Canal+ (canal)

(Redirección desde «Canal + España»)

Canal+ (anteriormente Canal+ 1) é unha cadea de televisión de pago que emite a través da plataforma dixital por satélite Canal+, propiedade parcialmente de Canal+, unha canle francesa (o nome lese canal plus, que en francés significa: canle máis).

Canal+
Logo de Canal+
Inicio das emisións 14 de setembro de 1990
Operado por Canal+
Propiedade de Prisa TV
Formato da imaxe 576p (SDTV 16:9)
1080i (HDTV)
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central Madrid
Canle/s irmá(s) Canal+ 2
Canal+ Acción
Canal+ Comedia
Canal+ DCine
Canal+ Xtra
Canal+ Liga
Canal+ Fútbol
Canal+ Deportes
Canal+ Eventos
Canal+ Golf
Sportmanía
Servizo en diferido Canal+ ...30
Dispoñibilidade
Satélite
Canal+ Dial 1
Dial 3 (Canal+ ...30)
Dial 111 (Canal+ HD)
Dial 123 (Canal+ 3D)
Televisión por Internet
PLUS TV PLUS TV

Na rede
Páxina web de Canal+

Historia

editar

En España, Canal+, integrada en Sogecable, obtivo unha das tres licenzas para televisión privada analóxica de ámbito nacional sacadas a concurso polo Goberno no ano 1988. Tratouse dunha concesión especial para as características da canle, que lle obrigaba a emitir seis horas diarias en aberto, sendo o resto das emisións codificadas, e exclusivas para os seus abonados.

O 8 de xuño de 1990 Canal+ inicia as súas emisións en probas, e o 14 de setembro dese mesmo ano as emisións regulares, ofrecendo por primeira vez televisión de pago en España mediante un sistema decodificador do sinal, que emite cifrada mediante o sistema Nagravisión.

A programación en aberto incluíu programas de alta popularidade como Las Noticias del Guiñol (us espazo protagonizado por caricaturas humorísticas de personaxes coñecidos, deportistas e políticos) ou outros programas como Lo+ Plus (un magacine con entrevistas e espazos de humor).

En codificado emitiu películas de estrea tódalas noites (entre elas as películas X) e as transmisións en exclusiva do fútbol en directo fixo que se sumaran un gran número de abonados, entre os que hai que destacar os establecementos de hostalería que ofrecían con iso aos seus clientes a visualización dos partidos. No ano 1995 a canle alcanza o millón de abonados.

O 31 de agosto de 1997 prodúcese unha renova total da imaxe corporativa que estreará a canle alá polo 1990. Coa chegada en 1997 de Canal Satélite Digital, a plataforma dixital de Sogecable, créanse dúas versións da canle con distintos horarios de programación para conformar o "paquete premium" do operador. Trátase de Canal+ Azul e Canal+ Rojo.

Coa evolución da oferta dixital e sobre todo coa chegada de Canal+, o paquete de canles de Canal+ foi crecendo: Canal+, Canal+ 2 (a distinto horario), Canal+ ...30 (programación de Canal+ con 30 minutos de atraso), tres canles de Canal+ Cine e outros tres de Canal+ Deporte.

A partir de febreiro de 2007 o paquete de Canal+ modifica a súa configuración de cine ofrecendo Canal+ Acción, Canal+ Comedia e Canal+ DCine en substitución das tres canles de Canal+ Cine e troca tamén o nome ás tres canles de Canal+ Deporte pasando a ser Canal+ Fútbol, Canal+ Deportes e Canal+ Eventos, posuíndo os tres contidos similares.

En 2005 Sogecable solicitou ao Goberno a modificación das condicións de adxudicación para autorizar a emisión en aberto as 24 horas. A partir do 7 de novembro de 2005, Canal+ pasou a emitirse exclusivamente a través da plataforma de pago Canal+, en tanto que na canle analóxica nacional comezaron as emisións dunha nova canle de televisión de Sogecable denominada Cuatro. Deste modo, Sogecable entrou no mercado audiovisual xeralista xunto a TVE, Antena 3 e Telecinco. No ano 2010 Canal+ entrou na TDT de pago coa canle Canal+ Dos. No mesmo ano, lanzou Canal+ 3D, a primeira canle en emitir en 3D en España.

Cambio de denominación

editar

Co cambio de nome da plataforma Digital+ a Canal+, realizado o 17 de outubro de 2011, os nomes das canles principais tamén foron modificados. Canal+ 1 recuperou o seu nome orixinal Canal+ 1 e Canal+ Dos tamén recuperou a súa denominación orixinal de Canal+ 2.[1]

Referencias

editar
  1. Digital + pasará a llamarse Canal+ a partir de octubre Diariodenavarra.es, 28 de setembro de 2011

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar