Illamento topográfico

O illamento topográfico dun cume é a distancia mínima do gran círculo até un punto de elevación igual, o que representa un radio de dominancia no que o cume é o punto máis alto

O illamento topográfico dun cume é a distancia mínima do gran círculo até un punto de altitude igual, o que representa un radio de dominancia no que o cume é o punto máis alto.[1] Pódese calcular para pequenos outeiros e illas, así como para os principais picos das montañas, e mesmo se pode calcular para os cumes submarinos.

Illamento topográfico e prominencia

Cumes con maior illamento xeográfico

editar

A seguinte táboa ordenable enumera os 40 cumes máis illadas topográficamente da Terra. A táboa pódese ordenar alfanuméricamente por cada columna facendo clic na icona  situada na parte superior da columna correspondente.

Os 40 cumes máis illadas topográficamente da Terra
n.º Nome cume Masa de terra País Altitude

(m)

Prominencia

(m)

Illamento

(km)

Cume veciña máis alta
1 Monte Everest Eurasia   China
  Nepal
8.848 8.848 n/a n/a [2]
2 Aconcagua América do Sur   Arxentina 6.961 6.961 16.533 Tirich Mir (Paquistán) [3]
3 Denali América do Norte   Estados Unidos (Alasca) 6.191 6.155 7.436,9   Yanamax (China) [4]
4 Kilimanjaro África   Tanzania 5.895 5.885 5.509,70 Tirich Mir (Paquistán) [3]
5 Puncak Jaya Nova Guinea   Indonesia 4.884 4.884 5.261,65 Jade Dragon Snow Mountain (China)
6 Macizo Vinson Antártida   Antártida 4.892 4.892 4.860,83 Risco Plateado (Arxentina)
7 Mont Orohena Tahití   Polinesia Francesa 2.241 2.241 4.128,07 Ngauruhoe (Nova Zelandia)
8 Mauna Kea Hawai   Estados Unidos (Hawai) 4.205 4.205 3.946,92 Monte Shasta (California,Estados Unidos de América)
9 Gunnbjörn Groenlandia   Groenlandia 3.694 3.694 3.254,12 Eiger (Suíza)
10 Aoraki/Mount Cook Illa Sur   Nova Zelandia 3.754 3.754 3.139,82 Monte Adam (Antártida)
11 Thabana Ntlenyana África   Lesoto 3.482 2.390 3.003,28 Monte Meru (Tanzania)
12 Maunga Terevaka Illa de Pascua   Chile 506 506 2.836,17 Cerro de Los Inocentes (Chile)
13 Mont Blanc Eurasia   Francia
  Italia
4.810 4.697 2.812,04 Kukurtlu Dome (Cáucaso,Rusia)
14 Piton des Neiges Réunion   Francia 3.071 3.071 2.767,30 Giant's Castle (Suráfrica)
15 Klyuchevskaya Sopka Eurasia   Rusia (Kamchatka) 4.750 4.649 2.748,28 Monte Foraker (Alasca,Estados Unidos de América)
16 Pico de Orizaba América do Norte   México 5.636 4.922 2.690,27 Pico Cristóbal Colón (Colombia)
17 Queen Mary's Peak Tristan da Cunha   Santa Helena 2.060 2.060 2.665,34 Monte Paget (Illa Xeorxia do Sur,Territorio Británico de Ultramar)
18 Monte Whitney América do Norte   Estados Unidos (California) 4.421 3.072,38 2.649,47 Nevado de Toluca (México)
19 Monte Kinabalu Borneo   Malaisia 4.095 4.095 2.538,23 Ngga Pilimsit (Indonesia)
20 Monte Elbrus Eurasia   Rusia 5.642 4.741 2.472,69 Pik Agasis (Taxiquistán)
21 Pico da Bandeira América do Sur   Brasil 2.897 2.647 2.392,74 Cerro Naranjos (Bolivia)
22 Monte Camerún África   Camerún 4.040 3.901 2.337,92 Monte Mikeno (República Democrática do Congo)
23 Monte Paget Illa Xeorxia do Sur   Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur 2.915 2.915 2.269,12 Welch Mountains (Antártida)
24 Monte Silisili Savaii   Samoa 1.858 1.858 2.245,43 Tabwemasana (Vanuatu)
25 Nevado Huascarán América do Sur   Perú 6.746 2.776 2.196,26 Tres Cruces (Chile/Arxentina)
26 Anai Mudi Eurasia   India 2.695 2.480 2.115,33 Machapuchare (Nepal)
27 Jebel Toubkal África   Marrocos 4.167 3.755 2.078,45 Picco Luigi Amedeo (Italia)
28 Monte Fuji Illa de Honshu   Xapón 3.776 3.776 2.077,04 Ch'ih-k'e Shan
29 Emi Koussi África   Chad 3.445 2.934 2.000,77 Monte Camerún (Camerún)
30 Pico Mawson ILla Heard   Australia (Illa Heard e Illas McDonald) 2.745 2.745 1.921,63 Monte McMaster (Antártida)
31 Monte Mitchell América do Norte   Estados Unidos (North Carolina) 2.037 1.857 1.913,48 Lone Butte (Colorado,Estados Unidos de América)
32 Gunung Kerinci Sumatra   Indonesia 3.805 3.805 1.904,84 Monte Kinabalu (Malaisia)
33 Joe's Hill Agrihan   Illas Marianas do Norte 965 965 1.901,74 Monte Amagi (China)
34 Agrihan High Point Illa Christmas (Kiribati)   Kiribati 13 13 1.903 Mauna Loa (Hawai, Estados Unidos de América)
35 Monte Kosciuszko Australia   Australia 2.228 2.228 1.894,83 Tutoko (Nova Zelandia)
36 Olavtoppen Illa Bouvet   Noruega (Illa Bouvet) 780 780 1.856,34 Edinburgh Peak (Illa de Gough,Territorio Británico de Ultramar)
37 Mascarin Peak Illa Marión   Suráfrica 1.230 1.230 1.847,77 Cockscomb (Suráfrica)
38 Green Mountain Illa de Ascensión   Santa Helena 859 859 1.842,26 Mont Richard-Molard (Costa do Marfil-Guinea)
39 Narodnaya Eurasia   Rusia 1.895 1.772 1.835,59 Kattotjåkkå (Suecia)
40 Yu Shan Taiwán   Taiwán 3.952 3.952 1.814,83 Peak 4030 (China)

