Begoña Errazti

política española

Begoña Errazti Esnal, nada o 22 de agosto de 1957 en Barakaldo (Biscaia, País Vasco) é unha política vasca residente en Navarra.

Modelo:BiografíaBegoña Errazti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Barakaldo, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Navarra
18 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2007
Deputada do Parlamento de Navarra
26 de xuño de 1999 – 17 de xuño de 2003
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEusko Alkartasuna Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Traxectoria profesional

editar

Begoña Errazti é licenciada en Xeografía e Historia Contemporánea. Cursou tamén un máster en xestión empresarial.

Foi directora da Escola-Taller Río Arga, proxecto europeo para a formación de mozas no tratamento de ríos e ribeiras, con varias especialidades; profesora en ensino medio de historia e éuscaro; e profesora de éuscaro en cursos da Universidade de Deusto e outros. Tamén foi xerente da federación de ikastolas navarras.

Traxectoria política

editar

Errazti caracterízase, segundo os seus simpatizantes, pola súa defensa dos dereitos do éuscaro combinando as súas ideas independentistas e progresistas.

Durante as lexislaturas 1995-1999 e 1999-2003 foi a portavoz do grupo parlamentario de Eusko Alkartasuna (EA) no Parlamento de Navarra. Tras as eleccións forais de 2003, a pesar de ser a cabeza de lista cedeu a portavocía ao seu compañeiro de partido e actual presidente de EA en Navarra, Maiorga Ramírez.

Formou parte da executiva nacional de EA desde 1995 até 2007 ocupando desde 1999 a presidencia do partido.[1]

Tras o achegamento de EA á esquerda abertzale e a súa inclusión na coalición Euskal Herria Bildu, deixou a súa militancia en EA para achegarse ao Partido Nacionalista Vasco, asistindo a actos públicos do mesmo en apoio á candidatura a lehendakari de Iñigo Urkullu.[2]

Errazti foi a segunda muller líder dun partido político con representación parlamentaria no Congreso dos Deputados, tras Dolores Ibarruri, tamén política vasca.

  1. Ormazabal, Mikel (16 de decembro de 2007). "Errazti se va sin referirse a los motivos de su marcha". elpais.com (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024. 
  2. Velasco, Juanma (10 de outubro de 2012). "Urkullu reclama una «cohabitación responsable» de Euskadi con el Estado". diariovasco.com (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024.