Deux jours, une nuit

Deux jours, une nuit é un filme de 2014 escrito e dirixido polos irmáns Dardenne. É unha coprodución entre Bélxica, Francia e Italia. Está protagonizado por Marion Cotillard e Fabrizio Rongione. Competiu pola Palma de Ouro na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014.[4] Gañou o premio do Festival de Cinema de Sydney, e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme en lingua non inglesa, ademais de ser nomeado a dous Premios César e nove Premios Magritte, gañando finalmente tres deles. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado, aínda que Cotillard recibiu un nomeamento á mellor actriz pola súa interpretación no filme, converténdose no primeiro actor en ser nomeado por un filme belga.[5][6]

Deux jours, une nuit
Luc Dardenne, Fabrizio Rongione, Marion Cotillard e Jean-Pierre Dardenne no festival de Cannes
Ficha técnica
Título orixinalDeux jours, une nuit
DirectorLuc Dardenne
Jean-Pierre Dardenne
Produtor
  • Luc Dardenne
  • Jean-Pierre Dardenne
  • Denis Freyd
Guión
  • Luc Dardenne
  • Jean-Pierre Dardenne
Intérpretes
FotografíaAlain Marcoen
MontaxeMarie-Hélène Dozo
Estudio
Distribuidora
  • Cinéart (Bélxica)
  • Diaphana Films (Francia)
  • BIM Distribuzione (Italia)
EstreaFestival de Cannes: 20 de maio de 2014
Duración95 minutos[1]
OrixeBélxica Bélxica
Francia
Italia Italia
Orzamento7 millóns de euros
Recadación9 millóns de euros[2][3]
Na rede
http://www.lesfilmsdufleuve.be/fr/projet-en-cours/Deux-jours-une-nuit
IMDB: tt2737050 Filmaffinity: 261706 Allocine: 219102 Rottentomatoes: m/two_days_one_night Mojo: twodaysonenight Allmovie: v592992 TCM: 2053351 Metacritic: movie/two-days-one-night TV.com: movies/two-days-one-night Netlix: 70297803Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

En Seraing, unha cidade industrial próxima a Liège, Sandra é unha muller, esposa e nai, que traballa nunha pequena fábrica de paneis solares. Ao padecer unha depresión vese obrigada a pedir unha baixa laboral. Durante a súa ausencia, os seus compañeiros danse de conta de que son capaces de realizar as súas quendas de traballo facendo xornadas lixeiramente máis longa, e a dirección da fábrica ofrécelles unha prima de 1000 euros a cada un se están de acordo con iso, aínda que iso supoña o despedimento de Sandra. Trala alta, esta descobre que o seu posto depende da decisión dos seus dezaseis compañeiros, polo que ten que visitar cada un deles durante unha fin de semana para convencelos de que renuncien á prima salarial que a maioría precisa para manter as súas familias. Sandra ten que librar unha dura batalla para conservar o seu posto de traballo antes da votación definitiva que será luns pola mañá.

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (11 de xullo de 2014). "TWO DAYS, ONE NIGHT (15)". Consultado o 28 de xaneiro de 2015. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Deux Jours, Une Nuit – Box-Office Mojo". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  3. JP's Box-Office (ed.). "Deux Jours, Une Nuit – JP's Box-Office". Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  4. Cannes (ed.). "Cannes 2014 Official Selection". Consultado o 17 de abril de 2014. 
  5. Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "Oscar 2015 Nominee List and Ballot" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  6. Belga News Agency, ed. (15 de xaneiro de 2015). "Academy Award nominations for Marion Cotillard and "Song of the Sea"". Consultado o 10 de marzo de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar