En epidemioloxía, un factor de risco é toda circunstancia ou situación que aumenta as probabilidades dunha persoa de contraer unha doenza ou calquera outro problema de saúde. Os factores de risco implican que as persoas afectadas por devandito factor de risco, presentan un risco sanitario maior ó das persoas sen este factor.

No caso dos diferentes tipos de cancro, cada un ten diferentes factores de risco. Por exemplo, a exposición sen protección ós raios solares é un factor de risco para o cancro de pel, e o fumar é un factor de risco para o cancro de pulmón, larinxe, boca, farinxe, esófago, riles, vexiga urinaria e outros órganos.

Hai que diferenciar os factores de risco dos factores prognóstico, que son aqueles que predín o curso dunha enfermidade unha vez que xa está presente. Existe tamén marcadores de risco, que son características da persoa que non poden modificarse (idade, sexo, estado socio-económico, etc.). Hai factores de risco (idade, hipertensión arterial, etc.) que cando aparece a doenza son á súa vez factores prognóstico (maior probabilidade de que se desenvolva un evento).

En epidemioloxía, os factores de risco son aquelas características e atributos (variables) que se presentan asociados diversamente coa doenza ou o evento estudado. Os factores de risco non son necesariamente as causas, só sucede que están asociadas co evento. Como constitúen unha probabilidade medible, teñen valor predictivo e poden usarse con vantaxes tanto en prevención individual como na comunidade.

O termo "factor de risco" foi utilizado por primeira vez polo investigador de enfermidades cardíacas Thomas Dawber nun estudo publicado en 1961, onde atribuíu á cardiopatía isquémica determinadas situacións como son a presión arterial, o colesterol ou o hábito de fumar.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Case, S.P. and Haines, K.R. (2009) Understanding Youth Offending: Risk Factor Research, Policy and Practice. Cullompton: Willan.