Exemplos

editar
  • O pico máis próximo á montaña máis alta de Alemaña, o Zugspitze de 2.962 m de altura, é o Zwölferkogel (2.988 m) nos Alpes de Stubai de Austria. A distancia entre o Zugspitze e este contorno 2.962 m está a 25,8 km; o Zugspitze é, por tanto, o pico máis alto nun radio de 25,8 km ao redor. O seu illamento é así de 25,8 km.
  • Dado que non hai montañas máis altas que o monte Everest, non ten un illamento definitivo. Moitas fontes enumeran o seu illamento como a circunferencia da terra sobre os polos ou —cuestionablemente, porque non hai unha definición acordada—, como a metade da circunferencia da terra.
  • Despois do monte Everest, o Aconcagua, a montaña máis alta de todas as montañas do continente americano, ten o maior illamento de todas elas. Non hai terras máis altas en 16.534 km en que o Tirich Mir excede por primeira vez a súa altura no Hindu Kush.
  • O Mont Blanc é a montaña máis alta dos Alpes. As montañas máis altas xeograficamente máis próximas están todas no Cáucaso. O Kukurtlu (4.912 m), que se eleva cerca do Elbrus (5.633 m), é o pico de referencia para o Mont Blanc.

Galería de imaxes

editar
  1. José Martínez Hernández (Diciembre 2010). Las 100 cumbres más prominentes de la Península Ibérica (en castelán) (1.ª ed.). Madrid: Desnivel ediciones. pp. 11–18. ISBN 9788498292039. 
  2. PeakVisor. "Mount Everest" (en inglés). Consultado o 01-02-2021. 
  3. 3,0 3,1 PeakVisor. "Cerro Aconcagua" (en inglés). Consultado o 01-02-2021. 
  4. PeakVisor. "Denali" (en inglés). Consultado o 01-02-2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar