Eduardo Madina
Eduardo Madina Muñoz, nado en Bilbao o 11 de xaneiro de 1976, é un político socialista español. Entre abril de 2009[1] e setembro de 2014 foi secretario xeral do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso.[2] [3]
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eduardo Madina Muñoz ![]() 11 de xaneiro de 1976 ![]() Bilbao, España ![]() |
![]() | |
7 de xullo de 2016 – 4 de setembro de 2017 – José Enrique Serrano → Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
![]() | |
2 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
![]() | |
26 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
![]() | |
31 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 2004 en España ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto Universidade do País Vasco ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEduardo Madina está casado e ten un fillo. Provén dunha familia de históricos militantes socialistas do País Vasco; o seu avó era mineiro.[4][5] Ós 17 anos afiliouse ás Mocidades Socialistas de Euskadi, póla xuvenil do PSE-EE, e pouco despois licenciouse en Historia contemporánea na Universidade de Deusto.[6] Ten un mestrado en Integración europea pola Universidade do País Vasco, especializado en Relacións Internacionais. Traballou como técnico no Parlamento Europeo e impartiu clases en diferentes universidades españolas sobre Relacións internacionais e construción europea. É profesor asociado de Historia Contemporánea na Universidade Carlos III de Madrid.[7] Anteriormente dirixiu e presentou un programa de contidos musicais en Radio 3 chamado El archiduc.
No ano 2012 foi elixido entre os mozos máis destacados do mundo polo Foro de Davos (World Economic Forum) dentro do programa de novos líderes mundiais (Young Global Leaders).
Atentado terrorista
editarEduardo Madina sufriu un atentado o 19 de febreiro de 2002. Unha bomba lapa colocada nos baixos do seu coche por un comando da banda terrorista ETA integrado por Iker Olabarrieta e Asier Arzalluz, causoulle graves lesións, entre elas a amputación da perna esquerda á altura do xeonllo, cando se dirixía, sen escolta, dende o seu domicilio ó seu posto de traballo en Sestao. Por mor das lesións sufridas tivo que abandonar o equipo de voleibol, o UPV Bizkaia, no que xogaba profesionalmente.
Dous anos máis tarde recibiu a Medalla ao Mérito Constitucional xunto a outras vítimas do terrorismo.[8]
O xuízo na Audiencia Nacional contra os acusados do atentado comezou o 12 de novembro de 2006. O 4 de decembro coñeceuse a sentenza, pola que os etarras Iker Olabarrieta e Asier Arzalluz foron condenados a 20 anos de cárcere. O primeiro como autor material do intento de asasinato, membro do comando Urbasa, e o segundo como indutor, a conta da dirección etarra.[9]
Cargos desempeñados
editar- Concelleiro do Concello de Sestao (1999-2001)
- Secretario xeral das Mocidades Socialistas do País Vasco (2002-2004).
- Deputado por Biscaia no Congreso dos Deputados (2004-2015).
- Secretario xeral do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados (2009-2014).
Notas
editar- ↑ "Eduardo Madina, nuevo secretario general del Grupo Socialista en el Congreso". La Región Internacional (en castelán). Europa Press. 14 de abril de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ "Ficha de Eduardo Madina Muñoz". congreso.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ "Ficha de Eduardo Madina Muñoz". congreso.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ Entrevista a Eduardo Madina en Lecer Crítico
- ↑ Guenaga Bidaurrazaga, Aitor (18 de decembro de 2005). ""El tripartito gobierna a la deriva y con bandera de conveniencia" Entrevista:EDUARDO MADINA" [O tripartito goberna á deriva e con bandeira de conveniencia]. El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ Encontro dixital con Eduardo Madina
- ↑ "Ficha de Eduardo Madina na web do grupo de investigación Estudos Contemporáneos da Universidade Carlos III de Madrid". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2011. Consultado o 18 de novembro de 2016.
- ↑ Vítimas e colectivos civís reciben a medalla ao Mérito Constitucional
- ↑ Condenados a 20 anos de cárcere os dous etarras que atentaron contra Madina
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Madina |