Radiación ionizante
As radiacións ionizantes son aquelas radiacións con enerxía suficiente para ionizar a materia, extraendo os electróns dos seus estados ligados ó átomo.
Radiacións e tipos de radiación
editarExisten outros procesos de emisión de enerxía, por exemplo o debido a unha lámpada, un quentador (chamado radiador precisamente por radiar calor ou radiación infravermella), ou a emisión de radio ondas en radiodifusión, que reciben o nome xenérico de radiacións.
As radiacións ionizantes poden provir de substancias radioactivas, que emiten ditas radiacións de forma espontánea, ou de xeradores artificiais, tales como os xeradores de raios X e os aceleradores de partículas.
As procedentes de fontes de radiacións ionizantes que se atopan na cortiza terráquea de forma natural, poden clasificarse como compostas por partículas alfa, beta, raios gamma ou raios X. Tamén se poden producir fotóns ionizantes cando unha partícula cargada que posúe unha enerxía cinética dada, é acelerada (xa sexa de forma positiva ou negativa), producindo radiación de freado, tamén chamada bremsstrahlung, ou de radiación sincrotrón por exemplo (facer incidir electróns acelerados por unha diferenza de potencial sobre un medio denso como volframio, chumbo ou ferro é o mecanismo habitual para producir raios X). Outras radiacións ionizantes naturais poden ser os neutróns ou os muóns.
As radiacións ionizantes interaccionan coa materia viva, producindo diversos efectos. Do estudo desta interacción e dos seus efectos encárgase a radiobioloxía.
Utilízanse, dende o seu descubrimento por Wilhelm Conrad Röntgen en 1895, na medicina e na industria. A aplicación máis coñecida son os aparellos de raios X, ou o uso de fontes de radiación no eido médico, tanto en diagnose (gammagrafía) como no tratamento (radioterapia en oncoloxía, por exemplo) mediante o uso de fontes (p.ex. cobaltoterapia) ou aceleradores de partículas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- ICRP (2007). "The 2007 Recommendations of the International Commission on Radiological Protection". Annals of the ICRP. ICRP publication 103 37 (2-4). ISBN 978-0-7020-3048-2. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012.