45ª edición dos Óscar

A 45ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 27 de marzo de 1973 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Carol Burnett, Michael Caine, Charlton Heston e Rock Hudson.

A cerimonia estivo marcada polo boicot de Marlon Brando aos premios, que enviou a Sacheen Littlefeather para explicar por que non se presentou a recoller o seu premio ao mellor actor por O padriño, e pola única vitoria competitiva de Charlie Chaplin, na categoría de mellor banda sonora dramática orixinal polo seu filme Limelight, que con vinte anos de antigüidade era elixible porque non se estreou nos Ánxeles ata 1972.[1][2] Chaplin recibira premios honoríficos da Academia en 1929 e 1972.

Cabaret, a adaptación de Bob Fosse do musical de Broadway, estableceu o récord de máis Óscar gañados sen recibir o de mellor película. O padriño, gañador do mellor filme, recibiu só tres premios da Academia.

Este ano foi a primeira vez que dúas mulleres afroamericanas recibiron candidaturas á mellor actriz.[3]

PremiosEditar

 
Bob Fosse, mellor director
 
Liza Minnelli, mellor actriz
 
Joel Grey, mellor actor secundario
 
Eileen Heckart, mellor actriz secundaria
 
Francis Ford Coppola, mellor guión adaptado
 
Richard Williams, mellor curtametraxe animada
 
Charlie Chaplin, mellor banda sonora
 
Ralph Burns, mellor banda sonora adaptada

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme en lingua non inglesa Mellor canción
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor banda sonora adaptada
Mellor deseño de vestiario Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor montaxe

Oscar honoríficoEditar

Controversias sobre elixibilidadeEditar

Inicialmente anunciouse, o 12 de febreiro de 1973, que O padriño recibira 11 candidaturas, máis que calquera outra película ese ano.[5][6] Porén, reduciuse a 10 (empatando con Cabaret) tras unha nova votación da rama musical da Academia, tras unha polémica sobre se a partitura de Nino Rota para O padriño era elixible para a candidatura.[7][8] Nesa nova votación, os membros da sección elixiron entre seis filme: O padriño e os cinco filmes que figuraran na listaxe de finalistas á mellor banda sonora dramática orixinal pero que non foran nomeadas. A música de John Addison para A pegada gañou esta nova votación, e así substituíu a Rota na lista oficial de candidatos.[13] A polémica xurdiu, segundo o presidente da Academia Daniel Taradash, porque o tema de amor de O Padriño fora usado previamente por Rota en Fortunella, un filme italiano varios anos anterior.[9]

As candidaturas na categoría de Mellor Canción Orixinal non foron anunciadas en febreiro co resto das candidaturas, segundo se informou por "unha confusión nas votacións".[10] Máis tarde indicouse que a Academia estivera considerando se a canción de Curtis Mayfield "Freddie's Dead" do filme Super Fly debería considerarse elixible. A canción foi declarada inelixible para unha candidatura porque a súa letra non se cantaba na película. A canción foi lanzada como un sinxelo con letra, mais a versión do filme era instrumental. O gobernador da Academia, John Green, dixo: "Os tempos cambiaron. Nos vellos tempos, Hollywood facía 30 ou 40 musicais ao ano e había moitas cancións para escoller. Agora case non hai, e a maioría das cancións elixibles son temas. Tanto a letra como a música deben escoitarse na banda sonora para seren elixibles".[11]

NotasEditar

  1. {{cita novas|nome=Bruce|apelidos=Russell |agency=Reuters |title=Cabaret shades Godfather |url=https://news.google.com/newspapers?id=k_dUAAAAIBAJ&sjid=xjwNAAAAIBAJ&pg=3744,6146718 |newspaper=Leader-Post|location=[[Regina, Saskatchewan]|date=28 de marzo de 1973 |access-date=9 de xuño de 2013 |quote=The film, withdrawn from U.S. movie theatres in the bitter controversy over Chaplin's political views and private life, qualified by being released for the first time in Los Angeles last year.|via=Google News Archive}}
  2. Wood, Bret. "Limelight". TCM. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2013. Consultado o 9 de xuño de 2013. 
  3. Russell, Bruce (13 de febreiro de 1973). "'Godfather' Gets 11 Oscar Nominations". Toledo Blade. Reuter. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  4. A pegada foi nomeada nunha segunda votación trala descualificación de O padriño
  5. Russell, Bruce (13 de febreiro de 1973). "'Godfather' Gets 11 Oscar Nominations". Toledo Blade. Reuter. Consultado o 2 de setembro de 2014. 
  6. "Oscar Nominations Offer Few Oddities". The Milwaukee Journal. 13 de febreiro de 1973. Consultado o 16 de xuño de 2013. [Ligazón morta]
  7. "The Godfather loses one count". The Star-Phoenix. AP. 3 de marzo de 1973. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  8. "The Godfather". AFI Catalog of Feature Films. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  9. "Godfather, Superfly music out of Oscars". The Montreal Gazette. AP. 7 de marzo de 1973. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  10. "Oscar Nominations Offer Few Oddities". The Milwaukee Journal. 13 de febreiro de 1973. Consultado o 16 de xuño de 2013. Because of a mixup in balloting, the nominations for best song won't be announced until March 5. [Ligazón morta]
  11. "'Godfather', 'Super Fly' Music Not Nominated For Oscar". The Toledo Blade. AP. 7 de marzo de 1973. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
Predecesor:
44ª edición dos Óscar
Premios Óscar
45ª edición dos Óscar
Sucesor:
46ª edición dos Óscar