Maurice Jarre
Maurice-Alexis Jarre, nado en Lión o 13 de setembro de 1924 e finado en Malibú (California) o 28 de marzo de 2009 foi un músico francés, coñecido especialmente polas súas bandas sonoras para o cinema.
Traxectoria
editarMaurice Jarre naceu en Francia, fillo de Gabrielle Renée Boullu e o director de radio André Jarre.[1] Inicialmente matriculouse na escola de enxeñaría da Sorbona, pero logo decidiu seguir a carreira musical. Deixou a universidade en contra dos desexos do seu pai e entrou no conservatorio d París. Chegou a ser director do Théâtre National Populaire e asinou a súa primeira banda sonora en Francia en 1951.[2]
En 1961 o produtor británico Sam Spiegel contratou a Jarre para escribir a música para Lawrence de Arabia, de David Lean,[3] a partir do que comezou a compoñer para filmes de Hollywood.
Jarre, pai do pioneiro da música electrónica Jean-Michel Jarre, faleceu no 2009, vítima do cancro.
Filmografía
editarNotas
editar- ↑ Filmreference.com (ed.). "Maurice Jarre at". Consultado o 22 de xullo de 2012.
- ↑ Answers.com (ed.). "Maurice Jarre: Information and Much More from". Consultado o 22 de xullo de 2012.
- ↑ Leydon, Joe (30 de marzo de 2009). "MovingPictureBlog.blogspot.com, March 30, 2009". Movingpictureblog.blogspot.com. Consultado o 22 de xullo de 2012.
Véxase tamén
editarTraxectoria
editar- Maurice Jarre na IMDb (en inglés).
- Obituario