J. K. Simmons
Jonathan Kimble Simmons, nado en Detroit (Míchigan) o 9 de xaneiro de 1955 é un actor estadounidense.
J. K. Simmons | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Simmons en xaneiro de 2009. | |||||||||||
Nome completo | Jonathan Kimble Simmons | ||||||||||
Nacemento | 9 de xaneiro de 1955 (68 anos) | ||||||||||
Lugar | Detroit, Míchigan | ||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||
Etnia | estadounidense | ||||||||||
Educado en | Universidade de Montana, Universidade Estatal de Ohio e Thomas Worthington High School | ||||||||||
Cónxuxe(s) | Michelle Schumacher (desde 1996) | ||||||||||
Profesión | Actor | ||||||||||
| |||||||||||
Na rede | |||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||
Traxectoria Editar
A súa nai Patricia Kimble era administrativa e o seu pai, Donald William Simmons, profesor.[1][2] Ten un irmán, David, cantante e escritor, e unha irmá, Elizabeth. Asistiu á Universidade de Montana e foi membro do teatro Seattle Repertory Theatre.[3]
Antes da súa carreira no cinema e na televisión, Simmons foi actor e cantante de Broadway, actuando nas obras Guys and Dolls e Carousel. É coñecido polo seu papel do doutor Emil Skoda, un policía especializado en psiquiatría na serie Law & Order e como o sádico prisioneiro Vernon Schillinger no drama carcerario da HBO Oz.
Foi eloxiado pola súa interpretación de Mac McGuff, pai de Juno, no filme dese título. Interpretou tamén o obsesivo e egocéntrico editor de xornal J. Jonah Jameson nos tres filmes da serie de Spider-Man.
Filmografía Editar
Notas Editar
- ↑ FilmReference.com (ed.). "J. K. Simmons Biography".
- ↑ rootsweb (ed.). "Jonathan Kimble (“J. K.”) Simmons". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ Yahoo! Movies (ed.). "J. K. Simmons Biography".
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J. K. Simmons |
Ligazóns externas Editar
- J. K. Simmons na IMDb (en inglés).