82ª edición dos Óscar

(Redirección desde «Premios Óscar de 2009»)

A 82ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2009 e celebrouse o 7 de marzo de 2010 no Teatro Kodak en Hollywood, Os Ánxeles. A cerimonia celebrouse bastante despois das datas acostumadas de febreiro para evitar conflitos cos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010.[1] Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. Os actores Alec Baldwin e Steve Martin presentaron o espectáculo. Martin presentou por terceira, pois xa o fixera na 73ª edición e na 75ª, mentres que Baldwin presentou por vez primeira. Esta foi a primeira en ter transmisión televisiva con múltiples presentadores dende a 59ª edición[2]

O 24 de xuño de 2009, o presidente da Academia Sid Ganis anunciou nunha conferencia de prensa que, coa finalidade de revitalizar os premios, a cerimonia de 2010 tería dez nomeados ó Mellor filme no canto de cinco,[3] unha práctica que desapareceu despois da 16ª edición (celebrada en 1944). O 20 de febreiro de 2010, nunha cerimonia no Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, os Óscar á técnica foron presentados por Elizabeth Banks.[4]

En terra hostil gañou seis premios, incluído Mellor filme e Mellor director para Kathryn Bigelow, a primeira muller en gañar o Oscar ó mellor director.[5] Outros gañadores foron Avatar con tres galardóns, Crazy Heart, Precious e Up, con dous premios. The Cove, Inglourious Basterds, Un soño posible, Logorama, Music by Prudence, The New Tenants, El secreto de sus ojos, Star Trek e The Young Victoria gañaron cadanseu premio. O evento tivo preto de 42 millóns de espectadores (en Norte América), sendo a audiencia máis alta dende a 77ª edición dos Óscar no 2005.

Gañadores e nomeados

editar

Os nomeados da 82ª edición dos Óscar foron anunciados o 2 de febreiro de 2010 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Anne Hathaway.

Os filmes con máis nomeamentos foron Avatar e En terra hostil, con nove cada un. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 7 de marzo de 2010.[6][7]

Premios

editar
 
Kathryn Bigelow, Mellor directora.
 
Jeff Bridges, Mellor actor.
 
Sandra Bullock, Mellor actriz.
 
Christoph Waltz, Mellor actor secundario.
 
Mo'Nique, Mellor actriz secundaria.
 
Mark Boal, Mellor guión orixinal.
 
Pete Docter, Mellor filme de animación.

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[8]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
  • The New Tenants – Joachim Back e Tivi Magnusson
    • The Door – Juanita Wilson e James Flynn
    • Instead of Abracadabra – Patrik Eklund e Mathias Fjellström
    • Kavi – Gregg Helvey
    • Miracle Fish – Luke Doolan e Drew Bailey
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios da Academia Honoríficos

editar

A academia celebrou a súa primeira cerimonia anual Premios Gobernadores o 14 de novembro de 2009, na que foron presentados os seguintes premios.[9][10][11]

Oscar honorífico

editar

Premio en memoria de Irving G. Thalberg

editar
Predecesor:
81ª edición dos Óscar
Premios Óscar
82ª edición dos Óscar
Sucesor:
83ª edición dos Óscar
  1. Hedley, Caroline (26 de marzo de 2009). "Oscars ceremony moved to prevent clash with Winter Olympics". The Daily Telegraph (Londres: Telegraph Media Group). Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  2. Marc Graser (3 de novembro de 2009). "Steve Martin and Alec Baldwin to Co-host the Oscars". RBI (Variety). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 4 de marzo de 2010. 
  3. "82nd Academy Awards to Feature 10 Best Picture Nominees". AMPAS. AMPAS. 24 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  4. Tom O'Neil (12 de febreiro de 2010). "Elizabeth Banks to emcee sci-tech Oscars". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  5. King, Susan (8 de marzo de 2010). "'Hurt Locker' wins best picture". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 6 de maio de 2010. 
  6. "Nominees & Winners for the 82nd Academy Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  7. "List of Academy Award nominations". CNN (CNN.com). 2 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2010. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  8. "The 82nd Academy Awards (2010) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  9. "Bacall, Calley, Corman, and Willis to Receive Academy's Governors Awards". AMPAS. AMPAS. Consultado o 8 de outubro de 2010. 
  10. "Honorary Academy Awards - Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012. 
  11. "Irving G. Thalberg Memorial Award - Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar