Artigo destacado
O titanio é un elemento químico de símbolo Ti e número atómico 22 que se sitúa no grupo 4 da táboa periódica dos elementos . É un metal de transición de cor gris, baixa densidade e gran dureza. É moi resistente á corrosión por auga do mar , auga rexia e cloro . Foi descuberto en Cornualla , Gran Bretaña , por William Gregor en 1791 e Martin Heinrich Klaproth nomeouno así polos titáns da mitoloxía grega . Este elemento dáse en diversos depósitos de minerais , principalmente de rútilo e ilmenita , que se distribúen amplamente pola codia terrestre e a litosfera , ademais de formar parte de moitas formas de vida, rochas , corpos de auga e solos . A extracción deste metal dende o mineral realízase por medio do método de Kroll ou polo método de Hunter . O composto máis común é o dióxido de titanio , habitual na fotocatálise e usado na manufactura de pigmentos de cor branca. Outros compostos habituais inclúen o tetracloruro de titanio (TiCl4 ), un compoñente catalizador , e o tricloruro de titanio (TiCl3 ), empregado coma catalizador na produción de polipropileno . O titanio pode formar aliaxes co ferro , o aluminio , o vanadio e o molibdeno entre outros elementos, producindo aliaxes lixeiras e resistentes para aplicacións aeroespaciais (motores de reacción , mísiles e naves espaciais ), aplicacións militares, aplicacións industriais (produtos químicos e petroquímicos, plantas de desalinización ), na automoción, para próteses médicas e implantes ortopédicos , instrumentos e implantes dentais, aparellos deportivos , xoiería ou teléfonos móbiles entre outras aplicacións. As dúas propiedades máis útiles deste metal son a resistencia á corrosión e a maior proporción de dureza-densidade de tódolos elementos metálicos. Cando non se atopa nunha aliaxe, o titanio é igual de forte que algúns aceiros , pero presentando unha menor densidade que estes. Ten dúas formas alotrópicas e cinco isótopos naturais que van dende 46 Ti ata 50 Ti, sendo 48 Ti o máis abundante deles.
Sobre Galicia
Tal día coma hoxe no ano...
1728 , nace Mary Hayley , empresaria británica (f. 1808 ).
1907 , un terremoto destrúe a cidade de Karatoch , en Asia Central , facendo que falezan máis de 10.000 persoas.
1938 , Orson Welles adapta á radio a novela A guerra dos mundos (na imaxe) de H. G. Wells e aterroriza os Estados Unidos .
1941 , nace Theodor W. Hänsch , físico alemán, Premio Nobel de Física no 2005 polas súas contribucións ao desenvolvemento da Espectroscopia de precisión baseada no láser .
1956 , morre Pío Baroja , novelista español (n. 1872 ).
1975 , o príncipe Juan Carlos de Borbón asume interinamente a Xefatura do Estado, por mor da enfermidade do xeneral Francisco Franco .
1988 , morre Florence Nagle , adestradora de cabalos de carreiras, criadora de cans e feminista británica (n. 1894 ).
1999 , morre Uxío Novoneyra , poeta e escritor galego (n. 1930 ).
Imaxe do día
Presentación
Participación
Comunidade
De acordo coas
nosas estatísticas , temos un total de 149 475 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 261 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de
proxectos temáticos e diversos
espazos de conversa .