Rabiño, Cortegada

San Bieito de Rabiño é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro. No ano 2007 tiña 176 habitantes, dos cales 85 eran homes e 91 eran mulleres. Limita ao Norte con Meréns e Louredo, ao leste con Soutelo, ao sur coa Barca e ao oeste co Río Miño.

Rabiño
Fachada-san-benito-do-rabiño-cortegada.jpg
Santuario de San Bieito de Rabiño
ConcelloCortegada
Poboación129 hab. (2017)
Entidades de poboación7

PatrimonioEditar

  • Muíños da levada, aproveitando o regato que nace en Louredo e baixa ata o Miño.
  • Capela da Santa MAriña de Soutelo.
  • Igrexa parroquial: templo barroco construída baixo o dominio do veciño mosteiro de Celanova. A igrexa é de planta de cruz latina en granito do país, cunha soa nave cuberta de arcos de medio punto ata desembocar no cruceiro, onde se forman tres bóvedas sostidas por nervaduras, de catro brazos nos laterais e dezaseis na bóveda da cabeza, onde o deseño debuxa un rombo dividido en catro espazos de lados convexos, as nervaduras están pintadas ou ben son de mármore veteado marrón; as capelas laterais ostentan como claves das súas nervaduras debuxos do sol e a lúa humanizados por un rostro, as claves das nervaduras da bóveda principal teñen decoración vexetal, unha cruz asturiana e unha lúa acompañada de dúas estrelas. Na sancristía a bóveda está sostida por catro nervaduras reunidas nunha clave que ten tallado un sombreiro eclesial de dúas puntas. Tanto as bóvedas laterais como a central conservan pintura.
  • Milladoiro único na provincia de Ourense, de gran altura e con bóveda de nervios gardando un cruceiro.
  • Peto de ánimas do Rabiño.
  • Reitoral do Rabiño, edificio civil barroco.

Rabiño na literatura popularEditar

  • Probes dos carabiñeiros/ que andan de noite á xiada/ namentras pasa a ramboia/ camiño de Cortegada [1].

Galería de fotosEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de RabiñoEditar

Lugares da parroquia de Rabiño no concello de Cortegada (Ourense)

Os Antóns | A Eirexa | Os Muíños | Rabiño | Seixomil | Soutelo | O Vao

Parroquias de CortegadaEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

NotasEditar

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 136. Xaquín Lorenzo di que esta Cortegada é un lugar da parroquia de San Bieito de Rabiño, no concello de Cortegada e xa na linde con Portugal; hoxe xa non figura tal lugar no Nomenclátor.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar