Sofía Casanova

xornalista, poeta e novelista galega

Sofía Guadalupe Pérez Eguía y Casanova de Lutoslawski, máis coñecida como Sofía Casanova, nada na Coruña[1] o 30 de setembro de 1861 e finada en Poznan (Polonia) o 16 de xaneiro de 1958[2], foi unha actriz de teatro, poeta, novelista e xornalista galega moi prolífica.

Infotaula de personaSofía Casanova

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Sofía Guadalupe Pérez y Casanova de Lutosławski Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Sofía Guadalupe Pérez y Casanova Editar o valor em Wikidata
30 de setembro de 1861 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Poznan, Polonia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio parroquial de san Xoán-Bautista-María Vianney en Poznań Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , poeta , escritora , actriz Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e crónica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWincenty Lutosławski
FillosIzabela Lutosławska Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 3222 BUSC: casanova-sofia-1862-1958

Durante a súa mocidade dedicouse á interpretación. Formou parte do Teatro Español e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional. Nestes anos frecuentou os círculos literarios de Madrid, onde se iniciou na poesía. Logo do seu casamento co diplomático e intelectual polaco Wincenty Lutosławski viviu en Moscova, Londres e Polonia, amais das tempadas que pasaba en Madrid ou na súa casa de Mera, Oleiros.

Amais de escribir poesía, novela e teatro, traduciu diversas obras do polonés e ruso ao castelán. Nomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926, tiveron máis sona as súas crónicas e escritos xornalísticos. Foi a primeira española correspondente permanente dun diario no estranxeiro e a segunda española correspondente de guerra.[3] Sofía Casanova viviu de primeira man as dúas guerras mundiais e a Revolución Rusa. Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa. Traballou como correspondente do diario ABC e os seus escritos apareceron en publicacións como El Ideal Gallego, Revista Gallega, Galicia Moderna, El Eco de Galicia e Ilustración Gallega. Destacan nesta faceta xornalística a súa entrevista a Lev Trotski e a crónica da morte de Grigorii Rasputin.

Foi membro correspondente dende os inicios da Real Academia Galega e en 1952 foi nomeada membro de honra dela. Os esforzos na recuperación desta figura nas últimas décadas non están exentos de polémica, debido ás conviccións conservadoras de Sofía Casanova.

Traxectoria editar

Sofía Guadalupe Pérez Casanova naceu o 30 de setembro de 1861 ás 12 da mañá na rúa Espoz y Mina (hoxe rúa San Andrés) da Coruña, no primeiro piso do número 141.[4] Malia que a propia Sofía declarara nacer no pazo de Ombre en Almeiras (Culleredo), [5] segundo a investigadora Rosario Martínez, a familia trasladouse a Almeiras tempo despois.[6]

Era filla natural de Vicente Pérez Eguía, nacido en Refoxos (Cortegada) e de Rosa Casanova Estomper, natural de Nova Orleáns (EUA) e solteira.[7] Porén, na súa partida de nacemento non aparecen referencias ao pai, e figura como Sofía Guadalupe Casanova. Os pais casaron despois de nacer Sofía, o 8 de xaneiro de 1863, na igrexa de San Xurxo da Coruña.[8][9] O seu avó paterno, Juan Manuel, falecido antes do seu bautismo, era natural de Valongo (Cortegada), mentres que a súa avoa paterna nacera en Madrid. Pola banda materna a súa avoa Isabel Estomper procedía de Nova Orleáns e casara con Juan Bautista Casanova Plá Cancela[5], natural de Ferrol.

Ao parecer, o pai de Sofía embarcou no buque Esperanza cara a América en 1865. O navío naufragou e non se volveu saber do seu paradoiro, xa que non figuraba o seu nome nas listas de pasaxeiros.[10] Segundo o investigador Marcel Piznik, Vicente Pérez Eguía usaría un nome falso para embarcar, xa que estaba buscado pola policía pola impresión de billetes falsos da lotaría nacional.[11]

O abandono do pai influíu significativamente na situación económica da familia. Esta é unha das posíbeis razóns do traslado da familia de Sofía a Madrid sendo ela unha mociña.[12] A nai, viúva en vida, acolleuse á protección dos pais, que daquela tiñan moi boas relacións en Madrid e na corte da Restauración derivadas da rama militar da familia. Estas relacións, e unha cultura de favores propia da época, permitiu que Sofía e os seus irmáns non só fosen aceptados na sociedade burguesa, senón que tamén puidesen acceder a unha refinada formación intelectual.[12][13] Ela e o seu irmán Vicente ingresaron no Conservatorio de Música e Declamación de Madrid.

Dende moi nova Sofía comezou a interpretar papeis en obras teatrais de tipo benéfico e acabou por converterse en actriz profesional, motivada polas necesidades económicas da familia.[14] Entre 1878 e 1880 formou parte da nómina do Teatro Español e entre 1880 e 1881 do Teatro da Zarzuela. Esta faceta artística foi en boa medida ocultada posteriormente pola propia Sofía, probabelmente debido á mala reputación á que as mulleres que traballaban no teatro eran asociadas daquela.[14]

 
Retrato de Sofía Casanova.

Iniciouse na poesía a través dos círculos literarios de Madrid, creados en torno a figuras como o Marqués de Valmar ou Ramón de Campoamor.[15] Este último converteuse nunha especie de mentor para Sofía. Foi el quen lle presentou ao que sería o seu futuro marido, Wincenty Lutosławski, un intelectual, diplomático[15] e terratenente polaco, cando ela tiña 23 anos.[16] Hai diversas versións sobre un autógrafo ao que Wincenty engadira unha frase en polaco en que indicaba que ela ía ser a súa muller.[16][17][18] O certo é que Sofía rompeu a súa relación co poeta Salvador Rueda e casou con Lutosławski en 1887.[19][20] Tralo casamento, Sofía mudouse á casa da familia Lutoslawsky no dominio de Drozdowo, cerca de Poznań. Esta casa é visitábel na actualidade, xa que alberga o Museo da Natureza dende 1984.[21][22] Tamén acompañou o seu home en moitas das viaxes que el facía por motivos profesionais ao longo de Europa. En 1888 o matrimonio mudouse a Moscova e tempo despois a Londres. Dende alí volveron a Polonia no ano 1894.

Tivo catro fillas con Wincenty Lutosławski, mais ningún varón. Segundo a investigadora Luisa Monsetny, Lutoslawski tiña unha obsesión cun mito forxado a través do poeta Adam Mickiewicz (concretamente no seu poema Dziady de 1832), e cría que ía ser o pai do futuro salvador de Polonia, nado da unión dun polaco cunha estranxeira.[16][23] A última das fillas do matrimonio, Halina, naceu en Mera, Oleiros, en 1897.[15]

 
Retrato de tres das fillas de Sofía Casanova e Wincenty Lutosławski.

Un dos dramas que contribuíu a desestabilizar o matrimonio foi a enfermidade da súa filla Yadwiga. Esta agravouse pola decisión do pai de non sometela a ningún tratamento médico, convencido de que el mesmo sandaría a pequena coa súa propia enerxía.[15] Tras a morte da filla en 1895, Sofía caeu nunha profunda depresión.[15]

Sofía separouse de Lutoslawski no verán de 1907[24] e viaxou a Madrid, de onde non partiría a Polonia até o inicio da primeira guerra mundial en 1914.[24][25] Porén, en 1915 tivo que deixar Varsovia polo avance da guerra. Estabeleceuse en Moscova e posteriormente en San Petersburgo, onde foi testemuña da Revolución Rusa. Conseguiu regresar a Polonia en setembro de 1918 e a España coa fin da gran guerra.[15]

Morreu aos 96 anos sen poder volver a Galicia como era o seu desexo. Está enterrada á beira da súa criada e amiga Josefa López (Pepiña) no cemiterio de Poznan.[26]

Viaxes a Galicia editar

 
Casanova en Alma Gallega (Montevideo) en 1922.

En novembro de 1889 regresou a España, onde permaneceu ata abril de 1890.[14]

No verán de 1896, a familia trasladouse á súa casa en Mera, onde naceu no ano seguinte a cuarta filla, Halina.[15] Nesta época, Casanova comezou a frecuentar a compañía doutras escritoras da Galicia da época, entre elas Fanny Garrido, Filomena Dato e Emilia Pardo Bazán.[15] Os seus escritos foron publicados por Revista Gallega, Galicia Moderna[27], El Eco de Galicia[15] e Ilustración Gallega.

En 1919 pasou en Galicia de xullo a outubro. Aproveitou para escribir unha serie de oito artigos para o xornal ABC baixo o título "Por Galicia".[28] En maio de 1925 fixo unha viaxe por Galicia na que visitou A Coruña[29][30], onde permaneceu oito días, Compostela e Lugo. Dende Lugo marchou a Madrid.[31]

Obras editar

A carreira literaria de Sofía Casanova abrangue un amplo volume de obras en varios xéneros: poesía, conto, teatro, novela e crónica xornalística. O seu primeiro libro, Poesías, apareceu en 1886.[5] Na súa estadía en España, logo da separación do seu marido, facía colaboracións en publicacións como El Imparcial, La España Artística ou El Liberal.[32] En Madrid tivo unha vida social e intelectual moi activa, e relacionouse coa intelectualidade española do momento. Foi membro, xunto a Blanca de los Ríos, da Academía da Poesía Española.[33]

 
En Vida Gallega en 1919.

Considerada unha das xornalistas españolas máis importantes do século XX,[34] Sofía foi a segunda correspondente de guerra española. Carmen de Burgos fora a primeira, ao traballar para El Heraldo de Madrid cubrindo a guerra de Marrocos en 1909.[35] Porén, algúns investigadores declaran que Sofía debería ser considerada a primeira, de acordo co grado de profesionalización e permanencia nesta actividade.[12][36] Ambas as xornalistas foron amigas.[1] Casanova foi proposta como correspondente permanente do ABC por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio.[37]

Actuou como correspondente do ABC en Polonia de 1915 a 1944 e chegou a publicar máis de 850 crónicas. As tres recompilacións da súa obra xornalística feitas na época non abranguen a súa totalidade.[13] Tense cuestionado a natureza destes relatos como crónicas de guerra ou relatos da fronte.[38] A última das súas crónicas, escrita en Poznan en decembro de 1957, foi publicada a título póstumo no suplemento Blanco y Negro do 1 de febreiro de 1958.[39]

En El Ideal Gallego publicou unha serie de artigos entre outubro de 1919 e febreiro de 1920 nos que facía unha crónica da súa experiencia durante a primeira guerra mundial. Tratábanse de notas autobiográficas inicialmente destinadas á súa nai, mais acabaron sendo publicadas, unha vez recuperadas, como serie neste medio baixo o título “En los caminos del fuego y la nieve".[34][40]

Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa, presenciando os diferentes cambios territoriais que deron en boa medida a configuración política actual.[41] Destacan, no seu labor xornalístico, a entrevista a Lev Trotski en 1917[42] e a crónica da morte de Grigorii Rasputin para o diario ABC.[43]

Só conta cunha obra teatral, a comedia La madeja, estreada en 1913 no Teatro Real de Madrid, baixo a presidencia de Benito Pérez Galdós. [32]

Realizou un labor de tradutora do polonés e o ruso para o castelán. Son da súa autoría as primeiras traducións españolas das obras de Henryk Sienkiewicz.[44][44][45] Traduciu do ruso a obra de Sofia Vasilevsna Kovalevskaia Nigilistka, publicada en español como Zofja Kowalewska. Una nihilista. Novela rusa (Madrid, Pérez Villavivencio edit., 1909).[46]

Como xornalista e cronista destacan os artigos publicados en ABC entre 1915 e 1936 e os títulos La mujer española en el extranjero (Madrid, 1910), De la Revolución Rusa (Madrid, 1918), Impresiones de una mujer en el frente oriental de la guerra europea (Madrid, 1919), La revolución bolchevista. Diario de un testigo]' (Madrid, 1920) ou El martirio de Polonia (Madrid, 1946).

