Ida (filme)
Ida é un filme polaco de 2013 dirixido por Paweł Pawlikowski e escrito por Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz. Ambientado na Polonia de 1962, conta a historia dunha moza que está a piques de tomar os seus votos como unha monxa católica. Orfa dende nena por mor da ocupación alemá na segunda guerra mundial, antes de converterse en monxa debe coñecer á súa tía, o seu único parente vivo. Ela cóntalle que os seus pais eran xudeus. As dúas mulleres embárcanse nunha viaxe polas estradas do campo polaco para descubrir cal foi o final dos seus pais.
Ida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ida |
Director | Paweł Pawlikowski |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Kristian Eidnes Andersen |
Fotografía | |
Montaxe | Jarosław Kamiński |
Estudio | |
Distribuidora |
|
Estrea | Toronto: 7 de setembro de 2013 |
Duración | 82 minutos[1] |
Orixe | Polonia Dinamarca Francia Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | €2 000 000[2] |
Recadación | $11 100 000[3] |
Na rede | |
https://www.musicboxfilms.com/film/ida/ | |
Considerada unha "obra mestra compacta" e un "filme de estrada estrañamente fermoso", "contén un cosmos de culpa, violencia e dor", aínda que os eventos históricos que motivan os eventos (ocupación alemá de Polonia, o holocausto e o stalinismo) non son directamente mencionados: "nada disto se afirma, pero todo está construído, por así decilo, na atmosfera: o país séntese morto, a poboación escasa".[4]
Ida gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa no 2015, converténdose no primeiro filme polaco en conseguilo.[5]
Sinopse
editarAnna é unha noviza que viviu toda a vida nun convento e está a piques de asumir os votos. Antes diso, debe de coñecer a súa tía, a súa única parente viva, unha xuíza de vida bohemia e pasado antifascista. Ela dálle a coñecer a súa orixe xudía e o seu verdadeiro nome: Ida. Ambas irán na procura dos restos dos pais de Ida, asasinados durante a ocupación nazi na segunda guerra mundial.
Personaxes
editar- Agata Trzebuchowska como Anna / Ida Lebenstein
- Agata Kulesza como Wanda Gruz
- Dawid Ogrodnik como Lis
- Adam Szyszkowski como Feliks Skiba
- Jerzy Trela como Szymon Skiba
- Joanna Kulig como cantante
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (28 de xullo de 2014). "Ida (12A)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015. Consultado o 1 de febreiro de 2015.
- ↑ Kilian, Anna (2013). "Piotr Dzięcioł - wywiad o filmie Ida [Opus Film]". audiowizualni.pl. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015.
- ↑ "Ida (2014) - International Box Office Results". Box Office Mojo. Consultado o 2 de setembro de 2014.
- ↑ Scott, A. O. (1 de maio de 2014). The New York Times, ed. "An Innocent Awakened: 'Ida,' About an Excavation of Truth in Postwar Poland".
- ↑ Barraclough, Leo (23 de febreiro de 2015). Variety, ed. "Polish Film Institute Chief Celebrates as ‘Ida’ Becomes First Polish Movie to Win Foreign-Language Film Oscar".
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Polonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Ida na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)