Maggie Gyllenhaal
Margalit Ruth "Maggie" Gyllenhaal,[1][2][3] nada en Lower East Side o 16 de novembro de 1977, é unha actriz de cinema estadounidense. Foi nomeada ós premios Óscar e ós Globo de Ouro en dúas ocasións.
Maggie Gyllenhaal | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Margalit Ruth Gyllenhaal |
Nacemento | 16 de novembro de 1977 |
Lugar | Manhattan |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Suecos |
Relixión | xudaísmo e cristianismo |
Educada en | Universidade de Columbia, Royal Academy of Dramatic Art, Harvard-Westlake School, The Mountain School e The Center for Early Education |
Pai | Stephen Gyllenhaal |
Nai | Naomi Foner Gyllenhaal |
Cónxuxe(s) | Peter Sarsgaard |
Fillos | Ramona Sarsgaard e Gloria Sarsgaard |
Profesión | actriz de cinema, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de dobraxe, directora de cine e guionista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Filla do director Stephen Gyllenhaal e da escritora Naomi Foner Gyllenhaal, e irmá máis vella do actor Jake Gyllenhaal. Tamén ten un medio irmán chamado Luke, que naceu en 2014 froito do segundo matrimonio de Stephen Gyllenhaal. Maggie comezou a súa carreira como actriz nun filme dirixido polo seu pai, e logo conseguiu recoñecemento xunto ó seu irmán en Donnie Darko, unha produción independente que acabaría converténdose en filme de culto. A súa carreira alzou o voo trala comedia romántica sadomasoquista, Secretary, coa que recibiu boas críticas e un nomeamento ós Globos de Ouro.[4] Gyllenhaal elixiu unha gama de papeis diversa, dende filmes independentes como Sherrybaby, polo que tamén foi nomeada ós Globo de Ouro, até comedias románticas como Trust the Man, así como superproducións como World Trade Center e O cabaleiro escuro.
Gyllenhaal é simpatizante do Partido Demócrata e, do mesmo xeito que o seu irmán e os seus pais, apoia á Unión Americana polas Liberdades Civís. Participou nas manifestacións en contra da guerra pola invasión de Iraq en 2003.
Notas editar
- ↑ Shaitly, Shahesta (12 de xullo de 2014). "Maggie Gyllenhaal: 'I'm claustrophobic, it's taken years to be OK on the subway'". The Guardian. Consultado o 6 de decembro de 2014.
- ↑ Elissa Golstein (8 de agosto de 2014). "Maggie Gyllenhaal Just Learned Her Real First Name – And It's Super-Jewish". Jewcy. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ The Times of Israel, ed. (8 de agosto de 2014). "Maggie Gyllenhaal is really Margalit". Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ ""Maggie Gyllenhaal In The Con" CBS news". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2018.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maggie Gyllenhaal |
Ligazóns externas editar
- Maggie Gyllenhaal na IMDb (en inglés).