Henryk Sienkiewicz

Henryk Adam Aleksander Pius Sienkiewicz de Oszyk, nado en Wola Okrzejska o 5 de maio de 1846 e finado en Vevey (Suíza) o 15 de novembro de 1916,[1] foi un escritor polaco, Premio Nobel de Literatura en 1905.

Henryk Adam Aleksander Pius Sienkiewicz
Nobel prize medal.svg
Henryk Sienkiewicz.jpg
Nome completoHenryk Adam Aleksander Pius Sienkiewicz
Nacemento5 de maio de 1846
 Wola Okrzejska, Polonia
Falecemento15 de novembro de 1916
 Vevey, Suíza
Causadoenza cardiovascular e aneurisma da aorta
SoterradoSt. John's Archcathedral
NacionalidadeImperio Ruso e Polonia
EtniaPobo polaco
RelixiónIgrexa católica e catolicismo
Alma máterUniversidade de Varsovia
Ocupaciónnovelista, guionista, xornalista e escritor
CónxuxeMaria Szetkiewicz, Maria Romanowska-Wołodkowicz e Maria Babska
FillosJadwiga Korniłowiczowa
Xénerosnovela
Coñecido/a porJanko Muzykant, With Fire and Sword, The Deluge, Fire in the Steppe, Quo Vadis?, The Knights of the Cross e In Desert and Wilderness
PremiosPremio Nobel de Literatura e Cabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
IMDB: nm0797197 Allocine: 35329 Allmovie: p314816
Galiciana: 341139 Discogs: 4112947 WikiTree: Sienkiewicz-6 Find a Grave: 9353523 Editar o valor em Wikidata
Henryk Sienkiewicz signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Foi o quinto premio Nobel (1905) na historia do galardón e o primeiro de Europa Oriental.

BiografíaEditar

Iniciouse como xornalista en 1869, realizando varias viaxes entre 1876 e 1879, e traballando nos Estados Unidos como enviado especial entre 1876 e 1878. En 1882 foi nomeado director do xornal conservador Słowo.

Non só destacou polos seus dotes literarios, senón como un gran defensor da súa, por entón, oprimida patria polaca. Sendo xa un prestixioso xornalista e gran defensor da causa de Polonia, dirixiu unha carta aberta a Guillerme II de Alemaña na que se opuña á xermanización da Posnania , atraendo a atención mundial sobre o futuro do seu país, que por aquel momento se achába baixo o dominio de Rusia, Alemaña e Austria-Hungría.

Nos comezos da primeira guerra mundial atopábase en Suíza, onde formou, xunto con Paderewski, o comité para as vítimas da guerra en Polonia.

Especializado en temas sociais, foi moi popular no seu tempo, aínda que agora é apenas lido. As súas obras máis importantes refírense aos problemas sociais dos labregos e aos sectores baixos en Polonia. As súas cinzas descansan na Catedral de San Xoán en Varsovia.

As obras de Sienkiewicz, traducidas a máis de corenta idiomas, convérteno nun dos autores máis lidos do século xx.

TriloxíaEditar

Conseguiu unha gran fama coa publicación da súa triloxía sobre a loita polaca fronte ás invasións do século XVII: Ogniem i mieczem (1884), Potop. (1886), e Pan Woŧodyjowski. (1888), unha moderna epopea considerada como un dos grandes relatos épicos de todos os tempos. Nestes tres libros, o premio Nobel polaco presenta universais historias de amor e de guerra a través de personaxes soberbiamente construídos, conxuras e unha acción trepidante que nos fala de cuestións imperecedeiras, todo iso encadrado no medio de magníficas recreacións históricas.

Sienkiewicz, mestre consumado do máis recio realismo, sabe brindar como ninguén unha ampla visión sobre un dos momentos decisivos no proceso de configuración política de Rusia, Polonia, Lituania e Ucraína, relatando as ameazas que fixeron perigar a existencia da nación polaca e que cambiaron a cara de Europa oriental durante o século XVII e narrando tamén a vida homes e mulleres tráxicamente separados pola imprudencia e o orgullo, vítimas de sucesivas ondas de invasións estranxeiras que dividiron a Polonia contra si mesma, revelando o mellor e o peor de cada persoa.

Outras obrasEditar

Son tamén moi lembradas: Bez dogmatu (1891), Rodzina Poŧanieckich.' (1894), e Krzyzacy. (1900).

Tamén son notables as súas novelas curtas Bartek Zwyciêzca. (1882) e Sachem (1889).

Quo VadisEditar

A súa novela máis famosa hoxe en día é Quo Vadis?, (1896), levada repetidas veces ao cine, na cal a través dos sufrimentos dos cristiáns no reinado de Nerón fai unha crítica da opresión da propia Polonia.

NotasEditar

  1. Henryk Sienkiewicz Arquivado 01 de agosto de 2012 en Wayback Machine. www.nobelprize.org

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar