|
Tā moko é un debuxo permanente no corpo e na face dos maorís, o pobo indíxena de Nova Zelandia. É diferente da tatuaxe tradicional, xa que se corta a pel cun uhi (cicel) no canto de perforarse. Isto deixa a pel cunha fenda en lugar dunha superficie lisa.
O capitán James Cook escribiu en 1769:
As marcas son en xeral espirais debuxadas con gran sutileza e mesmo elegancia. Un lado correspóndese co outro. As marcas no corpo semellan follaxe que forma ornamentos, xiros de filigranas traballadas, pero nelas hai tal diversidade de formas que, aínda que ao comezo parecía que había unhas exactamente iguais, o certo é que non hai dúas iguais despois de facer un exame minucioso.
Os tohunga-tā-moko (ou tatuadores) considéranse tapu ou, excepcionalmente, inviolábeis e sagrados.
A utilización tradicional destas marcas tiña un significado, por exemplo: a folla do fento de dobre cara adoita indicar que quen leva a marca é un guerreiro.
|
|
A lista das aves de Galicia presenta as aves silvestres atopadas en Galicia ordenadas alfabeticamente. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa presenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN.
|

Tal día como hoxe no ano...
|
- 68, Galba é declarado emperador polo Senado romano.
- 452, Atila (na imaxe) invade Italia.
- 632, morre Mahoma, fundador do Islam (n. 570).
- 1191, Ricardo I de Inglaterra chega a Acre (Palestina), comezando a súa cruzada.
- 1903, nace Marguerite Yourcenar, escritora francesa (m. 1987).
- 1941, os aliados invaden Siria e Líbano durante a Segunda Guerra Mundial.
- 1986, Kurt Waldheim, ex secretario xeral da ONU, é elixido presidente da Austria.
- 1990, Xosé Cora Rodríguez toma posesión como primeiro Valedor do Pobo da historia de Galicia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 136.014 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 288 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|