Liexa

cidade belga
(Redirixido desde "Liège")

Coordenadas: 50°38′N 5°34′L / 50.633, -5.567

Liexa[1] (en francés: Liège Fr-Liège.ogg [ljɛʒ] , en neerlandés: Luik Nl-Luik.ogg [lœyk] , en alemán: Lüttich [ˈlʏtɪç], en valón: Lîdje)[a] é unha cidade francófona do leste de Bélxica, capital da provincia homónima. É a quinta cidade máis grande do país despois de Bruxelas, Antuerpen, Gante e Charleroi; o terceiro conglomerado despois dos de Bruxelas e Antuerpen; e a terceira cidade francófona tras Bruxelas e Charleroi.[2]

Liexa
Liège
Luik
LuikVlag.svg
Blason liege.svg
TE-Collage Liege.png
De arriba a abaixa e de esquerda a dereita: panorámica co río Mosa, o perron de Liexa, a ópera real de Valonia, a estación Liexa-Guillemins, o Mémorial Interallié, o estadio Maurice Dufrasne do equipo Standard de Liège, a ponte de Fragnée, o Hotel da Vila de Liexa e o palacio dos Príncipes-Bispos de Liexa.
Localización
Liexa en Bélxica
Liexa
Liexa
PaísBélxica Bélxica
ComunidadeComunidade francesa de Bélxica
RexiónValonia
ProvinciaLiexa
Xeografía
Superficie69,39 km²
Demografía
Poboación197 355 hab. (2018)
Densidade2844 hab/km²
Outros datos
Código postalLiexa (4000 e 4020)
Glain (4000)
Rocourt (4000)
Bressoux (4020)
Jupille-sur-Meuse (4020)
Wandre (4020)
Grivegnée (4030)
Angleur (4031)
Chênée (4032)
Sclessin (4000)
AlcaldeWilly Demeyer (PS)
Páxina oficial de Liexa

Está situada no val do río Mosa, cerca das fronteiras con Alemaña e os Países Baixos, xunto á desembocadura dun dos seus afluentes, o río Ourthe. Comunícase con Antuerpen mediante o Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana mediante o Mosa. Atópase ademais nunha antiga zona industrial, a espiña dorsal industrial de Valonia. O municipio de Liexa inclúe aos antigos asentamentos de Angleur, Bressoux, Chênée, Glain, Grivergné, Jupille-sur-Meuse, Rocourt e Wandre.

De 972 a 1795 foi a capital do principado de Liexa, e durante os séculos viii e xvi sé do bispado de Liexa, herdanza da Civitas Tungrorum romana.

Dende o século xv a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no xix converteríase nun importante centro industrial como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinería de azucre). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de Europa, tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liexa constitúe o centro cultural dos valóns. A súa universidade fundouse en 1817.

Entre o 4 e o 16 de agosto de 1914 tivo lugar nesta cidade a batalla de Liexa, na que os alemáns conquistarían a praza no seu avance cara París.

Entre 1931 e 1937 estivo situada nesta localidade a Escola de Enxeñería ICAI, logo de que a Compañía de Xesús fora expulsada de España.

Panorámica de Liexa

NotasEditar

  1. Ata 1949 o nome francés da cidade escribíase Liége, con acento agudo en vez de grave.
  1. Segundo Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, así como tamén conforme a forma empregada en Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, a Diciopedia do século 21 e o Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega.
  2. "Statistics Belgium. Working Paper" (PDF). www.statbel.fgov.be (en neerlandés). 2008. Consultado o 16 de decembro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.