias industrias crebasen.

A quebra da bolsa de Nova YorkEditar

 
Persoas reunidas en fronte dun banco durante a Gran Depresión. Ese período estivo marcado por repentinas perdas de accións e houbo casos de suicidio, tras accionistas descubriren que perderan todo.

O xoves 24 de outubro de 1929, que ficou coñecido como Xoves Negro, ocorreu o crac (creba) da bolsa de valores de Nova York.[6] Ese día, a bolsa perdeu un 11% do seu valor en negociacións moi fortes. Varios líderes banqueiros de Wall Street reuníronse para atopar unha solución contra o pánico e os caos.[7] O encontro contou con Thomas Lamont, xefe interino do Morgan Bank, Albert Wiggin, xefe do Chase National Bank e Charles E. Mitchell, presidente do National City Bank of New York. Escolleron a Richard Whitney, vicepresidente da Bolsa, para actuar no seu nome. Cos banqueiros e os seus recursos financeiros, Whitney colocou unha oferta de compra dun gran bloque de accións na U.S. Steel a un prezo ben por riba do mercado e moitos investidores de accións quixeron vender rapidamente as súas accións. 6 091 870 títulos financeiros foron rapidamente vendidos o mesmo día, o terceiro maior volume de negocios da historia da bolsa.[8]

Este crac fixo que empresas e bancos fosen á creba e o valor das accións, nas bolsas de valores, caesen moito dun día para o outro. Esa creba repercutiu na maior parte dos países capitalistas. Moitas persoas perderon os seus empregos, había pánico entre a xente, levando algunhas ao suicidio, incluídos once grandes especuladores da bolsa.[8] O desemprego aumentou, a produción industrial americana ficou reducida ao 54%, e o mercado perdeu máis de 30 mil millóns de dólares en dous días.[6][9]

O mercado continuou a caer, chegando a un número negativo histórico en 13 de novembro de 1929, con 198,60. O mercado foise recuperando durante varios meses, atinxindo un pico de peche secundario de 294,07 o 17 de abril de 1930, antes de embarcarse nun outro pico negativo. No entanto, ese foi máis forte, cando o Dow Jones pechou en 41,22, o valor máis baixo do século XX. Non volvería recuperarse ata novembro de 1954.[10][11]

Fundamentos económicosEditar

O accidente financeiro seguiu a unha especulación que tivo lugar ao final de 1920, que levou centenares de americanos a investiren pesadamente no mercado de accións. Un número significativo deles foi pedir diñeiro prestado para comprar máis accións. En agosto de 1929, os corretores facían préstamos pequenos a investidores que estaban comprando accións. Prestáronse máis de 8,5 mil millóns de dólares, máis da metade de todo o diñeiro en circulación nos Estados Unidos nesa época.[12][9][13] Os prezos das accións estaban subindo e impulsando máis persoas a investir, a xente agardaba que os prezos das accións subisen aínda máis. As especulacións alimentaron a subir aínda máis e creouse unha bocha económica.

Accións subsequentesEditar

En 1932, o Senado dos Estados Unidos estableceu a Comisión Pecora para estudar as causas do incidente. O ano seguinte, o Congreso dos Estados Unidos aprobou a Lei Glass-Steagall, que fixo obrigatoria unha separación entre os bancos comerciais que reciben depósitos e dan préstamos, e os bancos de investimento que emiten e distribúen accións, títulos e outros produtos.

Despois da creba da bolsa de valores, os mercados de accións arredor do mundo instituíron medidas para suspenderen a negociación no caso de caídas rápidas, alegando que as medidas ían impedir o pánico. Non obstante, aconteceu outra creba, coñecida como Luns Negro, o 19 de outubro de 1987, cando o Dow Jones Industrial Average caeu un 22,6%, a peor caída desde 1929.

Debate académicoEditar

Os economistas e os historiadores están en desacordo sobre o papel que tivo o crac nos eventos económicos, sociais e políticos subsecuentes. The Economist argumentou nun artigo de 1998 que a depresión non comezou co crac do mercado de accións.[14] Non fica claro o momento en que unha depresión estaba a comezar. Preguntáronse: "Pode un colapso moi serio da bolsa producir un serio revés para a industria cando a produción industrial está na maior parte nunha condición saudábel e equilibrada?"[15]

Porén, The Economist tamén advertiu que algunhas crebas bancarias tamén son esperadas, e algúns bancos poden non ter reservas para financiar empresas comerciais e industriais. Concluíron que a posición dos bancos é a chave para a situación, mais o que ía acontecer non podía preverse.[15]

Os estudosos analizan o crac de Wall Street de 1929 como parte dun proceso histórico que foi unha parte das novas teorías de boom e bust. De acordo con economistas como Joseph Schumpeter, Nikolai Kondratiev e Charles E. Mitchell, o accidente foi simplemente un evento histórico no proceso continuo coñecido como ciclos económicos. O impacto do suceso foi só para aumentar a velocidade con que o ciclo proseguiu cara ao seu seguinte nivel.

Milton Friedman no seu ensaio A Monetary History of the United States, coescrito con Anna Schwartz, avanza o argumento de que o que fixo a "gran contracción" tan grave non foi a desaceleración do ciclo económico, foi o proteccionismo, ou o crac de mercado de accións de 1929 en si, mais, segundo Friedman, o que mergullou o país nunha fonda depresión foi o colapso do sistema bancario durante tres vagas de pánico durante o período 1930-33.[16]

NotasEditar

  1. Depression & WWII (1929-1945) America's Story. America's Library. Cita: October 29, 1929, was a dark day in history. "Black Tuesday" is the day that the stock market crashed, officially setting off the Great Depression.
  2. "The beginner's guide to stock markets". The most savage bear market of all time was the Wall Street Crash of 1929-1932, in which share prices fell by 89 per cent. 
  3. "A Crise de 1929". Consultado o 10 de xaneiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 "Crise de 1929 (Grande Depressão)". Consultado o 10 de xaneiro de 2012. 
  5. "Wild Selling. New York Panic.". The Sydney Morning Herald. 26 de outubro de 1929. 
  6. 6,0 6,1 "A Crise de 1929". Consultado o 10 de janeiro de 2012. 
  7. The Great Depression, por Robert Goldston, páxinas 39 e 40
  8. 8,0 8,1 "Pânico na Bolsa de Nova York". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 
  9. 9,0 9,1 New York: A Documentary Film PBS
  10. "DJIA 1929 to Present", Yahoo! Finance
  11. "U.S. Industrial Stocks Pass 1929 Peak", The Times, 24 de novembro de 1954, p. 12.
  12. "Crashes, Bangs & Wallops". Financial Times. Consultado o 2008-09-30. At the turn of the 20th century stock market speculation was restricted to professionals, but the 1920s saw millions of "ordinary Americans" investing in the New York Stock Exchange. By August 1929, brokers had lent small investors more than two-thirds of the face value of the stocks they were buying on margin - more than $8.5bn was out on loan. 
  13. Facing the facts: an economic diagnosis. 
  14. "Economics focus: The Great Depression", The Economist (17 de setembro de 1998)
  15. 15,0 15,1 "Reactions of the Wall Street slump", The Economist (23 de novembro de 1929)
  16. "Panic control" The Washington Times

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar

  • Quebrou! A Gran Depresión Outubro de 1929