Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 81ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008.[3] A Academia publicou a lista de propostas oficiais o 17 de outubro de 2008[4] cun récord de 67 filmes en competición.[5] Xordania enviou un filme por primeira vez[6] e Letonia volveu participou despois de quince anos.[7]
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 13 de xaneiro de 2009.[8] Debido a unha nova regra, só seis filmes da lista curta se decidían polos votos do comité completo. Os outros tres foron seleccionados polo comité executivo da Academia para os filmes estranxeiros.[8][9] Os cinco candidatos (Alemaña, Austria, Francia, Israel e o Xapón) anunciáronse o 22 de xaneiro de 2009.[3][10] O filme xaponés Okuribito de Yōjirō Takita gañou o premio,[11] primeiro filme xaponés que o conseguiu dende que a categoría é competitiva.
Propostas
editarControversia
editarA proposta coreana, Keurosing inicialmente presentou dúbidas xa que foi acusada de plaxio por outro guionista. O Consello de Cinematografía de Corea dixo que seleccionaría outro filme se Keurosing era declarado culpábel, mais finalmente o caso foi desestimado.[12]
Notas
editar- ↑ En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Special Rules for the Best Foreign Language Film Award". 81st Academy Awards Rules for Distinguished Achievements in 2008. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 2008-08-23.
- ↑ "67 Countries Vying for 2008 Foreign Language Film Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2007-10-17. Arquivado dende o orixinal o 2014-09-05. Consultado o 2008-10-17.
- ↑ "Record 67 films enter Oscars foreign film race". AFP. 2008-10-17. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2008. Consultado o 2008-10-17.
- ↑ "Jordan has first film to compete for Oscar". Xinhua News Agency. 2008-09-05. Consultado o 2008-09-27.
- ↑ "Latvija in brief - 2008-10-15". The Baltic Times. 2008-10-15. Consultado o 2008-10-16.
- ↑ 8,0 8,1 "9 Foreign Language Films Advance in 2008 Oscar Race". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 13 de xaneiro de 2009. Consultado o 2009-01-14.
- ↑ "Wide-open foreign-film Oscar race begins". Los Angeles Times. 2008-10-16. Consultado o 2008-10-17.
- ↑ "General Timetable of the 81st Academy Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 2008-08-22. Consultado o 2008-08-23.
- ↑ "2009 Oscar scorecard". Los Angeles Times. 2009-02-22. Consultado o 2009-02-22.
- ↑ Sunhee, Han (2008-08-07). "S. Korea picks Crossing for Oscars". Variety. Consultado o 2008-08-23.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |