Julen Madariaga

político y terrorista español

Julen Kerman Madariaga Agirre, nado en Bilbao o 11 de outubro de 1932 e finado en Saint-Pée-sur-Nivelle o 6 de abril de 2021,[1] foi un avogado e político vasco. Foi un dos fundadores de ETA xunto a Benito Del Valle e "Txillardegi" e membro prominente de Herri Batasuna. Máis tarde foi fundador do partido Aralar e membro da organización pacifista Elkarri.

Julen Madariaga
Nacemento11 de outubro de 1932
Lugar de nacementoBilbao
Falecemento5 de abril de 2021
Lugar de falecementoSaint-Pée-sur-Nivelle
NacionalidadeEspaña e Francia
Alma máterWest Buckland School
Ocupaciónpolítico e avogado
Na rede
Inguma: julen-madariaga-agirre
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dun militante do Partido Nacionalista Vasco, acompañou o seu pai ao exilio en Chile durante a Guerra Civil Española. Regresou a Bilbao en 1942. Finalizado o ensino secundario, estudou Dereito no Reino Unido, doutorándose en Cambridge, tras o cal volveu ó País Vasco e embarcouse na actividade política nacionalista.

Foi un dos fundadores de Ekin, organización escindida das mocidades do PNV e que constituíu o embrión da futura Euskadi Ta Askatasuna (ETA). Esta creouse en 1959 e, tres anos despois, Madariaga participou en Baiona na I Asemblea da organización. Foi dende entón un dos membros do seu comité executivo. Madariaga estivo procesado no proceso de Burgos e declarado en rebeldía.

Refuxiado no País Vasco francés, obtivo a nacionalidade francesa en 1986. En 1989 a xustiza gala condenouno a catro anos de prisión por colaborar con ETA, con prohibición de residir no País Vasco francés durante dez anos. Madariaga saíu do cárcere en 1991 e fixou a súa residencia en Bilbao, dedicándose á avogacía nun despacho compartido co avogado de Herri Batasuna Txema Montero. En 1993 e 1994 afirmou que ETA perdera a batalla pola autodeterminación do País Vasco e mostrouse partidario de que abandonase as armas.

En xaneiro de 1995 abandonou Herri Batasuna por mor da negativa desta formación a pronunciarse publicamente en contra do asasinato do dirixente do Partido Popular en Guipúscoa, Gregorio Ordóñez, a mans de ETA.

En 2001 adheriuse aos postulados de Aralar, entón unha corrente interna de Euskal Herritarrok favorable ó fin da violencia e que en 2002 se converteu en partido político independente. Madariaga foi nomeado responsable da súa Comisión de Garantías. Foi candidato desta formación a deputado xeral de Biscaia nas eleccións locais de maio de 2003 e figurou así mesmo nas listas de candidatos para o Senado nas xerais de 2004 e para o Parlamento Europeo o mesmo ano.

En relación ó proceso de paz iniciado polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, afirmou que ETA debería pedir perdón ás vítimas: «Dixen que todo o mundo debe pedir perdón e diso non se escapa ETA. Os conflitos sempre teñen varios actores e ETA é un máis. Deben pedir perdón todos os agresores».[2]

En xullo de 2006 o xuíz Grande-Marlaska ordenou a súa detención no marco dunha operación contra supostos membros do aparello de ETA, quedando posteriormente en liberdade baixo fianza, aínda que se lle prohibiu por aquel entón saír de París.

Residía no País Vasco francés e tivo dez fillos.

Notas editar

  1. ABC España (6 de abril de 2021). "Muere Julen Maradiaga, uno de los fundadores de ETA". www.abc.es. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  2. John Eric Gómez Marín. "Fundador de Eta prefiere la reconciliación". El Colombiano. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar