Tratado Dous Máis Catro

O Tratado Dous máis Catro tamén chamado Tratado sobre o acordo final con respecto a Alemaña foi un acordo asinado en 1990 entre a República Federal de Alemaña (RFA), a República Democrática Alemá (RDA) e mailas catro potencias que ocuparon a Alemaña nazi tralo fin da segunda guerra mundial en Europa: Francia, o Reino Unido, os Estados Unidos e maila Unión Soviética.

O Tratado facilitou o camiño para a reunificación alemá e foi asinado o 12 de setembro de 1990 en Moscova, entrando en vigor o 15 de marzo de 1991, data do depósito dos derradeiros documentos de ratificación nunha cerimonia oficial.[1][2]

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "Gesetz zu dem Vertrag vom 12. September 1990 über die abschließende Regelung in bezug auf Deutschland". Bundesgesetzblatt (en alemán). Teil II (38): 1317–1329. 13 de outubro de 1990. Archived from the original on 27 de abril de 2014. Consultado o 09 de maio de 2019. (Artigo segundo)
  2. "Bekanntmachung über das Inkrafttreten des Vertrags über die abschließende Regelung in bezug auf Deutschland". Bundesgesetzblatt (en alemán). Teil II (9): 587. 15 de marzo de 1991. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar