Francois Pienaar

xogador de rugby sudafricano

Francois Pienaar, nado o 2 de xaneiro de 1967 en Vereeniging (Suráfrica), é un xogador de rugby retirado, que xogaba na posición de 3ª liña. En 1995 acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby como capitán da Selección de rugby de Suráfrica. En 2005 foi incluído no International Rugby Hall of Fame.

Francois Pienaar
Nome completoJacobus François Pienaar
Nacemento2 de xaneiro de 1967
 Vereeniging
NacionalidadeSuráfrica
Alma máterRand Afrikaans University
Ocupaciónxogador de rugby
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Entre 1989 e 1996 defendeu as cores de Transvaal na Currie Cup, acadando os campionatos de 1993 e 1994. En 1996 deixou Suráfrica e marchou a xogar á Premiership inglesa no equipo dos Saracens, conxunto co cal xogou ata o ano 2000, acadando un título na Tetley's Bitter Cup en 1998, ano no que tamén foi subcampión da Premiership.

Como xogador internacional, debutou en 1993 cos Springboks, e xogou o seu último encontro en 1996. Disputou 29 encontros coa súa selección, todos eles como capitán, sendo memorable a súa participación no Mundial de 1995. Na final recibiu o trofeo Webb Ellis de mans de Nelson Mandela, nun simbólico acto que representaba a unidade nacional entre brancos e negros na Suráfrica post Apartheid.

Actualmente adícase a comentar encontros de rugby nas retransmisións da canle deportiva inglesa ITV Sport.

Equipos Tempadas Títulos
Transvaal 1989 - 1995 2 Currie Cup (1993, 1994)
Saracens 1996 - 2000 1 Tetley's Bitter Cup (1998)
Springboks 1993 - 1996 1 Mundial (1995)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar