Javier Ortiz

xornalista español

Javier Ortiz, nado en Donostia o 24 de xaneiro de 1948 e falecido en Aigües (Alacant) o 28 de abril de 2009, foi un xornalista vasco.

Javier Ortiz
Nome completoJavier Ortiz Estévez
Nacemento24 de xaneiro de 1948
 Donostia
Falecemento28 de abril de 2009
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Neto dun emigrante ourensán, estudou nos xesuítas en Donostia. Comezou a súa actividade xornalística aos dezaoito anos, en publicacións clandestinas na ditadura franquista, polo que foi arrestado en varias ocasións. Militante do Partido Comunista, estivo exiliado en Bordeos e en París durante varios anos, ao tempo que comezaban as súas diverxencias coa organización comunista, por exemplo, cando o partido non se manifestou contra as execucións de Salvador Puig Antich e Heinz Chez. Regresou a España á morte de Francisco Franco, formou parte da Platajunta e fundou Saida, revista de liña republicana que foi varias veces secuestrada, así como os seus membros arrestados.

En 1985 comezou a traballar como redactor xefe da revista Mar, do Instituto Social da Mariña.

Pedro J. Ramírez ofreceulle colaborar na fundación do xornal El Mundo. Nel foi redactor-xefe, fundou a redacción da edición do País Vasco e foi subdirector e xefe de Opinión na edición central. En 2000 deixou os seus cargos directivos e a partir de entón colaborou de forma externa con dúas columnas semanais. Posteriormente compaxinou o seu labor como comentarista en Radio Euskadi e ETB coa dirección de Foca, colección de ensaios políticos da editorial Akal. En setembro de 2007 incorporouse como columnista no diario Público.

ObraEditar

Foi tamén editor e coautor de diversas obras, como "¡Palestina existe!" (Foca, 2002) e "Washington contra el mundo" (Foca, 2003).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar