Abrir o menú principal

Blanca de los Ríos

escritora española

Blanca de los Ríos Nostench, nada en Sevilla o 15 de agosto de 1862 e finada en Madrid o 13 de abril de 1956, foi unha escritora e pintora española.[1][2]

Blanca de los Ríos
Blanca de los Rios.png
Nome completoBlanca de los Ríos Nostench
AlcumeCarolina del Boss
Nacemento15 de agosto de 1862
 Sevilla
Falecemento13 de abril de 1956
 Madrid
Causaedema pulmonar
Soterradacemiterio de San Xusto
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e crítico literario
PaiDemetrio de los Ríos
CónxuxeVicente Lampérez y Romea
PremiosGran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII
Firma de Blanca de los Ríos.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Blanca de los Ríos Nostench foi unha destacada escritora e crítica literaria. A súa obra foi traducida á case totalidade de idiomas europeos. O seu nacemento no seo dunha familia culta proporcionoulle unha ampla formación, como sinala Consuelo Flecha (2000) na biografía que realizou desta autora: "Rodeada dun ambiente familiar de escritores, políticos, artistas e médicos, a súa educación beneficiouse da riqueza de estímulos e de posibilidades que ese contexto cultural lle ía proporcionando. O seu pai, Demetrio de los Ríos, arquitecto, o seu avó materno, médico, os seus tíos, escritores como José Amador de los Ríos, e políticos, foron unha referencia á que ela se soubo acoller intelixentemente, aínda que soubese que, pola súa condición de muller, non todos os camiños lle eran igualmente fáciles."[3]

 
Blanca de los Ríos en Mundo Gráfico

Casou con Vicente Lampérez y Romea (1861-1923) coñecido arquitecto e arqueólogo madrileño, catedrático da escola de arquitectura de Madrid que realizou restauracións e reformas de monumentos como as catedrais de Cuenca e de Burgos, e publicou importantes estudos de historia da arquitectura. O traslado a Madrid supuxo para a autora o contacto directo co ambiente literario e intelectual da capital e ampliou o seu horizonte e os seus proxectos.[1]

Talvez por esta conciencia das dificultades que comportaban o feito de ser muller, ocultou o seu nome verdadeiro nas primeiras obras que publicou na prensa, que se publicaron co nome de "Carolina del Boss", anagrama do propio, aínda que rapidamente abandonou este pseudónimo para asinar como Blanca de los Ríos. Escritora precoz, a súa primeira novela Margarita publicouse en 1878, cando tiña só dezasete anos, a esta seguíronlle os poemarios Los funerales del César (1880), Esperanzas y recuerdos (1881) que se volveu editar ampliado en 1912, El romancero de Don Jaime El Conquistador e La novia del marinero de 1886. Algo posteriores son as seguintes novelas Melita palma (1901), Sangre española (1902) e La niña Sanabria (1907). Durante estes anos publicou numerosos contos como Las hijas de don Juan, Madrid goyesco e Los diablos azules, e coleccións de relatos como La Rondeña (cuentos andaluces) de 1902, El Salvador (cuentos varios) de1902 e El tesoro de Sorbas de 1914.

Participou en publicacións periódicas como El Imparcial, La Época, Nuevo Mundo, El Correo de la Moda, Madrid Cómico, La Ilustración Española y Americana, Blanco y Negro, La Enseñanza Moderna, El Álbum Ibero-Americano e especialmente en Raza Española, revista que fundou e dirixiu desde 1918 até 1930, ano en que desapareceu. Nesta como noutras publicacións divulgou as súas ideas feministas.[4][3][1]

Foi amiga de Emilia Pardo Bazán, quen tiña dela, como escritora, moi boa opinión.[5][3]

Blanca de los Ríos está enmarcada dentro da Xeración do 98 xunto con outras mulleres como Carmen Baroja, Carmen de Burgos (Colombine), Regina de Lamo, Consuelo Álvarez Pool (Violeta) e María de Maeztu.[6]

Participou a título de colaboradora na redacción da Enciclopedia Universal Europeo Americana.[7]

A preocupación pola muller e polas relacións entre España e Hispanoamérica estiveron sempre presentes na súa reflexión e na súa participación en diversas asociacións e actos como: a Asamblea Americanista de Barcelona e os Centros de Cultura Hispanoamericana de Cádiz e de Madrid, a Junta Superior de Beneficencia de Madrid e a Unión de Damas Españolas, na que se preocupou polo avance en medidas de protección para as mulleres no traballo. Pertenceu ao Ateneo de Madrid e formou parte da Asamblea Nacional entre os anos 1927 e 1929 durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera.[3]

 
Banquete celebrado na honra de Blanca de los Ríos, Fotografía de Goñi (Blanco y Negro, 12 de maio de 1906)

O ámbito no que máis destacou foi, sen dúbida, o do estudo e crítica da literatura, no que tomou como mestre a Marcelino Menéndez Pelayo, seguindo as normas de investigación e crítica históricas que este propuxo e polo que foi abandonando a creación literaria. Unha das súas principais obras é Del siglo de Oro publicada en 1910, na que contou co propio Menéndez Pelayo para a realización do prólogo, no que dicía dela: "Non necesita a ilustre dama autora deste libro que ninguén a presente ao lector con oficiosos encomios. Sempre resultarían inferiores aos seus probados méritos e á xusta notoriedade de que goza como artista de nobre enxeño lírico e narrativo" (De los Ríos, 1910: 9).

A Blanca de los Ríos débense numerosos estudos sobre Tirso de Molina, aos que hoxe xeralmente se lles reprocha, polo menos no biográfico, un escaso rigor documental, que fai a Tirso fillo ilexítimo do Duque de Osuna, algo que se demostrou é completamente improbábel; moito mellor é a edición crítica das súas Obras completas. Este labor valeulle o recoñecemento por parte da Real Academia Española, da que non chegou a formar parte a pesar de que foi presentada a súa candidatura. Precisamente durante estes estudos, descubriu a partida de bautismo de Lope de Vega que até entón se cría perdida tras o incendio en 1790 da igrexa de San Miguel de los Octoes. Tras realizar numerosas xestións descubriu que nunha casa particular da rúa Leganitos foran depositados algúns libros da igrexa que saíran indemnes e alí atopou, esquecido, o libro de bautismos do período 1516 a 1573.[1]

Outros textos que merecen ser destacados son os que publicou sobre Calderón de la Barca e a súa obra, La vida es sueño y los diez Segismundos de Calderón, así como sobre o Quixote: Sevilla, cuna del Quijote. En 1916 publicou unha obra sobre Francisca de Larrea Böhl de Faber, dedicada á análise da achega desta escritora e tradutora gaditana no contexto do romanticismo decimonónico. Tamén se achegou a algúns personaxes literarios, Los grandes mitos de la Edad Moderna: Don Quijote, Don Juan, Segismundo, Hamlet y Fausto. Na obra Del siglo de Oro inclúese ademais unha ampla bibliografía na que se dá noticia dos libros que se estaban traducindo ao francés, ao italiano, ao alemán e ao danés para divulgarse neses países.[1]

Tamén dedicou os seus esforzos á figura e a obra de Tareixa de Ávila sobre a que pronunciou diversas conferencias: Influjo de la mística de Santa Teresa, singularmente sobre nuestro grande arte nacional (1913), Santa Teresa de Jesús y su apostolado de amor (1915), Guía espiritual de España (1915) e Ávila y Santa Teresa (1915). Por esta faceta foi moi encomiada e díxose dela: "Como conferenciante é tamén dona Blanca de los Ríos unha figura eminente pola grandeza dos temas que trata, pola elevación e orixinalidade de pensamento, pola riqueza do seu léxico inesgotábel, pola elegancia da súa sintaxe, á vez clásica e moderna, pola nobreza e a ornamentación do seu estilo e pola seu elocución fervorosa e persuasiva".[1]

Recibiu non só os encomios da crítica senón tamén numerosas condecoracións, entre elas a Cruz de Alfonso XII, nunha homenaxe presidida pola raíña Vitoria Uxía, a Medalla de Ouro do Traballo e a Gran Cruz de Alfonso X o Sabio, así como o recoñecemento do Concello de Sevilla ao pórlle o seu nome a unha das rúas da cidade.[1][3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Blas Sánchez Dueñas. "Blanca de los Ríos (1865-1956)". Escritoras españolas en la prensa (1866-1936) (en castellano). Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  2. "Blanca de los Ríos". Poetas andaluces.com (en castellano). Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Irene García Márquez (27 de abril de 2010). "Blanca de los Ríos Nostench". Diario de Jerez (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  4. María Antonieta González López (2001). "Índice de la revista Raza Española (1919-1930)". Revista de Literatura (en castelán). Revistas del CSIC. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  5. Zavala, Iris M. (coordinadora), Bieder, Maryellen (1998). "Literatas contemporáneaas de Emiklia Pardo Bazán". Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). V, la literatura escrita por mujer: desde el siglo XIX hasta la actualidad (en castelán). Barcelona: Anthropos 8476584024 (o.c.). p. 109. ISBN 847658525X. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  6. "Poetas españolas en la penumbra". Consultado o 25 de marzo de 2019. 
  7. Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo Americana (en castelán) 70. Espasa-Calpe. 1908 a 1930. p. XIV. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • AA. VV., «Homenaje a Doña Blanca de los Ríos de Lampérez», Madrid, Revista de Archivos, Biblioteca y Museos, 1924.
  • AA. VV., «Catálogo de las obras de Blanca de los Ríos de Lampérez y algunos juicios de la crítica acerca de ellas», Madrid, San Calleja, 1927.
  • Ambruzzi, Lucio, Una letterata spagnola grande amica dell’Italia: Blanca de los Ríos, in Italia e Spagna. Saggi su rapporti storici, filosofici ed artistici tra le due civiltá, Florencia, Le Monnier, 1941.
  • Beneito Lloris, Ángel, y Blay Meseguer, Francesc-X, coord., La premsa en les comarques de l’Alcolà-comtat (1837–1939), Alicante, Instituto alicantino de cultura «Juan Gil-Albert», Diputación provincial de Alicante, 2004, páx.167.
  • Calvo de Aguilar, Isabel, Antología biográfica de escritoras españolas, Madrid, Biblioteca Nueva, 1954, páxs. 671-672.
  • Carmona González, Ángeles, Escritoras andaluzas en la prensa de Andalucía del siglo XIX, Cádiz, Universidad de Cádiz e Instituto Andaluz de la Mujer,1999, páxs. 218-224.
  • Chacón y Calvo, José M. ª, «Doña Blanca de los Ríos», Boletín de la Academia Cubana de la Lengua, V, 1956, páxs. 194-198.
  • Davis, Ryan A., "Suggestive Characters: Hypnotism and Subjectivity in Blanca de los Ríos's Las hijas de Don Juan," Decimonónica 9.1, 2013.
  • Dougherty, Dru, y Vilches, María Francisca, La escena madrileña entre 1918 y 1926. Análisis y documentación, Madrid, Fundamentos, 1990.
  • ---------------, La escena madrileña entre 1918 y 1916. Un lustro de transición, Madrid, Fundamentos, 1997.
  • Ena Bordonada, Ángela, «Blanca de los Ríos», en Novelas breves de escritoras españolas, Madrid, Castalia e Instituto de la mujer, 1990, páxs. 63-65.
  • Equipo Editorial, Escritoras andaluzas, Sevilla, Castillejo, 1990, páx. 82.
  • Falcón, Lidia y Siurana, Elvira, Mujeres escritoras, Madrid, Consejería de Presidencia, Dirección General de la Mujer, 1992, páxs. 241-242.
  • González Blanco, Andrés, Historia de la novela en España. Desde el Romanticismo a nuestros días, Madrid, Hermanos Sáenz de Jubera, 1909, páx. 702.
  • González López, María Antonieta, Aproximación a la obra literaria y periodística de Blanca de los Ríos, Madrid, Fundación Universitaria Española, 2001.
  • Hooper, Kirsty, "Death and the Maiden: Gender, Nation, and the Imperial Compromise in Blanca de los Ríos's Sangre espanola", Revista Hispanica Moderna 60.2 (2007), páxs. 171-186.
  • Hurtado, Juan y González Palencia, Ángel, Historia de la literatura española, Madrid, Saet, 1949, páx. 953.
  • Lafitte, María, La mujer en España — Cien años de su historia, Madrid, Aguilar, 1964, páxs. 235-236.
  • Lázaro, Reyes. “El Don Juan de Blanca de los Ríos y el nacionalismo romántica española de principios de siglo”. Letras Peninsulares 13.1 (2000), páxs. 61-73.
  • Marsá Vancells, Plutarco, La mujer en la literatura, Madrid, Torremozas, 1987, páx. 206.
  • Martínez, Cándida; Pastor, Reyna; Pascua, María José de la; Tavera, Susana, Mujeres en la historia de España, Barcelona, Planeta, 2000, páxs. 646-650.
  • Mazenod, Lucienne, coord., Las mujeres célebres, Barcelona, Gustavo Gili, 1966, tomo I, páx. 376.
  • Simón Palmer, María del Carmen, Escritoras españolas del siglo XIX. Manual bío-bibliográfico, Madrid, Castalia, 1991, páxs. 578-590.
  • Solano, M.ª Luisa, «Una gran escritora española: doña Blanca de los Ríos de Lampérez», Hispania, Stanford, XIII, 1930, páxs. 389-398.
  • Valbuena, Prat, Ángel, Historia de la literatura española. Tomo V, «Del realismo al vanguardismo», Barcelona, Gustavo Gili, 1983, páxs. 212-213.
  • Vásquez Recio, Nieves. “Las hijas de Don Juan de Blanca de los Ríos. Fin de siglo y mirada femenina”. Don Juan Tenorio en la España del siglo veinte. Madrid: Cátedra, 1998, páxs. 379-403.
  • Zavala, Iris, coord., Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana), Barcelona, Anthropos, 1998, vol. V, páx. 109.