La pelota vasca, la piel contra la piedra

La pelota vasca, la piel contra la piedra é un filme documental dirixido por Julio Medem e estreado no 2003. Trata acerca da situación do País Vasco e Navarra, na que relata a situación do éuscaro, a historia de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e os Grupos Antiterroristas de Liberación (GAL), a situación dos presos de ETA, e as vítimas e ameazados do terrorismo, ademais de aspectos da historia do País Vasco e Navarra (cunha visión sobre os 7 territorios do País Vasco), desde as Guerras Carlistas, pasando polo bombardeo de Guernica ata a presentación do Plan Ibarretxe.

Euskal pilota: larrua harriaren kontra / La pelota vasca: la piel contra la piedra
Ficha técnica
Título orixinalLa pelota vasca, la piel contra la piedra
DirectorJulio Medem
ProdutorAlicia Produce, S.L.
GuiónJulio Medem
MúsicaMikel Laboa
FotografíaJavier Aguirre
Jon Elicegui
Ricardo de Gracia
MontaxeJulio Medem
Estrea2003
Duración115 minutos
OrixeEspaña
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt0382898 Filmaffinity: 914181 Allocine: 56383 Rottentomatoes: m/la_pelota_vasca_la_piel_contra_la_piedra Allmovie: v294041 Editar o valor em Wikidata

Características editar

O documental mestura imaxes aéreas do País Vasco, momentos diversos dun partido de pelota vasca, escenas de diversas películas anteriores sobre do tema do que trata, imaxes de diversos medios de comunicación e anacos de entrevistas a diversas persoas relacionadas con esta terra.

É un proxecto feito para 5 soportes: libro, cine, serie de televisión de 3 capítulos (emitida por TV3), páxina web (mediante uns vídeos a descargas, os Frontóns e Pelotaris) e DVD, aínda que tamén se fixo unha curtametraxe para o colectivo ¡Hay motivo!.

Tras un visionado da montaxe provisional da película, Mireia Lluch Bramón, filla de Ernest Lluch (asasinado por ETA), decidiu dar parte da herdanza do seu pai para a montaxe de son da película. Durante o visionado vese unha escena da manifestación contra o asasinato de Ernest Lluch, na que Gemma Nierga (directora de La Ventana, programa da Cadena SER no que colaboraba o político), dixo a frase seguinte (que levantou moita polémica):

Estou convencida de que Ernest, ata coa persoa que lle matou, dialogaría: vostedes (dirixíndose ós políticos), que poden, dialoguen por favor.

Ademais das entrevistas gravadas por Medem, a película incorpora fragmentos de películas como Edurne, modista bilbaína (1924), El Mayorazgo de Basterretxe (1929), Around the World with Orson Welles (1955), Pelotari (1964), Ogro (1980), Pelota (1984), Vacas (1992), Días contados (1994), 40 ezetz (1999) e Yoyes (2000), así como de reportaxes de televisión.

Críticas editar

Probablemente é un dos documentais españois máis controvertidos da historia. Debido a algúns elementos como o que se entrevistase a Arnaldo Otegi, o Partido Popular negouse a que ningún dos seus membros formasen parte do elenco de entrevistados, aínda que si tomaron parte un membro de Unión do Pobo Navarro (asociado ó PP en Navarra) e o secretario xeral de Unidad Alavesa, partido que daquela estaba coaligado co PP en varios parlamentos, ademais de Alfredo Marco Tabar na edición de 7 horas do DVD. Segundo explicou Gustavo de Arístegui no programa La Ventana, o motivo da non participación é que aínda que a cinta critica fortemente a ETA, non critica tanto ó nacionalismo vasco.

Tampouco ningún preso de ETA quixo tomar parte, aínda que si un ex-preso.

Tres dos ameazados por ETA que participan no documental, Gotzone Moura, Iñaki Ezkerra e Antonio Elorza estiveron en desacordo coa montaxe final da cinta e pediron a retirada das súas entrevistas. Medem respondeu que non era posible retirala antes da súa estrea en cines, pero non apareceron nos vídeos da web nin na montaxe de 7 horas do DVD.

O día da súa presentación no Festival de cine de San Sebastián, a Asociación Vítimas do Terrorismo pediu ó alcalde, Odón Elorza (participa na longametraxe) a retirada da cinta do festival, aínda que esta non se produciu.

Así mesmo, durante a Gala dos Premios Goya 2004, desde a semana anterior á Gala, a AVT convocou unha manifestación de protesta porque entre as nomeadas estaba o documental de Julio Medem, que segundo eles equiparaba a vítimas con vitimarios; entre as pancartas destacaban as de Non a Medem, e Non ó Pelota Vasco: a caluga contra a bala. Recordaban con isto as chapas dicindo Non á guerra (de Iraq) que actores e directores non dubidaron en levar durante a XVII edición dos Premios Goya.

Pola súa banda, os asistentes pecharon filas arredor do seu compañeiro, e luciron adhesivos como Medem Si. ETA Non ou Non ó Terrorismo, Si á liberdade de Expresión. O documental non gañou o premio, aínda que as votacións se decidiran un mes antes (polo que a manifestación non tivo influencia no resultado).

Participantes editar

Estes son os que participan no filme - documental (cando a entrevista é noutro idioma, subtitulado evidentemente, indícase entre paréntese):

Na edición especial en DVD de La Pelota Vasca, La Piel Contra la Piedra, así coma nos vídeos da web, inclúense outras participacións:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar