Javier Rojo

político español

Francisco Javier Rojo García, nado en Pamplona, Navarra o 2 de marzo de 1949, normalmente chamado Javier Rojo, é un político español, membro do PSE-EE e presidente do Senado de España entre 2004 e 2011.

Javier Rojo
Nacemento2 de marzo de 1949
Lugar de nacementoPamplona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Medalla da Orde do mérito constitucional, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Naceu o 2 de marzo de 1949 na cidade de Pamplona. Trasladouse a Vitoria cando era moi novo. Casado e con dúas fillas. En abril de 2004 é nomeado presidente do Senado. Aínda que practicamente a súa vida foi na capital vasca, sempre se considerou moi pamplonés e moi navarro.

Actividade política editar

Membro da UXT dende 1976, ó ano seguinte ingresou no Partido Socialista de Euskadi (PSE), sendo posteriormente Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Vitoria, cidade da cal foi rexedor no seu concello entre os períodos 1983-1984 e 1991-1996. Así mesmo, foi deputado foral de Áraba nos períodos 1979-1983 e 1987-1991, e procurador das Xuntas Xerais de Álava (1983-1987 e 2003-2004). Nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado no Congreso pola circunscrición de Áraba, escano que repetiría nas eleccións de 1986 e 1989. Nas eleccións xerais de 1993 foi elixido senador no Senado por Áraba, sendo reelixido nas eleccións de 1996, 2000, 2004 e 2008. Dende a vitoria do PSOE nas eleccións de 2004 ocupa o cargo de Presidente do Senado. Polo segundo mandato, foi o único candidato á presidencia e resultou elixido por maioría absoluta ao obter 134 dos 253 votos emitidos.[1] O resto foron 117 votos en branco e 2 votos a prol do político do PSOE Joan Lerma, que foron declarados nulos ó non terse presentado este á elección.

Notas editar

  1. Rojo, reelegido presidente del Senado por mayoría absoluta Arquivado 24 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Cadena Ser, 1 de abril de 2008.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar