Abrir o menú principal

A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du Traité de l'Atlantique Nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.

North Atlantic Treaty Organization (NATO)

Organisation du Traité de l'Atlantique Nord (OTAN)
Bandeira da OTAN
Bandeira
Escudo da OTAN
Escudo
Lema: Animus in consulendo liber
(Latín: Mente libre na deliberación)
 
Situación de OTAN
 
Sede Bruxelas
Idioma oficial Inglés e francés
Forma de goberno Alianza militar
Jens Stoltenberg
Petr Pavel
Fundación 4 de abril de 1949
Membros
Sitio web nato.int

Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.

O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 29 países anualmente.

HistoriaEditar

O Tratado de Bruxelas, asinado o 17 de marzo de 1948 por Bélxica, os Países Baixos, Luxemburgo, Francia e o Reino Unido considérase o precursor da OTAN [1]. Este tratado e o Bloqueo de Berlín polos soviéticos conduciu á creación da Organización de Defensa da Unión Europea Occidental en setembro de 1948 [2].

 
Conferencia da OTAN en París en maio de 1955.

Non obstante, a participación dos Estados Unidos víase como fundamental para contrarrestar o poder militar da URSS e para previr unha renacenza do militarismo nacionalista, formándose así unha nova alianza militar que se concretou no Tratado do Atlántico Norte, asinado en Washington, D.C. o 4 de abril de 1949 entre os Estados Unidos, os cinco estados asinantes do Tratado de Bruxelas mais Canadá, Portugal, Italia, Noruega, Dinamarca e Islandia.[3] O primeiro secretario xeral foi Hastings Lionel Ismay. O apoio popular ao Tratado non foi unánime, e así en Islandia producíronse disturbios en marzo de 1949.

A creación da OTAN levou tamén á estandarización da terminoloxía, procedementos e tecnoloxía militar, o que significou que en moitos casos os países europeos adoptasen as practicas norteamericanas. Realizáronse arredor de 1300 acordos de normalización que codifican moitas das prácticas comúns, así o cartucho para fusil 7,62x51mm OTAN desenvolvido na década de 1950,o fusil FN FAL, adoptado por 75 países, entre eles moitos fóra da OTA[4] ou o código de sinais para guiar avións en terra estandarizáronse para que os avións puidesen aterrar en calquera base da OTAN. Outros estándares, como o alfabeto fonético da OTAN pasaron ao uso civil.

Países participantesEditar

Mapa de afiliacións da OTAN en Europa Mapa de asociacións da OTAN no mundo
   

MembrosEditar

 
Expansión da OTAN dende a súa fundación.
 
Expansión da OTAN en Europa.

A continuación amósase unha listaxe dos estados membros co seu ano de ingreso na OTAN:

Consello da OTANEditar

Listaxe de Secretarios Xerais da OTAN[5]
# Nome País Período
1 Hastings Lionel Ismay   Reino Unido 4 de abril de 1952 – 16 de maio de 1957
2 Paul-Henri Spaak   Bélxica 16 de maio de 1957 – 21 de abril de 1961
3 Dirk Stikker   Países Baixos 21 de abril de 1961 – 1 de agosto de 1964
4 Manlio Brosio   Italia 1 de agosto de 1964 – 1 de outubro de 1971
5 Joseph Luns   Países Baixos 1 de outubro de 1971 – 25 de xuño de 1984
6 Peter Carington   Reino Unido 25 de xuño de 1984 – 1 de xullo de 1988
7 Manfred Wörner   RFA 1 de xullo de 1988 – 13 de agosto de 1994
Sergio Balanzino   Italia 13 de agosto de 1994 – 17 de outubro de 1994
8 Willy Claes   Bélxica 17 de outubro de 1994 – 20 de outubro de 1995
Sergio Balanzino   Italia 20 de outubro de 1995 – 5 de decembro de 1995
9 Javier Solana   España 5 de decembro de 1995 – 6 de outubro de 1999
10 George Robertson   Reino Unido 14 de outubro de 1999 – 17 de decembro de 2003
Alessandro Minuto-Rizzo   Italia 17 de decembro de 2003 – 1 de xaneiro de 2004
11 Jaap de Hoop Scheffer   Países Baixos 1 de xaneiro de 2004 – 1 de agosto de 2009
12 Anders Fogh Rasmussen   Dinamarca 1 de agosto de 2009 – 30 de setembro de 2014
13 Jens Stoltenberg   Noruega 1 de outubro de 2014 — no cargo
Listaxe de Secretarios Xerais Delegados da OTAN[6]
# Nome País Período
1 Jonkheer van Vredenburch   Países Baixos 1952–1956
2 Baron Adolph Bentinck   Países Baixos 1956–1958
3 Alberico Casardi   Italia 1958–1962
4 Guido Colonna di Paliano   Italia 1962–1964
5 James A. Roberts   Canadá 1964–1968
6 Osman Olcay   Turquía 1969–1971
7 Paolo Pansa Cedronio   Italia 1971–1978
8 Rinaldo Petrignani   Italia 1978–1981
9 Eric da Rin   Italia 1981–1985
10 Marcello Guidi   Italia 1985–1989
11 Amedeo de Franchis   Italia 1989–1994
12 Sergio Balanzino   Italia 1994–2001
13 Alessandro Minuto Rizzo   Italia 2001–2007
14 Claudio Bisogniero   Italia 2007–2012
15 Alexander Vershbow   Estados Unidos 2012– no cargo
Función de Secretario Xeral

NotasEditar

  1. Phinnemore, David e McGowan, Lee (2013)A Dictionary of the European Union Routledge, p. 461
  2. Isby, David C.; Kamps Jr., Charles (1985). Armies of NATO's Central Front. Jane's Information Group, p. 13
  3. "A short history of NATO". NATO. 2 de abril 2012. Consultado o 10 de abril 2012. 
  4. Willbanks, James H. (2004). Machine Guns: An Illustrated History of Their Impact. ABC-CLIO, pp. 129-130
  5. nato.int (ed.). "Le Secrétaire général de l'OTAN". Consultado o 2 de abril de 2016. 
  6. nato.int (ed.). "Le secrétaire général délégué de l'OTAN". Consultado o 2 de abril de 2016. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar