Joseph Antoine Marie Hubert Luns, nado en Róterdam, Países Baixos, en 1911 e finado en Bruxelas, Bélxica, en 2002, foi un político holandés, ministro de Asuntos Exteriores no seu país e secretario xeral da OTAN entre 1971 e 1984.

Joseph Luns
Nome completoJoseph Marie Antoine Hubert Luns
Nacemento28 de agosto de 1911
Lugar de nacementoRotterdam
Falecemento17 de xullo de 2002
Lugar de falecementoBruxelas
SoterradoThe Hague Roman Catholic Cemetery
NacionalidadeReino dos Países Baixos
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Leiden, London School of Economics, Universidade de Ámsterdam e Ignatius Gymnasium
Ocupaciónpolítico e diplomático
PaiHuib Luns
IrmánsTheo Luns
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Medalla Presidencial da Liberdade, Premio Carlomagno, Companion of Honour, Oficial da Ordem Militar de Cristo e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
Na rede
Discogs: 2737658 Find a Grave: 25650847 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación editar

Estudou xurisprudencia na Universidade de Ámsterdam e Leiden, e máis tarde aumentou os seus estudos na London School of Economics e na Universidade de Berlín.

Funcionario e diplomático editar

En 1938 obtivo unha praza de funcionario no Ministerio de Asuntos Exteriores, pero durante a Segunda guerra mundial traballou no goberno holandés no exilio en Londres, así como como diplomático dos aliados en Suíza, Portugal e o Reino Unido.

Actividade política editar

Entre 1933 e 1936 foi membro do Partido Nacional Socialista dos Países Baixos (Nationaal-Socialistische Beweging in Nederland, NSB), partido con tendencias nazis pero que aínda non falaba abertamente do seu posterior antisemitismo.[1]

Entre 1949 e 1952 foi o representante do seu país na Organización das Nacións Unidas con sede en Nova York.

Máis tarde foi membro do Partido Popular Católico ( Katholieke Volkspartij, KVP) e en 1956 foi nomeado Ministro de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou até 1971, baixo os sucesivos gobernos de Willem Drees, Louis Beel, Jan de Quay, Victor Marijnen, Jo Cals, Jelle Zijlstra e Piet de Jong. Durante os seus mandatos negouse a entregar a Nova Guinea Occidental, a parte occidental da illa de Nova Guinea baixo mandato neerlandés, ás autoridades indonesias até que se viu obrigado a facer esta entrega pola administración do presidente estadounidense John F. Kennedy.


En 1967 foi galardoado co Premio Internacional Carlomagno, concedido pola cidade de Aquisgrán, polos seus esforzos a favor da unidade europea. Dous anos despois foi o home máis popular do seu país segundo unha enquisa.[2]

Asinante no lado holandés do Tratado de Roma que marcou a fundación da Comunidade Económica Europea (CEE), bloqueou posteriormente varios intentos de Charles de Gaulle e Konrad Adenauer de crear unha unión política por temor a crear un "condominio europeo franco-alemán".

Secretario Xeral da OTAN editar

En outubro de 1971, foi nomeado quinto secretario xeral da OTAN, en substitución do italiano Manlio Brosio.[3][4] Durante a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da OTAN avogou por un rearme europeo a grande escala mediante a instalación de mísiles de cruceiro para facer fronte ao bloque do leste.

O seu apoio explícito á política colonial do portugués Antonio de Oliveira Salazar nas colonias de Mozambique e Angola valeulle as críticas de moitos países africanos, pero ao mesmo tempo recibiu o apoio dos Estados Unidos de América. En decembro de 2022, documentos desclasificados do Servizo Nacional de Seguridade neerlandés (BVD) sobre obxectivos de investigación entre 1948 e 1998, mostraron que Luns rompeu o embargo de armas ao goberno salazarista do Estado Novo.[2]

Cargos públicos
Precedido por:
Jan Willem Beyen
Ministro de Asuntos Estranxeiros

19561971
Sucedido por:

Norbert Schmelzer
Precedido por:

Manlio Brosio
Secretario xeral da OTAN

 


19711984
Sucedido por:

Peter Carington

Notas editar

  1. Orlow, Dietrich (2013-10-18). The Nazi Party 1919-1945: A Complete History (en inglés). Enigma Books. ISBN 978-1-929631-57-5. 
  2. 2,0 2,1 "Antigo líder da NATO furou embargo de armas à ditadura portuguesa". Esquerda (en portugués). Consultado o 2023-01-09. 
  3. NATO. "Manlio Brosio, 1964 - 1971". NATO (en inglés). Consultado o 2023-01-09. 
  4. NATO. "Netherlands and NATO - 1949". NATO (en inglés). Consultado o 2023-01-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar