Óscar á mellor curtametraxe animada

O Oscar á mellor curtametraxe animada (Academy Award for Animated Short Film) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Oscar. Entrégase dende a 5ª edición dos Óscar. A Academia define curtametraxe como un filme de "non máis de corenta minutos, incluíndo todos os créditos".[1]

A categoría foi coñecida como "Short Subjects, Cartoons" (“Curtametraxes, animación”) dende 1932 a 1970 e como "Short Subjects, Animated Films" (“Curtametraxes, filmes animados”) dende 1971 a 1973, recibindo dende 1974 o nome actual. Na categoría destaca Walt Disney, xa que recibiu nela doce dos seus vinte e dous Oscar, incluíndo un premio póstumo en 1968. Ademais, Disney recibiu once dos doce primeiros premios. As series Silly Symphonies, de Disney, e Tom and Jerry, de Metro-Goldwyn-Mayer, foron as máis premiadas, cada unha con sete premios.

Ata 1952 só eran candidatas curtametraxes estadounidenses. Durante as primeiras cinco décadas o premio entregábase ao produtor, mais na actualidade entrégase á "persoa individual máis directamente responsable do concepto e da execución creativa do filme. No caso de que máis dun individuo estea involucrado direcamente e de xeito importante nas decisións creativas, pode entregarse unha segunda estatua".[2]

1930 editar

1940 editar

1950 editar

1960 editar

1970 editar

1980 editar

1990 editar

2000 editar

2010 editar

2020 editar

Notas editar

  1. Rule Nineteen: Short Films Awards. Consultado o 27 de marzo de 2010.
  2. (2007). Rule 19, Section III, Paragraph 7 80th Academy Award Rules for Distinguished Achievements Arquivado 09 de abril de 2008 en Wayback Machine.. Consultado o 29 de marzo de 2008.
  3. "The 28ª edición dos Óscar (1955) Nominees and Winners - Short Subject (Cartoon)". Oscars.org. Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014. 

Véxase tamén editar