¡Hay motivo!
¡Hay motivo! é unha serie de 32 curtametraxes producidas en febreiro de 2004 e proxectados a partir do 9 de marzo nas que se critican diversos aspectos da realidade social española e ó goberno do Partido Popular en distintos temas sociais e políticos. De acordo cos propios realizadores, o propósito desta serie de curtametraxes era propiciar un cambio de goberno ante as inminentes eleccións xerais.
¡Hay motivo! | |
---|---|
Creado por | Gabriel Celaya, Juan José Millás |
Desenvolvido por | Leire Aurrekoetxea |
Dirixido por | Álvaro del Amo, El Gran Wyoming, Vicente Aranda etc[1] |
Intérpretes | Laura Aparicio, Silvia Rey, Luís Tosar, etc[2] |
País de orixe | España |
Lingua(s) | castelán |
Produción | |
Cámara | Ángel Iguácel |
Duración | 100 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Universidades |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contido
editarEntre os temas de crítica atópanse a subida do prezo da vivenda, a xestión por parte do goberno da crise que seguiu ó afundimento do petroleiro Prestige en Galicia, o apoio do presidente José María Aznar á invasión de Iraq de 2003 ou a manipulación da televisión pública, avalada pola condena xudicial ó presentador de informativos Alfredo Urdaci, por manipulación informativa no caso dunha folga xeral convocada polo sindicato Comisións Obreiras e UXT.
Logo da compilación da película, os cineastas realizaron unha última curta, a que fixo o número 33.
¡Hay Motivo! non se emitiu comercialmente en cines, senón que foi proxectado en universidades e outros lugares que solicitaron expresamente a súa proxección. Tamén se emitiu en canles locais de televisión. Os propios cineastas utilizaron estas canles a fin de difundir a serie tan rápido como lles fose posible, polo que tamén animaron a descargar a película por Internet, a través de redes P2P.
O efecto da película na opinión pública é dificilmente avaliable, xa que os atentados de Madrid o 11 de marzo de 2004, tan só tres días antes das eleccións, supuxeron un cambio demasiado brusco na sociedade e na política española.
Finalmente, a película foi estreada comercialmente o día 12 de novembro de 2004 e proxectada ata o día 25 do mesmo mes, último día de exhibición da cinta. Arredor de 496 espectadores se achegaron ó cine para vela (datos do Ministerio de Cultura). A recadación ascendeu a 2.831,40 euros.
Antecedentes
editarUn dos detonantes da realización desta cinta foi probablemente a XVII edición dos Premios Goya, celebrada o 1 de febreiro de 2003, na que actores e directores levaron chapas dicindo "Non á guerra" e converteron o acto nunha alegación contra a mesma.
Outro dos antecedentes foi probablemente o éxito que tivo a película documental de Michael Moore Bowling for Columbine, que supuxo un rexurdimento do xénero documental.
As curtas
editar- Libre (Joaquín Oristrell). Con Candela Peña e Secun de la Rosa. Radiografía social.
- El plan hidrológico (Pere Portabella). Protagonizado por Pedro Arrojo Agudo, profesor de Ciencias Físicas.
- La pesadilla (Álvaro del Amo). Desastre de Doñana.
- Cerrar los ojos (David Trueba). Sobre a xustiza española.
- ¿Dónde Vivimos? (Gracia Querejeta). Acerca do problema da vivenda.
- La insoportable levedad del carrito de la compra (Isabel Coixet). Sobre os pensionistas e as súa compra.
- Soledad (José Ángel Rebolledo). Anciáns que morren sós na casa.
- Adopción (Sigfrid Monleón). Discriminación ante este asunto cara ás parellas homosexuais.
- Por tu bien (Icíar Bollaín). Sobre a deshumanización dos partos. Protagonizado por Luís Tosar.
- Adolescentes (Chus Gutiérrez). Trata o tema do sistema educativo.
- El club de las mujeres muertas (Víctor Manuel). Videoclip da canción "El club de las mujeres muertas", do cantautor Víctor Manuel, que debuta como director realizando o seu propio vídeo musical. Tanto o vídeo como a canción tratan o tema dos malos tratos a mulleres e a violencia machista.
- Se vende colegio (Pedro Olea). É un caso real. Uns pais quéixanse de que a Igrexa mercou o colexio público (por tanto laico) ó que acudían os seus fillos e agora imparten unhas ensinanzas relixiosas que nada teñen que ver coas anteriores. O problema é que os pais saben desta venda unha vez iniciado o curso académico.
- Catequesis (Yolanda García Serrano). Pilar Bardem conta un conto, escrito por Juan José Millás, ó espectador; a historia dun cura que abusaba sexualmente de menores e o bispo que o apoiaba.
- Las barranquillas (Víctor García León). A protección social deixa a un lado a algúns grupos sociais.
- Madrid, mon amour (Ana Díez e Bernardo Belzunegui).
- Por el mar corre la liebre (José Luis Cuerda). En 1993, o daquela presidente do Partido Popular e aspirante á Moncloa, José María Aznar, lanzaba unha advertencia premonitoria: "esas cousas quedan gravadas en vídeo".
- Armas de destrucción mediática (Miguel Ángel Díez). Sobre o famoso caso Urdaci.
- Manipulación (Imanol Uribe). A manipulación dos medios de comunicación públicos e privados.
- Mis treinta euros (Fernando Colomo). A un obreiro débenlle trinta euros dunha obra que foi a inaugurar un representante do goberno.
- Doble moral (Juan Diego Botto).
- Verja (Alfonso Ungría).
- Español para extranjeros (José Luis García Sánchez).
- ¿Legalidad? (Daniel Cebrián). Sobre Guantánamo.
- Muertos de segunda (El Gran Wyoming). Fala o irmán de José Couso Permuy.
- Yak-42 (Manuel Gómez Pereira).
- La pelota vasca (fragmentos) (Julio Medem). Sobre o conflito no País Vasco xerado en torno á violencia de ETA e a cuestión nacional.
- Kontrastasum (Versos de Gabriel Celaya) (Mireia Lluch).
- Cena de capitanes (Pere Joan Ventura). Sobre o Prestige.
- Mayday (Manuel Rivas). Sobre o efecto do chapapote.
- Técnicas para un golpe de estado (Vicente Aranda).
- El pasado que te espera (Mariano Barroso). Lista de motivos reais para votar a un partido que apoia a xestión do executivo na última lexislatura.
- La mosca cojonera (Antonio Betancor). Dá a cara Ramón Fontseré.
- Epílogo (Diego Galán)
Notas
editar- ↑ "Directores". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2010. Consultado o 08 de setembro de 2011.
- ↑ "Reperto". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2010. Consultado o 08 de setembro de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina de ¡Hay motivo! Arquivado 19 de setembro de 2018 en Wayback Machine.