Cicely Tyson
Cicely L. Tyson, nada en Harlem o 1924 e finada o 28 de xaneiro de 2021,[1] foi unha actriz e ex modelo estadounidense. Nunha carreira que se estendeu por máis de sete décadas, fíxose célebre pola súa interpretación de mulleres fortes afroamericanas.[2][3] Tyson recibiu tres Primetime Emmy Awards, catro Black Reel Awards, un Screen Actor Guild Award, un premio Tony e un Óscar Honorífico.
Cicely Tyson | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Cicely Louise Tyson |
Nacemento | 19 de decembro de 1924 e 19 de decembro de 1933 |
Lugar de nacemento | Harlem e Bronx |
Falecemento | 28 de xaneiro de 2021 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Soterrada | Cemiterio de Woodlawn |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Relixión | catolicismo e Baptismo |
Alma máter | Bayard Rustin Educational Complex e The New School |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión, modelo e actriz de dobraxe |
Cónxuxe | Miles Davis |
Coñecida por | Sounder, The Autobiography of Miss Jane Pittman, Oldest Living Confederate Widow Tells All, Diary of a Mad Black Woman, The Help e How to Get Away with Murder |
Premios | Medalha Spingarn, Tony Award for Best Actress in a Play, Candace Award, Medalla Presidencial da Liberdade, Premio Kennedy, Black Filmmakers Hall of Fame, Crystal Award, Óscar Honorífico, honorary doctorate from Columbia University, Primetime Emmy Award de melhor atriz em minissérie ou filme, Primetime Emmy Award Melhor Atriz Coadjuvante em Minissérie ou Filme, star on Hollywood Walk of Fame, Drama Desk Award for Outstanding Actress in a Play, 26th Primetime Emmy Awards, premiados e indicados pelo Screen Actors Guild para melhor elenco no cinema, Premios Peabody, Television Hall of Fame, Kansas City Film Critics Circle Award for Best Actress, National Board of Review de Melhor Atriz, National Society of Film Critics Award for Best Actress, Black Reel Award for Outstanding Ensemble, Broadcast Film Critics Association Award for Best Cast, National Board of Review Award for Best Cast, Satellite Award for Best Cast – Motion Picture, Critics' Choice Television Award for Best Guest Performer in a Drama Series, NAACP Image Award for Outstanding Supporting Actress in a Drama Series, Golden Plate Award, Women in Film Crystal + Lucy Awards, Candace Award, star on Hollywood Walk of Fame, honorary doctorate from Columbia University, honorary doctor of the Howard University, doutor honoris causa e doutor honoris causa |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Tras aparecer en pequenos papeis no cinema e na televisión no principio da súa carreira, Tyson recibiu atención polo público e a crítica pola súa interpretación de Rebecca Morgan en Sounder (1972), pola que foi candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro. O seu traballo como protagonista no telefilme de 1974 The Autobiography of Miss Jane Pittman valeulle eloxios e premios, como dous Emmy e unha candidatura ao premio da BAFTA.
Tyson continuou a actuar no cinema e na televisión no século XXI. En 2011, interpretou o papel de Constantine Jefferson no filme The Help e tamén realizou o papel de Ophelia Harkness no drama legal da ABC How to Get Away With Murder dende o comezo da serie.
Ademais da súa carreira na pantalla, Tyson apareceu en varias producións teatrais. Recibiu un Drama Desk Award en 1962 polo seu traballo no Off-Broadway en Moon on a Rainbow Shawl. Tamén apareceu como Carrie Watts na obra de Broadway The Trip to Bountiful, pola que gañou o Tony, o Outer Critics Award e o Drama Desk Award á mellor actriz en 2013.
Tyson foi honrada polo Kennedy Center en 2015 e en novembro de 2016 recibu a Medalla Presidencial da Liberdade, o máis alto honor para un civil nos Estados Unidos.
Vida persoalEditar
Tyson saíu por primeira vez co trompetista de jazz Miles Davis na década de 1960, mentres el estaba a divorciarse da bailarina Frances Davis.[4] Davis empregou unha fotografía de Tyson para o seu álbum de 1967, Sorcerer. Davis dixo a prensa en 1967 que intentou casar con Tyson en marzo de 1968 despois de que o seu divorcio finalizase,[5] mais casou coa cantante Betty Davis ese mesmo setembro.[6] Tyson e Davis retomaron a súa relación en 1978 e casaron o 26 de novembro de 1981 nunha cerimonia presidida polo alcalde de Atlanta Andrew Young na casa do actor Bill Cosby. O matrimonio foi tumultuoso polo temperamento volátil de Davis e as súas infidelidades.[7] Davis conta que Tyson salvou a súa vida e axudouno a superar a súa adicción á cocaína.[7] Viviron entre Malibú e Nova York, ata que ela solicitou o divorcio en 1988.[8] O proceso de divorcio finalizou en 1989, dous anos antes da morte de Davis.[7]
Tyson foi membro da irmandade Delta Sigma Theta.[9]
FilmografíaEditar
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1956 | Carib Gold | Dottie | |
1958 | Odds Against Tomorrow | Jazz Club bartender | |
1959 | The Last Angry Man | Girl Left on Porch | Sen acreditar |
1966 | A Man Called Adam | Claudia Ferguson | |
1967 | The Comedians | Marie Therese | |
1968 | The Heart Is a Lonely Hunter | Portia | |
1972 | Sounder | Rebecca Morgan | |
1976 | The Blue Bird | Tylette, The Cat | |
1976 | The River Niger | Mattie Williams | |
1978 | A Hero Ain't Nothin' but a Sandwich | Sweets | |
1979 | The Concorde ... Airport '79 | Elaine | |
1981 | Bustin' Loose | Vivian Perry | |
1991 | Fried Green Tomatoes | Sipsey | |
1997 | Hoodlum | Stephanie St. Clair | |
2001 | The Double Dutch Divas! | Ela mesma | Curtametraxe; sen acreditar |
2005 | Because of Winn-Dixie | Gloria Dump | |
2005 | Diary of a Mad Black Woman | Myrtle | |
2006 | Madea's Family Reunion | Myrtle | |
2006 | Fat Rose and Squeaky | Celine | |
2006 | Idlewild | Mother Hopkins | |
2007 | Rwanda Rising | Voice of Jeanette Nyirabagarwa | Documental |
2009 | Up from the Bottoms: The Search for the American Dream | Narradora | Documental |
2010 | Why Did I Get Married Too? | Ola | |
2011 | The Help | Constantine Jefferson | |
2012 | Alex Cross | Regina "Nana Mama" Cross | |
2013 | The Haunting in Connecticut 2: Ghosts of Georgia | Mamma Kay | |
2016 | Showing Roots | Hattie | |
2017 | Last Flag Flying | Mrs. Hightower | |
2020 | A Fall from Grace | Alice |
NotasEditar
- ↑ Dagan, Carmel (28 de xaneiro de 2021). "Cicely Tyson, Pioneering Hollywood Icon, Dies at 96". Variety (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Cicely Tyson". Britannica. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ Melton, Lori (7 de decembro de 2015). "Cicely Tyson: Legendary Portrait Of Beauty, Courage And Strength". CBS Sacramento. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "Miles Davis And Wife Now 'Miles Apart'". Jet 33 (19): 23. 15 de feberiro de 1968.
- ↑ "Miles Davis To Make March Merger With Cicely Tyson". Jet 33 (4): 56. 2 de novembro de 1967.
- ↑ "'One Of Sexiest Men Alive'". Jet 35 (2): 48.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Davis, Miles; Troupe, Quincy (1990). Miles: The Autobiography. Simon & Schuster. ISBN 978-0-671-72582-2.
- ↑ "Cicely Tyson To Divorce Trumpeter Miles Davis". Jet 73 (21): 13. February 22, 1988.
- ↑ Delta Sigma Theta
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cicely Tyson |