 
Retrato en Vida Gallega, 1933.
  • Poesías, Madrid, 1886
  • Fugaces, Biblioteca Gallega, 1898. (reeditado en 2017 pola editorial Torremozas)[47][48]
  • La Ventura (ensayo de novela), o seu primeiro relato longo, publicado por entregas na revista La Moda Elegante entre o 30 de maio e o 14 de setembro de 1890.[14]
  • El cancionero de la dicha (poesía)
  • Amores y confidencias: de Rusia. Madrid, Libr. y Edit. Madrid, 1927 (Obras completas, 4)
  • Las catacumbas de Rusia roja. Madrid, Espasa Calpe, 1933
  • Como en la vida. Madrid, Aguilar, 1931
  • Como en la vida. Madrid, 1947 (Novelas y cuentos, Ano 19, nº 951)
  • El crimen de Beira-Mar. Madrid, Talleres de Ediciones Españolas, 1914 (El libro popular, Ano 3, nº 8)
  • De la guerra: crónicas de Polonia y Rusia. Primera serie. Madrid, Renacimiento, 1916
  • De la Revolución rusa en 1917. Madrid, Renacimiento, 1917
  • El doctor Wolski: páginas de Polonia y Rusia. Madrid, Imp. del Suc. de J. Cruzado a cargo de Felipe Marqués, 1894
  • El doctor Wolski. Madrid, Prensa Popular, 1920 (La novela corta, Ano 5, nº 255)
  • El doctor Wolski. Madrid, Libr. y Edit. Madrid, 1925 (Obras completas, 2)
  • El dolor de reinar. Madrid, Publicaciones Prensa Gráfica, 1925 (La novela semanal, Ano 5, nº 213)
  • En la corte de los zares. Madrid, Libr. y Edit. Madrid, 1924 (Obras completas, 1)
  • En la corte de los zares (del principio y del fin del imperio). Madrid, Biblioteca Rubén Darío, 1929 (Obras completas, 1)
  • Episodio de guerra. Madrid, Prensa Popular, 1921 (La novela corta, Ano 6, nº 299)
  • Lo eterno. Madrid, Prensa Popular, 1920 (La novela corta, Ano 5, nº 218)
  • Exóticas. Madrid, Suc. de Hernando, 1913
  • Galicia la inefable. Edición de Mª Rosario Martínez Martínez. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1996
  • Idilio epistolar. Madrid, Aguilar, 1931
  • Kola el bandido. Madrid, Publicaciones Prensa Gráfica, 1923 (La novela semanal, Ano 3, nº 101)
  • La madeja. Madrid, Imp. de “Alrededor del mundo”, 1913 (Los contemporáneos y los maestros, 241) [Teatro]
  • El martirio de Polonia. 2.ª ed. Madrid, Atlas, 1945 (con Miguel Branicki)
  • La mujer española en el extranjero: conferencia. Madrid, 1910
  • El pecado. Madrid, Imp. de Alrededor del Mundo / Libr. de los Suc. de Hernando, 1911 (Biblioteca de escritores gallegos, 10)
  • El pecado. Madrid, Libr. y Edit. Madrid, 1926 (Obras completas, 3)
  • El pecado. Madrid, Dédalo, [193-?] (Novelas y cuentos)
  • Princesa del amor hermoso. Madrid, Impr. Artística Española, 1909 (El cuento semanal, Ano 3, nº 156), ilustrado por Castelao[49][50][51]
  • Princesa del amor hermoso. En: Novelas breves de escritoras españolas, 1900-1936. Edición de Ángeles Ena Bordonada. Madrid, Castalia / Instituto de la Mujer, 1990 (Biblioteca de escritoras, 10)
  • Princesa rusa. Madrid, Publicaciones Prensa Gráfica, 1922 (La novela semanal, Ano 2, nº 55)
  • La revolución bolchevista: (diario de un testigo). Madrid, Biblioteca Nueva, 1920
  • La revolución bolchevista: (diario de un testigo). Edición de M. Victoria López Cordón. Madrid, Castalia / Instituto de la Mujer, 1990 (Biblioteca de escritoras, 11)
  • Sobre el Volga helado. Madrid, Prensa Popular, 1919 (La novela corta, Ano 4, nº 196)
  • Triunfo de amor. Madrid, Prensa Popular, 1919 (La novela corta, Ano 4, nº 186)
  • Valor y miedo. Madrid, Prensa Popular, 1922 (La novela corta, Ano 7, nº 348)
  • Viajes y aventuras de una muñeca española en Rusia. Burgos, Hijos de Santiago Rodríguez, 1920

Pensamento político e polémica editar

No ideolóxico, Sofía Casanova mantivo ao longo da súa vida unhas conviccións polo xeral conservadoras, enraizadas na súa profesión da fe católica. Estivo exposta ás diferentes correntes do catolicismo, tanto en Polonia como en España. Con todo, en opinión do seu neto, Karol Meissner, ela tiña unha visión moi persoal da relixión, á que consideraba o fundamento da cultura humana.[52] Malia que inicialmente semellou expectante dos cambios que proclamaba a Revolución de Outubro, especialmente no que podía significar para a independencia do pobo polaco do poder do tsarismo, co tempo a súa postura tornouse claramente anticomunista.

 
Sofía Casanova fai o saúdo fascista arrodeada dos seus netos na súa casa de Polonia no 1938.

Considérase que puido facer uso dos seus contactos en España para axudar a fuxir xudeus que coñecía, aínda que non está claro se foi un acto altruísta ou a cambio dunha compensación económica.[53] Ela declarouse non antisemita, mais algunhas das descricións que fixo da comunidade xudía nas crónicas "Por la Europa del armisticio" foron bastante discutidas no seu momento.[54]

A recuperación da súa figura e as publicacións e homenaxes a partir da última lexislatura autonómica de Manuel Fraga foron criticadas duramente por Xosé Enrique Acuña, comisario de exposicións, quen incide sobre a creación dunha visión parcial desta figura tan complexa. Durante a ditadura franquista fíxose un uso propagandístico dos seus textos. Sofía Casanova, como outros intelectuais do seu tempo, apoiou publicamente a Franco[55][56] e mostrou especial simpatía polo nazismo e mais polo fascismo. Estes son os principais puntos que desatan a polémica respecto ás homenaxes que se lle fixeron.[38][57]

Segundo o investigador da figura de Lutosławski, Marcel Piznik, Sofía Casanova plaxiou dúas obras de Henryk Sienkiewicz, Szkice węglem (en galego, "Bosquexos en carbón") e Rodzina Polanieckich (en galego, "A familia Polanieckich"), as cales publicou baixo distinto título.[41]

Recoñecementos editar

Que é o que máis me preocupou na vida?

A familia. A educación das miñas fillas. Conseguín facer delas
unhas admirables mulleres de fogar. Logrei entregar ós seus maridos

intacto o depósito sagrado que Deus me confiara... E son moi felices.
—Entrevista a Sofía Casanova. La Esfera, 4 de abril de 1925: 16-17.
(Tradución do orixinal en castelán).

Sofía foi membro correspondente da Real Academia Galega dende os inicios desta. Finalmente, foi nomeada académica de honra por unanimidade en 1952, malia non publicar ningunha obra en galego.[5] Amais, foi nomeada filla adoptiva da cidade de Ourense en marzo de 1914.[58]

En maio de 1919 o embaixador de España en Rusia solicitoulle ao goberno español que lle fose entregada a Cruz de Beneficencia a Sofía Casanova polo seu traballo atendendo os feridos nos hospitais rusos.[59] En 1925 foille concedida a gran Cruz de Afonso XII ao mérito civil.[60]

En 1926 figurou entre as persoas nomeadas ao Premio Nobel de Literatura. A súa candidatura foi asinada por Antonio Maura,[32] Jacinto Benavente e outros catro membros da Real Academia Española.[61][62] Ese ano o premio foi acadado por outra escritora, Grazia Deledda.

En Galicia levan o seu nome dous centros de ensino, un en Ferrol e outro en Culleredo. Diversas cidades galegas teñen rúas co seu nome.

En 2011 estreouse un documental biográfico, dirixido por Marcos Gallego en colaboración con Gonzalo G. Velasco, A maleta de Sofía,[12] título baseado nos seus diarios desaparecidos. O Instituto Polaco de Cultura celebrou o 7 de novembro de 2013 unha homenaxe a Sofía Casanova en Madrid, durante a que se proxectou o documental de Marcos Gallego La otra Galicia.[63][64]

A primeira novela da escritora Inés Martín Rodrigo, Azules son las horas, xira en torno á vida de Sofía Casanova.[65][66]

En 2018 foi proposto o seu nome para un dos edificios da Universidade de Vigo.[67]

A súa biografía inspirou unha escape room en Cidade Real.[68]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Sofía Casanova, correspondente de guerra", en Álbum de mulleres.
  2. "Falleció en Poznan (Polonia) la ilustre escritora doña Sofía Casanova". El Correo Gallego. 26 de xaneiro de 1956. 
  3. "Persona - Casanova, Sofía (1861-1958)". PARES. Consultado o 2018-12-20. 
  4. Partida de nacemento de Sofía Casanova. (1861) .Libro Rexistro de nacementos da idade da Coruña . Nacemento nº 715, folio 14. Arquivo Histórico Municipal da Coruña
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Bugallal y Marchesi, José Luís (1958). "Sofía Casanova: Un siglo de glorias y dolores". Boletín da Real Academia Galega (327-332): 141–172. ISSN 1576-8767. 
  6. Pérez Leira, Lois. "Sofía Casanova". www.enciclopediadaemigraciongalega.com. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  7. Copia literal da fe de bautismo de Sofía Casanova. Libro de bautizados número 25 (anos 1860-1863) da parroquia de San Xurxo da cidade da Coruña, folio 259 e volta. Arquivo Histórico diocesano. Santiago de Compostela.
  8. Segundo consta nunha anotación á marxe da copia literal da fe de bautismo de Sofía Casanova. Libro de bautizados número 25 (anos 1860-1863) da parroquia de San Xurxo da cidade da Coruña, folio 259 e volta. Arquivo Histórico diocesano. Santiago de Compostela.
  9. Partida de matrimonio (1863). Libro rexistro de matrimonios da cidade da Coruña. Matrimonio nº 1. Arquivo Histórico Municipal da Coruña
  10. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en min 10:14. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  11. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en 10:45. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  13. 13,0 13,1 Martínez Martínez, Rosario (2015 (revisado feb 2016)). "Emilia Pardo Bazán y Sofía Casanova, cronistas de la Gran Guerra" (PDF). La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (10): 51–92. ISSN 1697-0810. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Martínez Martínez, Mª Rosario (2016). "La Ventura (Ensayo de novela), una obra desconocida de Sofía Casanova". Nalgures XII: 391–425. ISSN 1885-6349. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 15,8 Cabrera Pérez, Cristina. "Sofía Casanova, primera corresponsal de guerra" (PDF). idus.us.es. Consultado o 20 de decembro de 2018. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Pitollet, Camille (1958). "Unas notas sobre Sofía Casanova". Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo. XXXIV: 133–152. 
  17. "Ta kobieta bedzie moja zona", en galego "Esta muller vai ser a miña esposa", citado en Martínez Martínez, Rosario (1999). Sofía Casanova: Mito y literatura. Xunta de Galicia. p. 59. ISBN 84-453-2397-0. 
  18. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en 15:47. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  19. Martínez Martinez, Rosario (2010). "En la trayectoria vital de Sofía Casanova, unas cartas personales a Blanca de los Ríos". Vida e tempo de Sofía Casanova (1861-1958). Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. ISBN 978-84-00-09130-9. 
  20. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en 16:37. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  21. "Muzeum Przyrody w Drozdowie". www.muzeum-drozdowo.pl. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  22. "Sofía Casanova: Poetisa, escritora y primera mujer corresponsal en el extranjero". Etheria Magazine (en castelán). 2018-09-10. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  23. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en min 18:13. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  24. 24,0 24,1 Hooper, Kristy (2008-12-15). "Sofia Casanova (1861-1958)". web.archive.org. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  25. "Notas de la corte". ABC (xornal): 5. 24 de febreiro de 1911. La Reina Cristina recibió en audiencia a (...) y Sofía Casanova 
  26. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en 01:30:53. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  27. Véxase a lista dos seus escritos nestas dúas revista dixitalizadas pola Real Academia Galega Arquivado 20 de decembro de 2018 en Wayback Machine..
  28. 1950-, Wood, Jennifer Jenkins, (2015). "Return to her homeland (1919)". Spanish women travelers at home and abroad, 1850-1920 : from Tierra Del Fuego to the Land of the Midnight Sun. Lewisburg [PA]: Bucknell University Pres. ISBN 9781611485554. OCLC 856054368. 
  29. "Apuntes noticieros". El Diario de Pontevedra: periódico liberal: Año XLII Número 12123 - 1925 mayo 11 p.3. 11 de maio de 1925. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  30. "El Correo gallego : diario político de la mañana: Año XLVIII Número 16797 - 1925 mayo 12". biblioteca.galiciana.gal. 2011-06-06. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  31. "Sofía Casanova, su marcha". El Correo gallego: diario político de la mañana: Año XLVIII Número 16803 - 1925 mayo 19 , páxina 4. 19 de maio de 1925. 
  32. 32,0 32,1 32,2 Simón Palmer, María del Carmen (xullo-decembro de 2008,). "Correspondencia de Antonio Maura con Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova y Concha Espina". Revista de Literatura LXX, (140): 625–652. ISSN 0034-849X. 
  33. "Academia de la Poesía". ABC (xornal): 9. 04 de febreiro de 1911. 
  34. 34,0 34,1 Osorio, Olga (2014-11-19). "Los orígenes del trabajo periodístico de Sofía Casanova al inicio de la I Guerra Mundial". Historia y Comunicación Social (en castelán) 19 (0): 47–60. ISSN 1988-3056. doi:10.5209/rev_HICS.2014.v19.47284. 
  35. Otero Cepeda, Encarna. "Sofía Casanova. Correspondente de guerra". Album de mulleres. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  36. Bugallal, Isabel (03 de decembro de 2009). ""Sofía Casanova no interesa a nadie, su figura no da juego"". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  37. Bugallal, Isabel (29 de xaneiro de 2017). "La coruñesa que contó a España el triunfo de la revolución rusa". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  38. 38,0 38,1 Acuña, Xosé Luís (03 de decembro de 2014). "O brazo ergueito de Sofía Casanova". Biosbardia. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  39. "Blanco y Negro (Madrid) - 01/02/1958, p. 28 - ABC.es Hemeroteca". hemeroteca.abc.es. pp. 27–28. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  40. "Colaboración selecta". El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente (817): 1. 20 de agosto de 1919. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  41. 41,0 41,1 ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  42. "Sofía Casanova visita a León Trotski". abc (en castelán). 2014-02-03. Consultado o 2018-12-16. 
  43. "ABC (Madrid) - 21/02/1917, p. 7 - ABC.es Hemeroteca". hemeroteca.abc.es. Consultado o 2018-12-16. 
  44. 44,0 44,1 "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2018. 
  45. "La novela de ahora [Anuncio de ¿Quo Vadis?]". ABC (Madrid). 01 de abril de 1908. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  46. Hooper, Kirsty (07-09-2009). "Sofia Casanova (1861-1958)". Universidade de Liverpool. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  47. "Sofía Casanova como poeta, una humilde obrera del pensamiento". La Voz de Galicia (en castelán). 02 de novembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  48. "Fugaces, de Sofía Casanova. Reeditada por Torremozas. - Estandarte". www.estandarte.com (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  49. "La escritora gallega Sofía Casanova, la gran desconocida". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  50. "Princesa del amor hermoso". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  51. "www.museo.depo.es - Museo de Pontevedra. Personajes Del Museo". www.museo.depo.gal. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  52. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en 27:30. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  53. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en 1:29:00. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  54. Rosario, Martínez Martínez (1999). Sofía Casanova: mito y literatura. [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia. pp. 339–340. ISBN 9788445323977. OCLC 41135729. 
  55. ABA Films, ed. (20 de decembro de 2013). A Maleta de Sofía (VO). vimeo. Escena en 01:19:32. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  56. “Creo en el caudillo como se cree en un ser superior, y la suerte de España guiada por él será la más grande y más fecunda de nuestra historia." Sofía Casanova, citado en: Turrión, María José. Sofía Casanova, una reportera en la Gran Guerra. Blogs Cultura de El País, 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 9 de febreiro de 2019.
  57. "É lexítimo homenaxear á “franquista” Sofía Casanova?"". Sermos Galiza. 15/12/2014. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2014. Consultado o 16/12/2014. 
  58. Ochoa Crespo, Pedro (02/11/2015). Género e identidad sexual como discurso: Sofía Casanova y la Primera Guerra Mundial (tese de doutoramento) (en castelán). UCM. 
  59. Outeiriño, Maribel (09 de maio de 2018). "Hace 100 años...Gran Cruz de Beneficiencia para Sofía Casanova". La Región (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  60. "Apuntes noticieros". El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Año XLII Número 12061 páxina 4. 1925 febreiro 26. 
  61. "Nomination Database". old.nobelprize.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  62. "Nomination Database". old.nobelprize.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 14 de decembro de 2018. 
  63. Homenaxe a Sofía Casanova en Madrid (rtvg). 07 de novembro de 2013. Escena en 1:07:55. 
  64. "Homenaje a Sofía Casanova, escritora y periodista española / Instituto Polaco de Cultura". www.culturapolaca.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  65. Mauleon, Amaia (07 de marzo de 2016). "La vida de novela de Sofía Casanova". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  66. Martín Rodrigo, Inés (2016). Azules son las horas. Barcelona: Espasa. ISBN 9788467046724. OCLC 936372723. 
  67. "Os edificios administrativos do campus terán nome de muller". DUVI. 5 de outubro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  68. "Escape Room 'La desaparición de Sofía Casanova' de Mystery Time Ciudad Real en Ciudad Real". Escapistas.CLUB (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar