Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°12′10.41″N 08°8′18.91″O / 42.2028917, -8.1385861

San Breixo de Refoxos é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 132 habitantes, dos cales 78 eran homes e 54 eran mulleres.

Refoxos
Fachada Igrexa parroquial Refoxos, Cortegada.jpg
Fachada da igrexa parroquial de Refoxos.
ConcelloCortegada
Poboación119 hab. (2017)
Entidades de poboación14

Índice

HistoriaEditar

Tense constancia documental do século XI cando unha muller (Gulderoda) doa ó mosteiro de Celanova unha igrexa e varios terreos no lugar, o cal indica a existencia de pequenos propietarios de nomes suevos, nos cales a muller ten acceso á propiedade e dereitos para doar, ao tempo que nos fala dunha organización do rural de homes libres que erguen igrexas privadas e non teñen señor feudal. O lugar uniuse co tempo a lugares próximos pertencentes ó mosteiro de Celanova polo que pasou a ser "capital" administrativa de todo o espazo xurídico circundante, o chamado Coto da Vestiaria (xa que as súas rendas se usaban para a vestimenta dos monxes, curas e o seu séquito) que abranguía as actuais parroquias de Refoxos, Soutelo, Cortegada, Rabiño e Valongo, este couto xurisdicional durou dende a Idade Media até o final do Antigo Réxime.[1]

Toda a administración centralizábase no edificio do priorado sito na actual igrexa parroquial, desde onde un monxe administrador levaba a cabo as súas labouras. A raíz da renovación dos foros de 1673 ( para pagar as custosísimas fábricas do mosteiro de Celanova que estaba a ser remodelado baixo a influencia da arquitectura neoclasicista baixo o mandato do mosteiro bieito de Valladolid nunha grave época de crise) os colonos de Refoxos promoveron un ataque nocturno ó priorado de Refoxos, coa intención de matar ó monxe administrador, esnaquizaron o edificio e abriuse un preito que durou 17 anos na Real Audiencia de Galicia. O priorado de Refoxos pagaba 20 foros, a maioría de centeo.[2] Curiosamente o edificio ten dúas troneiras nas súa fachada.

Ó estar preto da fronteira con Portugal, foi utilizado por forzas carlistas como lugar de paso e aprovisionamento, xa que contaban coa axuda do clero e a apatía da poboación rural ante o conflito sucesorio das guerras carlistas, de feito polo lugar estivo a partida de Mateo Guillade que atravesou máis dunha vez por este lugar para refuxiarse en Portugal despois das súas derrotas.

PatrimonioEditar

O priorado de Refoxos é unha construción civil do século XVIII, de planta rectangular con troneiras nas esquinas do leste e a igrexa parroquial no extremo oeste. Consta de dous andares unidos por unha escaleira de pedra, vertebrados por un corredor central ó que abren os habitáculos. O piso baixo adicouse a tulla, bodega e cabalerías (onde se atopou un estribo do XIX) e no andar superior varias habitacións e lugares de oficina. As troneiras son circulares sen adornos e cun pequeno orificio de 1 cm de diámetro. Nunha habitación do extremo norte do andar superior existe un habitáculo espazoso que comunica coa igrexa.

Na aldea de Vilaverde hai un cruceiro de 1610 e nun casal abandonado un peto de ánimas (sen elas) barroco.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. Catastro de Ensenada, 1748.
  2. Historia de Ribadavia y sus alrededores, Samuel Eiján, 1920.

Véxase taménEditar