José María Benegas

político español
(Redirixido desde "Txiki Benegas")

José María Benegas Haddad, coñecido como «Txiki» Benegas, nado en Caracas25 de xullo de 1948 e finado en Madrid o 25 de agosto de 2015, foi un político e avogado español.[1] Membro do Partido Socialista de Euskadi integrado no Partido Socialista Obrero Español. Licenciado en Dereito, foi deputado no Congreso dos Deputados desde 1977, obtendo a última vez o escano en 2011 por Biscaia.

José María Benegas
Txiki Benegas en el 38 Congreso del PSOE-2.jpg
Nacemento25 de xullo de 1948
 Caracas
Falecemento25 de agosto de 2015
 Madrid
Causacancro
SoterradoDonostia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónpolítico e avogado
FillosPablo Benegas
IrmánsDoris Benegas
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

Foi membro da Comisión Executiva Federal do PSOE como secretario de Organización e como vogal, sendo chave a súa participación no Congreso de Suresnes para a elección de Felipe González como líder da organización. Foi importante a súa achega no debate do proxecto da Constitución de 1978 e do Estatuto de Guernica de 1979.

TraxectoriaEditar

Naceu en Venezuela, fillo de pai vasco (o avogado donostiarra José María Benegas Echeverría, militante do Partido Nacionalista Vasco e exiliado en Venezuela por mor da Guerra civil) e de nai venezolana de orixe libanesa e xudía, Doris Haddad. A súa irmá Doris Benegas (1951-2016) foi unha política nacionalista castelá e presidenta do partido Izquierda Castellana.[2] Presentouse ás eleccións europeas de 2009 como número dous da candidatura Iniciativa Internacionalista, que encabezou Alfonso Sastre.

Estaba casado con Maite Urabayen, coa que tivo dous fillos, Teresa e Pablo Benegas (1976), este último integrante do grupo musical español La Oreja de Van Gogh.

NotasEditar

  1. "Fallece el histórico socialista Txiki Benegas". Ecodiario.es (en castelán). 25/8/2015. 
  2. Gómez, Javier "Doris, el cisma familiar de los Benegas" El Mundo, 17/5/2009 (en castelán).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar