OTAN
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du Traité de l'Atlantique Nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.
North Atlantic Treaty Organization (NATO) Organisation du Traité de l'Atlantique Nord (OTAN) | ||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||
|
Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.
O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 29 países anualmente.
HistoriaEditar
O Tratado de Bruxelas, asinado o 17 de marzo de 1948 por Bélxica, os Países Baixos, Luxemburgo, Francia e o Reino Unido considérase o precursor da OTAN [1]. Este tratado e o Bloqueo de Berlín polos soviéticos conduciu á creación da Organización de Defensa da Unión Europea Occidental en setembro de 1948 [2].
Non obstante, a participación dos Estados Unidos víase como fundamental para contrarrestar o poder militar da URSS e para previr unha renacenza do militarismo nacionalista, formándose así unha nova alianza militar que se concretou no Tratado do Atlántico Norte, asinado en Washington, D.C. o 4 de abril de 1949 entre os Estados Unidos, os cinco estados asinantes do Tratado de Bruxelas mais Canadá, Portugal, Italia, Noruega, Dinamarca e Islandia.[3] O primeiro secretario xeral foi Hastings Lionel Ismay. O apoio popular ao Tratado non foi unánime, e así en Islandia producíronse disturbios en marzo de 1949.
A creación da OTAN levou tamén á estandarización da terminoloxía, procedementos e tecnoloxía militar, o que significou que en moitos casos os países europeos adoptasen as practicas norteamericanas. Realizáronse arredor de 1300 acordos de normalización que codifican moitas das prácticas comúns, así o cartucho para fusil 7,62x51mm OTAN desenvolvido na década de 1950,o fusil FN FAL, adoptado por 75 países, entre eles moitos fóra da OTA[4] ou o código de sinais para guiar avións en terra estandarizáronse para que os avións puidesen aterrar en calquera base da OTAN. Outros estándares, como o alfabeto fonético da OTAN pasaron ao uso civil.
Países participantesEditar
MembrosEditar
A continuación amósase unha listaxe dos estados membros co seu ano de ingreso na OTAN:
- Albania (2009)
- Alemaña (1955)
- Bélxica (1949)
- Bulgaria (2004)
- Canadá (1949)
- Croacia (2009)
- Dinamarca (1949)
- Eslovaquia (2004)
- Eslovenia (2004)
- España (1982)
- Estados Unidos de América (1949)
- Estonia (2004)
- Francia (1949)
- Grecia (1952)
- Hungría (1999)
- Islandia (1949)
- Italia (1949)
- Letonia (2004)
- Lituania (2004)
- Luxemburgo (1949)
- Macedonia do Norte (2020)
- Montenegro (2017)
- Noruega (1949)
- Países Baixos (1949)
- Polonia (1999)
- Portugal (1949)
- Reino Unido (1949)
- República Checa (1999)
- Romanía (2004)
- Turquía (1952)
Consello da OTANEditar
|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
† Función de Secretario Xeral |
NotasEditar
- ↑ Phinnemore, David e McGowan, Lee (2013)A Dictionary of the European Union Routledge, p. 461
- ↑ Isby, David C.; Kamps Jr., Charles (1985). Armies of NATO's Central Front. Jane's Information Group, p. 13
- ↑ "A short history of NATO". NATO. 2 de abril 2012. Consultado o 10 de abril 2012.
- ↑ Willbanks, James H. (2004). Machine Guns: An Illustrated History of Their Impact. ABC-CLIO, pp. 129-130
- ↑ nato.int (ed.). "Le Secrétaire général de l'OTAN". Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ nato.int (ed.). "Le secrétaire général délégué de l'OTAN". Consultado o 2 de abril de 2016.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: OTAN |