Iñaki Gabilondo

xornalista español

José Ignacio Gabilondo Pujol, nado en Donostia o 19 de outubro de 1942 e máis coñecido como Iñaki Gabilondo, é un xornalista vasco. Xornalista de gran prestixio, a súa carreira estivo estreitamente ligada á radio, concretamente á Cadena SER, onde conduciu con grande éxito durante case vinte anos (entre 1986 e 2005) o espazo matinal Hoy por hoy. Tamén ten traballado en televisión, un medio que retomou en 2005, tras anos afastado dela, para presentar os informativos de Cuatro ata comezos de 2010 cando pasou a CNN+.

Modelo:BiografíaIñaki Gabilondo

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Ignacio Gabilondo Pujol Editar o valor en Wikidata
19 de outubro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Q113320282 Traducir Televisión Española
28 de xaneiro de 1981 – 23 de maio de 1981 – Pedro Erquicia →
Q113320282 Traducir Cadena SER
1980 – 1980 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo vasco Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra - licenciatura en Filosofía e Letras, Licenciatura en xornalismo
Brothers of the Sacred Heart (Lyon) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritor, presentador de televisión, locutor de radio, director de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMovistar Plus+ (2015, 2021–2019, 2022)
Mediaset España (1997–1997)
Ràdio Televisió Valenciana (1990–1991)
Radio Televisión Madrid (1990–1991)
Radio y Televisión de Andalucía (1990–1991)
EITB (1990, 2012–1991, 2012)
Diario 16 (1981–1983)
RTVE (1981, 1987, 1993–1981, 1989, 1995)
Grupo PRISA (1969, 1983–1980, 2021)
Ábside Media (pt) Traducir (1963–1969) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresÁngel Faus Belau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de novembro de 2019Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsÁngel Gabilondo Editar o valor en Wikidata
ParentesAitor Gabilondo, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0300060 BNE: XX1034529 Dialnet: 1954588 Musicbrainz: fa0c0762-cd14-4ff8-85e4-c49ef6ce21b7 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Gabilondo é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Navarra. Inicia a súa carreira na radio con 21 anos. Este primeiro traballo sería en 1963, en Radio Popular (COPE) na súa cidade natal, Donostia. Con 27 anos dirixe esta emisora, ata que en 1969 pasa a dirixir Radio San Sebastián da Cadena SER. Dous anos despois foi nomeado director da Cadena SER en Sevilla, e de aí pasou a converterse en director de informativos nesa cidade.

Cadena SER

editar

Sete anos máis tarde, en 1978 incorporouse ós servizos informativos da Cadena SER en Madrid para dirixir Hora 25 e en 1980 comezaba a ostentar o cargo de director dos Servizos Informativos da Cadena SER.

Pouco despois pasaría a ser director de informativos de TVE, estreándose en antena durante o 23-F, na investidura de Calvo Sotelo, situación excepcional que forzou a súa primeira aparición ante as cámaras de televisión e lle obrigou a asumir a responsabilidade de presentar durante un mes o Telediario da noite, nas circunstancias máis difíciles para a que era daquela a nacente democracia española e os comezos do exercicio libre do xornalismo. As tensións políticas e a debilidade do Goberno de Calvo Sotelo obrigaron á súa saída de TVE, así coma á do director xeral. Tralo seu paso pola televisión pública foi director xeral de Radio Televisión 16.

En 1983 abandona o seu cargo en Radio 16 para volver á Cadena SER, onde sería director e presentador de Aquí la SER, Matinal SER, Pido la Palabra e Onda Media.

Hoy por hoy

editar
 
Iñaki Gabilondo en 2021.

O 22 de setembro de 1986, comezaban as emisións do que sería o programa máis relevante na súa carreira profesional e o máis escoitado de toda a historia da radio española: Hoy por Hoy. Baixo a súa dirección, este espazo converteuse no programa de radio por excelencia en España, batendo tódolos récords de audiencia. Durante os primeiros anos, mantivo unha competencia directa co programa Protagonistas, conducido por Luis del Olmo, pero a partir da terceira vaga do EGM en 1995 Hoy por Hoy foi o programa máis escoitado de xeito claro e indiscutible da radio en España, como constatou o propio Estudo Xeral de Medios durante máis de trinta vagas consecutivas.

O seu traballo en radio non significou que aparcara por completo as súas intervencións televisivas; así estivo á fronte de programa coma En familia (TVE, 1987 a 1989), Iñaki, los jueves (1990), Gente de primera (1993) en TVE ou Entrevista con. En 1996 encargouse das entrevistas en Telecinco do informativo de Luis Mariñas.

Ademais do anterior, foi o encargado durante todos estes anos de traballo na SER de facerse cargo do especial da emisora con motivo das eleccións que se celebraban no país, tanto a nivel nacional coma autonómico. Tamén durante este período presentou varios anos consecutivos a gala dos Premios Ondas xunto con Gemma Nierga, outra das xornalistas máis representativas da Cadena SER.

En 2005 publicou o libro Testigo de la Historia, selección das súas entrevistas máis interesantes. Gabilondo entrevistou a tódolos presidentes do goberno; líderes políticos de tódolos partidos; personalidades internacionais, escritores, investigadores, actores, directores de cine, cantantes e tódolos protagonistas da actualidade.

Cuatro

editar

O 30 de agosto de 2005 a Cadena SER anunciaba por sorpresa que Iñaki deixaba a dirección de Hoy por Hoy para pasar a ser o presentador do informativo estrela do novo canal xeralista español, Cuatro, que iniciou as emisións a comezos de novembro do mesmo 2005. Gabilondo foi substituído á fronte do programa que conducira durante case vinte anos polo xornalista Carles Francino e desde aquela presentou o informativo de Noticias Cuatro de luns a venres ás 21:00, primeiro en solitario e desde setembro de 2006 en compañía de Silvia Intxaurrondo. En 2006, ademais compartiu a condución do programa Cuatro x Cuatro con Àngels Barceló, Carles Francino e Jon Sistiaga.

Logo de mercar Gestevisión Telecinco a cadea Cuatro, o xornalista abandonou a presentación de Noticias Cuatro o 21 de xaneiro de 2010, presentando a partir do 8 de febreiro de 2010 o magacín informativo nocturno Hoy na canle de noticias CNN+. A finais do ano 2010 ten que deixar CNN+ polo peche da canle derivado da fusión entre Cuatro e Telecinco[1].

Vida persoal

editar

Está casado con Lola Carretero, xornalista especializada en moda que colaborou algún tempo en Hoy por Hoy. Un irmán seu, Ángel Gabilondo foi ministro de Educación, e é tío da actriz Estíbaliz Gabilondo.

Premios e recoñecementos

editar

Recibiu multitude de premios e recoñecementos ao seu labor xornalístico, caracterizado pola defensa da liberdade e da democracia, e converteuse nun referente do xornalismo español, fiel ó seu estilo durante toda a súa carreira. Ademais de estar nomeado en varias ocasións ós premios TP de Ouro e ó da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión ó mellor presentador, ten no seu haber un total de seis Premios Ondas.

É colexiado de honra do Colegio de Periodistas de Cataluña e Meridiana polo seu labor en favor da muller. As sondaxes do Instituto Gallup situárono no primeiro posto no ránking de Credibilidade de Xornalistas. PR Noticias recoñeceuno como o xornalista máis influente.

A todo isto hai que engadir, entre outros, os seguintes recoñecementos:

  1. ""Seré periodista hasta que me muera"". 24 de decembro de 2010. Consultado o 27 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

editar