Carles Francino
Carles Francino Murgades, nado en Barcelona o 3 de xaneiro de 1958, é un xornalista catalán.
![]() ![]() | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1958 ![]() Barcelona, España ![]() | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
País de nacionalidade | España ![]() | ||||||||||||||||
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | xornalista , presentador de televisión , futbolista ![]() | ||||||||||||||||
Empregador | Cadena SER (1987, 2005–1990) ![]() | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá ![]() | ||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia![]() | |||||||||||||||||
Fillos | Carles Francino Navarro (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarIniciou a súa carreira profesional en Radio Tarragona e en 1979 obtivo o seu primeiro traballo fixo en Radio Popular de Reus como redactor de deportes. Posteriormente, incorporouse á delegación en Tarragona da Cadena COPE e en 1987 fichou pola delegación da Cadena SER.
En 1990 fixo os seus primeiros contactos coa televisión ó entrar no primeiro equipo de traballo de Canal+ en Madrid (conduciu a emisión inaugural da canle). Exerceu de subdirector de informativos e presentou o informativo nocturno, Redacción, entre 1990 e 1994.
En 1994 regresou a Cataluña para presentar en TV3 o telexornal das 21 horas -en horario de máxima audiencia. Con Francino "Telenotícies" foi o de máxima audiencia, superando ós informativos das canles estatais, públicas e privadas. O seu rigor valeulle o recoñecemento non só da audiencia senón tamén da crítica e de todo o espectro político. En 1999 recibiu o Premio Ciudad de Barcelona polo seu labor. Ademais de presentar "Telenotícies", foi nos últimos anos, o subdirector de informativos diarios da canle autonómica.
En 2005 fichou pola Cadena SER para substituír a Iñaki Gabilondo á fronte do matinal 'Hoy por hoy'. En 2006 compartiu co propio Gabilondo, con Àngels Barceló e con Jon Sistiaga a dirección e presentación do programa de televisión Cuatro X Cuatro.