Prisa TV (anteriormente Sogecable) é un grupo líder da televisión de pago en España, fundado en 1989. Foi o pioneiro na introdución de sistemas interactivos e principalmente da Televisión Dixital en España. O seu labor consiste en xestionar e adquirir dereitos audiovisuais, así coma a distribución e produción de canles e xestión de abonados. Outras das súas actividades máis importantes é a produción, distribución e exhibición cinematográfica.

O seu proceso de reestruturación comezou en outubro de 2003 e finalizou en decembro de 2004, coa integración de Vía Dixital. Pretendían así redimensionar e reordear as actividades de Sogecable absorbendo os compromisos con canles temáticos, provedores con dereitos audiovisuais e outros servizos. Con esta reestruturación contribuíu ó relanzamento audiovisual en España.

A produtora de Sogecable é Sogecine. É unha das principais distribuidoras e produtoras no territorio español, con especial importancia nestes momentos (ano 2005), tal que se vive unha profunda crise nesta industria.

As instalacións de Sogecable encóntranse en Tres Cantos, producindo a diario 23 canles de televisión, incluíndo as nove versións do Canal + España e outras 14 canles que están especializadas na emisión exclusivamente de diversas materias, como deportes, cine, documentais, programación infantil, música. Estas emítense e distribúense a través de Digital+, cable e ADSL.

En 2005, o grupo lanzou unha nova canle de televisión en aberto e con carácter xeralista e gratuíto; o quinto en España. O seu nome é Cuatro e ocupa a frecuencia que deixou Canal+ cando pasou a formar parte unicamente da emisión de Digital+ o 7 de novembro de 2005.

En 2006 Prisa lanzou unha Oferta Pública de Adquisición sobre un 20% das accións de Sogecable para aumentar a súa participación ata case un 50%. Deste xeito, Prisa controla de feito Sogecable. En decembro de 2009 Sogecable separou as súas licenzas de TDT nunha nova sociedade chamada Sogecuatro (Sociedad General de Televisión Cuatro, S.A.) que posteriormente Mediaset a través da súa empresa participada Gestevisión Telecinco, mercou Sogecuatro a cambio de levar Prisa o 18,3% das accións da nova Gestevisión Telecinco, ademais cedeu un dos seus 8 sinais a Sogecable para que a xestione como emisión en aberto, sinal ocupado por CNN+, e outro como emisión de pago, sinal ocupado por Canal+ Dos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar